
‘O escritorio’ Category
-
Robi Robot. Ás cavernas!
septiembre 10, 2021 by sergio
Novo episodio de Robi Robot, unha serie de viñetas onde se ilustra como un robot que vén das estrelas flipa co que ocorre na Terra Category Desarrollo Sostenible y Decrecimiento (un modo de vivir), O escritorio | Tags: decrecimiento,galego,medioambiente,Robi Robot | 1 Comment
-
Volver a empezar
agosto 28, 2021 by sergio
Una semilla en esta tierra desolada. Es ese acto de supervivencia, pero también de pasión, la única esperanza de una Humanidad que no merecía otra oportunidad, pero que en su desesperación halló la fuerza para arañársela al destino. Unos pocos apretaron el botón de la muerte. La gran mayoría ni siquiera creía que existiera ese botón y mucho menos que hubiera personas capaces de pulsarlo. Pero otros lograron pulsar el de la vida, el que llevó a Nada y Ave a un nuevo mundo. El Universo no está nada contento de que el ciclo vuelva a empezar, pero sus cuerpos unidos lo ignoran.
Category O escritorio | Tags: borradores apocalípticos,castellano,relato | No Comments
-
O mar, o mar
agosto 14, 2021 by sergio
A miña casa marchara. Cando volvín para comer xa non estaba. No seu lugar, había cascallos e ondas que ían e viñan. Alerta laranxa. Ondas do mar de Vigo. Xusto ese día no insti aprendera esa cantiga, dun tipo que se chamaba Martín Codax. Disque era un trobador, unha especie de compositor que, na Idade Media, facía cancións para interpretalas el ou outra xente. Case non se sabe nada del, pero seica era de Vigo. Igual tiña unha casiña na mariña entre os loureiros. Desas agora xa van quedando poucas, e loureiros tampouco, polos eucaliptos…
A miña nai contárame que a cousa xa viña de longo, pero empezou en sitios lonxanos onde vivían ninguéns. Illas desas de cartel de axencia de viaxes no medio dun mar azul turquesa, pequenas, con moitas palmeiras e area dourada. Por máis que había quen quería mirar para outro lado, cando máis tarde Venecia afundiuse e en Holanda xa nin esas presas que tiñan aguantaron, déronse conta de que o de meter a cabeza baixo terra non impide que as cousas sucedan. O ano pasado xa nin tivemos luces de Nadal. Agora eu quedei sen casa.
Category Desarrollo Sostenible y Decrecimiento (un modo de vivir), O escritorio | Tags: cambio climático,galego,medioambiente,relatos,vigo | No Comments
-
Lira das árbores tristes…
marzo 21, 2013 by sergio
Hoxe é o día da poesía, pero tamén da árbore, así que paréceme o día ideal para deixar isto que tiña por ahí do que lle escoitei dicir a Galicia un día que me deu por prestarlle atención…
Nube dame a túa auga
bágoas do ceo que vindes ao Norte
vento que nunca amaina
treboada, furia forte
iluminan os teus lóstregos á morte
Ao ameneiro gris a tí,
bidueira de infinita brancura
e ao salgueiro sabio vín
presos de inmensa tristura
gardando as veas onde mora a loucura
Acibro xeneroso
carballo pai das arbres que co teu vigor
érvedo medoso
alimentades o amor
dos baleiros bosques onde mora a dor
Piñeiros morriñentos
queirugas e uces e xestas voso zume
toxos cincentos
dádello sen ciúmes
aos doentes montes onde mora o lume
Castiñeira fachendosa
ciprés guardián do eterno sofremento
sebe nas leiras poderosa
fuxide sen lamento
das aldeas mortas onde mora o vento
Palmeira ficas triste
no parque de presas e temor engaiolada
camelia que viches
ás malditas fadas
asfalto e fume onde mora a nada
Vella e ferida a ialma
cheo de cicatrices o meu porte
dez mil anos sen calma
treboada, furia forte
e lóstregos, vengade a miña morte!
Category O escritorio | Tags: árboles,galego,poesía | No Comments