RSS Feed

Blog action day 2012: o Poder de Nós!

15 octubre, 2012 by sergio

Este ano o Blog Action Day ten o tema “The Power of We“. Un tema que suxire a comunidade, o traballo colaborativo, a cooperación e que en Galicia o deberíamos ter aínda máis claro porque tivemos un grupo ou xeneración que se chamou así e chegaron á interesante conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio.

Todos os mencionados son, na miña opinión, valores positivos en si mesmos (polo que de desenvolvemento de outros valores como a escoita activa, asertividade, traballo en equipa e empatía teñen incluidos), pero que se por riba aplícanse co obxectivo é acadar un mundo máis xusto, equitativo e solidario, convértense nunha auténtica “máquina do cambio”. Por iso eu síntome tan a gusto en Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, a piques xa de celebrar o meu 15 aniversario dende que “son ESF”, nalgún momento entre outubro de 2012 e febreiro de 2013, tras decidirme a asistir á miña primeira reunión na sede de Lugo. 2 anos levaba buscando o momento (coleccionando a revista O EStarivel e seguindo as actividades que ían organizando) até que, nun ano extrano onde estaba a facer o proxecto fin de carreira de Enxeñería Forestal, decidinme. Dende aquela, cun paréntesis de 2 anos coincidindo co baixón da sede de Lugo e até finais de 2007, cando fun contratado pola asociación, ESF ten sido, sen dúbida, a miña escola máis importante (só despois da miña casa), onde puiden canalizar o afán de traballar con outra xente para mellorar as cousas sendo protagonistas e responsables das accións a realizar e, xa contratado, liberar as miñas ansias persoais de traballar cun enfoque de  “emprendemento social“.

Despois de todo este tempo, aínda séndome complicado explicar que é exactamente ESF, penso que se aproxima a unha comunidade educativa colectiva, aberta e autoxestionada onde, con vocación cosmopolita e un obxectivo de transformación social cara unha sociedade xusta e equitativa e unha especialización no eido da tecnoloxía para o desenvolvemento humano (que permite levar ese desexo de cambio social a ámbitos onde tradicionalmente é difícil chegar como son os relacionados coa tecnoloxía ou a enxeñería), calqueira que quera “ser ESF” (o “ser” unha asociación fronte ao “estar” nunha asociación) pode introducir temas que lle preocupen para que se “dixiran” e se integren (ou non) no imaxinario da asociación. Isto debería server para mudar paradigmas de vida tanto aquí coma nos países onde ESF traballa, pero o propio proceso de “dixestión” ten un valor transformador en si mesmo.

Algúns exemplos de temáticas integradas son software libre, soberanía alimentaria, consumo responsable e máis recentemente o feminismo. Segue sendo unha organización de persoas e  cada unha ten os seus temas “liña vermella”, pero tampouco se pode pedir que logo todo o mundo sexa coherente con todo ao 100% desde o minuto un (cada un “ten o seu libro”). Isto é unha das cousas que máis me divirte en ESF, que cada un aporta as súas partes máis coherentes ou “liña vermella” e se trata de que o resto as vaia coñecendo e asumindo pouco a pouco (ou non), ao seu ritmo (o que, que dúbida cabe, pode causar tensións porque hai persoas que non van asumir como prioritarios certos temas que para outras si o son, pero a tolerancia é parte da aprendizaxe). Todo isto, sumado á vocación educativa consciente de ESF nos tres eidos da educación (formal, non formal e informal), dame que o ano que ven, cando en ESF Galicia celebremos o 20 aniversario, celebremos tamén o ter promovido unha “xeneración Nós” no eido da tecnoloxía para o desenvolvemento humano).

O PODER DE NÓS————-EL PODER DE NOSOTROS————THE POWER OF WE


3 Comments »

  1. Andrés dice:

    Castelao e compañía eran uns modernos! 🙂

  2. Sergio dice:

    home!!!! uns adiantados!!!

  3. Chelo dice:

    jeje Genial! Quiero agradecer a todas esas personas que son ESF y que han hecho posible la existencia de esa comunidad educativa y colectiva, tan solo por creer en el nosotr@s y compartirlo! 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *