RSS Feed

Posts Tagged ‘galego’

  1. Pingue-pongue no confinamento

    abril 17, 2020 by sergio

    Non é porque me aburra precisamente. Entre teletraballo, escola na casa e algo de maruxeo, pouco tempo queda, pero si o suficiente para xogar e facer xogos. Desta volta queriamos xogar ao ping-pong e non tiñamos raquetas, así que as fixemos!! As manualidades non son o meu, pero aquí vos conto o que fixemos.

    Materiais precisos (ver foto 1):

    • Madeira do fondo dunha caixa de fresas (ou dese tipo aglomerado non moi duro nin moi blando).
    • Tixeiras fortes
    • Celo
    • Cinta illante
    • Lápiz
    • Regla
    • Dous tubos de papel hixiénico
    Foto 1. O que precisamos

    Debuxamos o perfil desexado da raqueta na madeira. Nós a fixemos grandacha, para que lles fora máis sinxelo aos nenos darlle á pelota (na foto 1 podedes ver as dimensións que lle puxemos ao mango). Recortámola coas tixeiras (é unha madeira blanda, de aglomerado) e, IMPORTANTE, cos recortes fixemos os reforzos para o mango na zona de unión á pala, duas capas por cada lado (ver foto 2).

    Foto 2. Detalle de refozo na zona de unión de mango e paleta. Serían dúas capas por arriba e dúas por abaixo, dos recortes sobrantes da táboa

    Tras colocar os reforzos de ambos lados, se pegan envolvendo con celo, para despois colocar un dos tubos de papel hixiénico, pegándoo tamén con celo envolvente, e tamén ben pegado á paleta para que non se desprenda. A continuación faise o mesmo co segundo tuvo, envolvendo ao primeiro. Finalmente, envólvese todo o mango ben con cinta illante.

    De momento, xa pasaron varias probas de lume porque ao final en vez de ao pingue-pongue as empregan para xogar ao tenis no pasillo, co cal o risco de rotura se multiplicaba moito. Pero aí siguen!!


  2. O virus eras tí

    marzo 21, 2020 by sergio

    Chssss, silencio. O mundo parou
    pero eu non quero baixar
    Tal vez sempre é xusto nestes intres
    cando á Vida nos queremos aferrar

    Onte escoitei os chíos dos paxaros
    despois de tanto tempo de ignoralos

    Antonte quixen espreitar ás que comparten
    comigo a rúa, a paisaxe, o vecindario
    Nunca as vira así, tan cercanas
    espero velas así xa sempre a diario

    Son días de xogos obrigados,
    despois de tanto tempo abandonados

    Os días que pasamos confinados
    son en realidade nos que máis viaxamos
    precisamente porque a nosa mente voa,
    irónicos paradoxos dunha época tola

    É tempo de regalarnos fondas miradas aos ollos
    despois de tanto tempo descoñecendo uns aos outros

    Cando as periferias dan grazas por selo
    cando os embigos odian a súa natureza
    agradecidas no noso foro interno
    por poder re-atoparnos coa beleza

    Volver a vista adentro, de alma e corpo
    despois de tanto tempo sendo un morto

    Chsss, silencio. O noso mundo parou
    e vímonos como eramos, mortas en vida,
    abrindo para Gaia unha porta de saida.
    Virus son eles ou o eramos nós?


  3. Arden as RRSS

    marzo 19, 2020 by sergio

    Nestes días nos que arden as RRSS aínda máis se cabe que no «tempo ordinario» (que din os curas), chegoume esta mensaxe

    Mañana a las 7 de la tarde, todos los españoles saldremos a nuestros balcones para aplaudir a un ciudadano ejemplar Amancio Ortega, el único ciudadano Español que siempre apoya a nuestra Sanidad Española!!!!…
    Yo saldré y tu. Gracias Amancio.

    Por Favor Pásalo..
    Es fundamental que siga apoyando.

    Gracias!!.

    Non tiña claro se a mensaxe vai en serio ou en broma, ate xa me empeza a custar nestes tempos extranos pillar as ironías polo que, por se acaso alguén se cree iso da «bondade» de Amancio, aquí deixo un par de enlaces (MODO SESUDO-MORALIZANTE ON):

    • un sobre como empezou a facerse rico, que é explotando a outra xente, o xeito que teñen de facerse ricos os do grupo que «se fixeron a si mesmos desfacendo aos demais» (o outro gran grupo de ricos son os que herdan, e o terceiro, moitíiiiiiiiiisimo menor, os que tiveron un golpe de sorte coa lotería ou descubrindo algo realmente rompedor e se forraron sen explotar a ninguén)
    • outro é unha reflexión sobre a dubidosa moralidade da elusión de impostos (que non evasión, polo menos de momento non está demostrada)
    • de regalo, un dos moitos que hai sobre aproveitarse das condicións sociais e legais de países empobrecidos para forrarse

    Con isto, espero que me entendades se non o considero para nada un exemplo de como construir o mundo que me gustaría 😜


  4. Terra eliminou a…

    marzo 15, 2020 by sergio

    Estes días recibín a seguinte imaxe dunha interacción imaxinaria nun grupo de telegram

    Pero eu considérome unha persoa realista, así que tiven que cambiar o final


  5. Política de (des)protección das masas de bosque autóctono na Galicia

    marzo 4, 2020 by sergio

    • Concentracións parcelarias que arrasan sebes e masas de bosque autóctono
    • Incendios que favorecen ás especies pirófitas causados por mala ordenación do territorio e ignorar ás necesidades do rural, sen promover a cultura participativa e corresponsabilidade.
    • Incentivo do modelo industrial forestal baseado no curto prazo e monocultivo para que as explotacións sexan rendibles
    • Non se investiga o suficiente nin se apoian os modelos multiproductivos de bosque
    • Non se teñen en conta os servizos ecosistémicos na PAC nin noutras liñas de axudas para labregxs en activo
    • Protección de masas de bosque autóctono cun modelo de «ver, pero non tocar», que non contribúe a unha normalización das paisaxes culturais dun rural vivo.

  6. Que pon nas miñas camisetas? VOL VI

    marzo 1, 2020 by sergio

    Facía moitísimo tempo que non deixaba por aquí algunhas das que son a miña prenda básica. Estas tres tuneadas por unha artista, non hai outras iguais no mundo!!


  7. Isto non é o mundo ao revés

    febrero 3, 2020 by sergio

    Os mapas son representacións. E non hai representacións obxectivas. Simplemente, non existen. Porque as facemos as persoas. E as persoas non podemos ser obxectivas. Podemos aspirar a ser capaces de «mirar dende outros puntos de vista». Pero non a ter unha visión integral e desapasionada do mundo. Por iso na miña casa o globo terráqueo está así. Para entrenar iso de ser capaces de mirar dende outros puntos de vista.


  8. 5 cousiñas para ir facendo xa

    enero 31, 2020 by sergio

    Temos novo goberno. Ningunha das cousas que vou poñer aquí están nin por asomo na mente de quen vai dirixir ao país nos vindeiros «x» anos. Pero a grandes males, grandes remedios. Para unha sociedade de persoas co-responsables do mundo, cuns mínimos dereitos asegurados

    1. AGRICULTURA TRADICIONAL APEGADA AO TERRITORIO, PRODUCTORA DE ALIMENTOS DE CALIDADE, DE CARÁCTER PÚBLICO

    Si. Labregas funcionarias. Se hai xuíces, profesoras, médicas ou inspectoras de facenda, por que non quen produce os nosos alimentos? Coas cousas de comer non habería que xogar (na bolsa, por exemplo, ou a experimentos de Frankstein para que gañen cartos unhas poucas persoas no mundo). Sería mellor para a soberanía alimentaria do país, e tamén para manter un rural vivo e ambientalmente san, que coa que vai caer a igual nos vén ben.

    2. RENDA BÁSICA UNIVERSAL

    A falta dun verdadeiro goberno democrático mundial que a puidera instalar en todo o mundo, non estaría mal empezar por España. Se non che soa o concepto, aquí podes saber máis, e aquí hai moito material de por que pode ser un piar clave ante os desafíos que temos por diante como sociedade humana, se queremos afrontalos dende o ben común e os dereitos humanos e non dende o elitismo e o ecofascismo tecnolóxico.

    3. VOTO INFANTIL

    Para implicar á xente mái nova nos asuntos da polis dende o principio da súa vida. Dende que queran e podan elexir un partido e botar a papeleta na urna. Que van votar o mesmo que os seus pais? Eso habería que velo (igual habería pelexas entre proxenitorxs por ver quen convence máis? se iso pasa, tamén pasaría aos 18). En calquera caso, me encantaría ver á xente dos partidos facendo campaña electoral para a infancia.

    4. A CASA, PARA QUEN A HABITA. A AUGA, PARA QUEN A BEBE. A MERDA, PARA QUEN A PRODUCE. A INFORMACIÓN, PARA TODAS. A VIDA, PARA QUEN A VIVE.

    Isto vén significar que hai que alcanzar un pacto social sobre cais son os dereitos básicos que debe ter unha persoa asegurados polo feito simplemente de nacer nesta sociedade. E non se pode especular con eles nin permitir que empresas con ánimo de lucro determinen as estratexias a seguir para asegurar estes dereitos pactados. Falamos de auga, saúde, educación e tamén o dereito á información e aos datos propios. Este pacto social a min me gustaría que se determinara a un nivel alto, ou sexa, que o grado de dereito asegurado sexa alto (mellor aulas de 15 nenas que de 25 no ensino público, cun nivel alto de formación do profesorado e atención á diversidade para poder integrala mellor). Así que, desconfianza cara a quen vén prometendo «rebaixas de impostos sen empeorar o servizo».

    5. A TERRA E A EMPRESA, PARA QUEN AS TRABALLA

    Volta á economía real. Eliminar as figuras que impliquen que haxa persoas que poidan ser donas de empresas ou terras sen que traballen nelas (empezando por sociedades anónimas). Se se ten uns medios de producción son para producir e ganar a vida, non para acumular riquezas que se poidan investir en ser donas doutras empresas. Habería que tender a controlar a propia vida, e abandonar a cultura da tranquilidade laboral no «traballo para terceiros porque non hai que pensar estratéxicamente e só hai que cobrar a fin de mes» (o cal non é certo, sobre todo cando as traballadoras saben da situación da empresa e se volcan en conservar o seu posto de traballo, o cal dase menos canto maior é a empresa). A tranquilidade dos servizos públicos e o ingreso mínimo ten que vir dado polos puntos 2 e 4. En calquera caso, estariamos a falar de empresas da economía social e inclusiva, da economía do ben común e de que non sexa simplemente o «arriscar cartos» o que che faga poder decidir sobre o futuro dunha empresa.

    FRIKIBONUS DA MORTE. SORTEO DOS CARGOS PÚBLICOS EN VEZ DE ELECCIÓNS. CARA UNHA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E FONDA

    Abolición do sistema de elección (co cal o anterior punto 3 xa non tería sentido). En España elíxense representantes do concello, do parlamento autonómico e do congreso e senado. Pois ben, agora se elexirían por sorteo cada 4 anos, igual que as mesas electorais. Se conformaría o censo (excluindo casos de persoas claramente imposibilitadas nas facultades mentais), e se poderían fixar criterios de paridade, reparto territorial ou representatividade dalgún tipo de minoría, criterios que se poderían ir revisando. E as sesións lexislativas serían dinamizadas por persoas funcionarias expertas en técnicas de democracia fonda, para extraer consensos, deixando votacións por maioría para casos moi concretos. Logo, igual que no modelo actual, están as persoas funcionarias e tamén asesoras concretas que apoiarían na acción lexislativa. Para a executiva, serían as persoas que sairan no sorteo quen proporían a equipa de goberno (igualiño que agora, só que sen sesgos de mafioseo e amiguismos, que obvian ideas de diálogo e avance en nome da loita partidista e para asegurar as butacas na lexislatura seguinte).


  9. A morir de rendas!!

    enero 20, 2020 by sergio

    Canto máis coñezo deste mundiño de préstamos e da liberdade financieira, máis tufiño a acumulación especulativa (e extractivismo) me vén. Intereses dun 20%?? Aínda que sexa dun 10 ou dun 3!! Diredes que para iso «arriscan» os cartos. Pero non penso que o concepto arriscar sexa moi bo para construir economía do ben común. De feito, vivir das rendas paréceme totalmente incompatible cunha sociedade xusta e igualitaria. Unha cousa é construir un sistema que non deixe a ninguén atrás, cun contrato social sobre os servizos públicos e ingresos mínimos (a través dunha renda básica universal) que deberían ter as persoas para unha vida digna. Logo hai quen se bota as mans á cabeza cando pasan cousas como esta ou esta.

    O concepto de «a terra para quen a traballa» vai cobrando cada vez máis importancia nun contexto onde a financiarización e a especulación financiera xa representan moito máis nos movementos económicos que a chamada economía real. Tanto, que xa «houbo que facer» unha clasificación de como gañar pasta máis aló de ter o teu negocio producindo algún ben ou servizo (no xenial libro Taxonomía del Lucro de José Manuel Naredo, do que recomendo moito a parte final de como sería a creación dun Master en Economía da Corrupción Óptima).

    Esta carreira de acumulación especulativa está en realidade ao servizo (ou é outra cara de) o sistema extractivista que está a comer o mundo. Así todas poderemos morir de rendas.


  10. MACHIRULISMO URBANO

    enero 19, 2020 by sergio

    Todos aparcados en la acera (NOTA: lo que hay al lado del coche blanco es un bar)