Hoxe é o día da poesía, pero tamén da árbore, así que paréceme o día ideal para deixar isto que tiña por ahí do que lle escoitei dicir a Galicia un día que me deu por prestarlle atención…
Nube dame a túa auga
bágoas do ceo que vindes ao Norte
vento que nunca amaina
treboada, furia forte
iluminan os teus lóstregos á morte
Ao ameneiro gris a tí,
bidueira de infinita brancura
e ao salgueiro sabio vín
presos de inmensa tristura
gardando as veas onde mora a loucura
Acibro xeneroso
carballo pai das arbres que co teu vigor
érvedo medoso
alimentades o amor
dos baleiros bosques onde mora a dor
Piñeiros morriñentos
queirugas e uces e xestas voso zume
toxos cincentos
dádello sen ciúmes
aos doentes montes onde mora o lume
Castiñeira fachendosa
ciprés guardián do eterno sofremento
sebe nas leiras poderosa
fuxide sen lamento
das aldeas mortas onde mora o vento
Palmeira ficas triste
no parque de presas e temor engaiolada
camelia que viches
ás malditas fadas
asfalto e fume onde mora a nada
Vella e ferida a ialma
cheo de cicatrices o meu porte
dez mil anos sen calma
treboada, furia forte
e lóstregos, vengade a miña morte!