RSS Feed

Ludopedagoxía

20 septiembre, 2019 by sergio

Hoxe e mañá ando nun curso de ludopedagoxía, un tema que me interesaba pero ao que nunca me puidera acercar, digamos, dun xeito sistemático. Despois de dedicir que a gamificación, xogos serios e todo o demais é case como pasar o xogo por un tamiz «capitalista» (aínda que hai elementos moi rescatables), apetecíame coñecer este enfoque máis «político» do xogo.

A idea máis forte que me levei foi unha que dalgún xeito intuía, pero que puidera darlle forma, e é que no xogo, cando unha realmente empeza a xogar (xa libre dos bloqueos adultos de «estou a facer o parvo»,»que pensarán» e demais), crea unhas relacións onde se ve ao resto das persoas como realmente son, e cun filtro moi empático e positivo. Ou sexa, vese e, o máis importante, experiméntase un anaquiño dese mundo mellor que moitas perseguimos sen descanso (bueno, sen descanso excepto para xogar :D).


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *