Temos novo goberno. Ningunha das cousas que vou poñer aquí están nin por asomo na mente de quen vai dirixir ao país nos vindeiros «x» anos. Pero a grandes males, grandes remedios. Para unha sociedade de persoas co-responsables do mundo, cuns mínimos dereitos asegurados
1. AGRICULTURA TRADICIONAL APEGADA AO TERRITORIO, PRODUCTORA DE ALIMENTOS DE CALIDADE, DE CARÁCTER PÚBLICO
Si. Labregas funcionarias. Se hai xuíces, profesoras, médicas ou inspectoras de facenda, por que non quen produce os nosos alimentos? Coas cousas de comer non habería que xogar (na bolsa, por exemplo, ou a experimentos de Frankstein para que gañen cartos unhas poucas persoas no mundo). Sería mellor para a soberanía alimentaria do país, e tamén para manter un rural vivo e ambientalmente san, que coa que vai caer a igual nos vén ben.
2. RENDA BÁSICA UNIVERSAL
A falta dun verdadeiro goberno democrático mundial que a puidera instalar en todo o mundo, non estaría mal empezar por España. Se non che soa o concepto, aquí podes saber máis, e aquí hai moito material de por que pode ser un piar clave ante os desafíos que temos por diante como sociedade humana, se queremos afrontalos dende o ben común e os dereitos humanos e non dende o elitismo e o ecofascismo tecnolóxico.
3. VOTO INFANTIL
Para implicar á xente mái nova nos asuntos da polis dende o principio da súa vida. Dende que queran e podan elexir un partido e botar a papeleta na urna. Que van votar o mesmo que os seus pais? Eso habería que velo (igual habería pelexas entre proxenitorxs por ver quen convence máis? se iso pasa, tamén pasaría aos 18). En calquera caso, me encantaría ver á xente dos partidos facendo campaña electoral para a infancia.
4. A CASA, PARA QUEN A HABITA. A AUGA, PARA QUEN A BEBE. A MERDA, PARA QUEN A PRODUCE. A INFORMACIÓN, PARA TODAS. A VIDA, PARA QUEN A VIVE.
Isto vén significar que hai que alcanzar un pacto social sobre cais son os dereitos básicos que debe ter unha persoa asegurados polo feito simplemente de nacer nesta sociedade. E non se pode especular con eles nin permitir que empresas con ánimo de lucro determinen as estratexias a seguir para asegurar estes dereitos pactados. Falamos de auga, saúde, educación e tamén o dereito á información e aos datos propios. Este pacto social a min me gustaría que se determinara a un nivel alto, ou sexa, que o grado de dereito asegurado sexa alto (mellor aulas de 15 nenas que de 25 no ensino público, cun nivel alto de formación do profesorado e atención á diversidade para poder integrala mellor). Así que, desconfianza cara a quen vén prometendo «rebaixas de impostos sen empeorar o servizo».
5. A TERRA E A EMPRESA, PARA QUEN AS TRABALLA
Volta á economía real. Eliminar as figuras que impliquen que haxa persoas que poidan ser donas de empresas ou terras sen que traballen nelas (empezando por sociedades anónimas). Se se ten uns medios de producción son para producir e ganar a vida, non para acumular riquezas que se poidan investir en ser donas doutras empresas. Habería que tender a controlar a propia vida, e abandonar a cultura da tranquilidade laboral no «traballo para terceiros porque non hai que pensar estratéxicamente e só hai que cobrar a fin de mes» (o cal non é certo, sobre todo cando as traballadoras saben da situación da empresa e se volcan en conservar o seu posto de traballo, o cal dase menos canto maior é a empresa). A tranquilidade dos servizos públicos e o ingreso mínimo ten que vir dado polos puntos 2 e 4. En calquera caso, estariamos a falar de empresas da economía social e inclusiva, da economía do ben común e de que non sexa simplemente o «arriscar cartos» o que che faga poder decidir sobre o futuro dunha empresa.
FRIKIBONUS DA MORTE. SORTEO DOS CARGOS PÚBLICOS EN VEZ DE ELECCIÓNS. CARA UNHA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E FONDA
Abolición do sistema de elección (co cal o anterior punto 3 xa non tería sentido). En España elíxense representantes do concello, do parlamento autonómico e do congreso e senado. Pois ben, agora se elexirían por sorteo cada 4 anos, igual que as mesas electorais. Se conformaría o censo (excluindo casos de persoas claramente imposibilitadas nas facultades mentais), e se poderían fixar criterios de paridade, reparto territorial ou representatividade dalgún tipo de minoría, criterios que se poderían ir revisando. E as sesións lexislativas serían dinamizadas por persoas funcionarias expertas en técnicas de democracia fonda, para extraer consensos, deixando votacións por maioría para casos moi concretos. Logo, igual que no modelo actual, están as persoas funcionarias e tamén asesoras concretas que apoiarían na acción lexislativa. Para a executiva, serían as persoas que sairan no sorteo quen proporían a equipa de goberno (igualiño que agora, só que sen sesgos de mafioseo e amiguismos, que obvian ideas de diálogo e avance en nome da loita partidista e para asegurar as butacas na lexislatura seguinte).