RSS Feed

Apágase o mundo

5 mayo, 2025 by sergio

Só cando se apaga o noso mundo
sentimos empatía coas vulnerables
Os nosos dereitos son un sono profundo
que nada serve se se fai sobre cadáveres

Xirar a billa para que mane o líquido
Cun interruptor facer que brille a luz
Darlle a un botonciño e escoitar voces amigas
sentirse cerca tocando máxicas ventás

Saber o que pasa antes de que pase
Sentirse amparadas cando a sorte as costas da
Estar coidadas ante a enfermidade
e dun frío eterno manxares sacar

Os coidados manteñen a vida, queremos
que sigan servindo para amasar fortunas?
Só nun cataclismo, nunha gran traxedia
pode a Humanidade ser de verdade humana?


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *