RSS Feed

Posts Tagged ‘esf’

  1. Moito máis que un traballo

    diciembre 28, 2012 by sergio

    As compañeiras do grupo de comunicación de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia estiveron a currarse unha memoria super-chula de actividades da asociación 2011-2012 e ás persoas contratadas tivemos que contestar a unhas preguntiñas que, buf, daban que pensar… Aquí vos deixo algunha das miñas respostas!!

    Por que traballas en cooperación para o desenvolvemento?
    Porque, tras ser voluntario uns anos, decidín que pagaba a pena adicar todo o tempo posible a facilitar procesos transformadores que teñen que ver coa cidadanía global, solidariedade fronte a competitividade, pensamento crítico fronte a consumo de masas e responsabilidade cidadá, todo iso sen perder de vista a miña formación técnica. Un xeito de adicar moito tempo a isto é que che paguen por iso, porque é tempo a maiores do tempo libre…

    Por que traballas en ESF?
    ESF foi o meu primeiro contacto coa cooperación para o desenvolvemento, onde comecei como voluntario e onde sempre desenvolvín o meu labor tamén como liberado, tanto en proxectos internacionais como actualmente como técnico de proxectos en Galicia. Síntome moi a gusto na asociación tanto polo fin que se persegue como polo xeito de buscalo, xa que eu valoro moito a coherencia nas institucións. Ademais o feito de “ser da casa” fai que dende o principio me sentira moi involucrado no desenvolvemento e traxectoria da organización.

    Cal debería ser e cal é o papel do persoal contratado en ESF?
    O papel que na miña opinión debería desempeñar unha persoa contratada en calqueira asociación de desenvolvemento baseada no voluntariado transformador o tratei de reflexar no seu día en 10 puntos, dos cais quédomoe especialmente co de facilitador de procesos como apoio dos grupos de voluntariado, así como para o aseguramento dunha calidade mínima na interlocución e rendición de contas (especialmente a financiadores externos á asociación).

    Valoración xeral do traballo

    ESF é moito máis que un traballo, que ademais me permite canalizar o meu interese pola innovación e a economía social


  2. Blog action day 2012: o Poder de Nós!

    octubre 15, 2012 by sergio

    Este ano o Blog Action Day ten o tema «The Power of We«. Un tema que suxire a comunidade, o traballo colaborativo, a cooperación e que en Galicia o deberíamos ter aínda máis claro porque tivemos un grupo ou xeneración que se chamou así e chegaron á interesante conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio.

    Todos os mencionados son, na miña opinión, valores positivos en si mesmos (polo que de desenvolvemento de outros valores como a escoita activa, asertividade, traballo en equipa e empatía teñen incluidos), pero que se por riba aplícanse co obxectivo é acadar un mundo máis xusto, equitativo e solidario, convértense nunha auténtica «máquina do cambio». Por iso eu síntome tan a gusto en Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, a piques xa de celebrar o meu 15 aniversario dende que «son ESF», nalgún momento entre outubro de 2012 e febreiro de 2013, tras decidirme a asistir á miña primeira reunión na sede de Lugo. 2 anos levaba buscando o momento (coleccionando a revista O EStarivel e seguindo as actividades que ían organizando) até que, nun ano extrano onde estaba a facer o proxecto fin de carreira de Enxeñería Forestal, decidinme. Dende aquela, cun paréntesis de 2 anos coincidindo co baixón da sede de Lugo e até finais de 2007, cando fun contratado pola asociación, ESF ten sido, sen dúbida, a miña escola máis importante (só despois da miña casa), onde puiden canalizar o afán de traballar con outra xente para mellorar as cousas sendo protagonistas e responsables das accións a realizar e, xa contratado, liberar as miñas ansias persoais de traballar cun enfoque de  «emprendemento social«.

    Despois de todo este tempo, aínda séndome complicado explicar que é exactamente ESF, penso que se aproxima a unha comunidade educativa colectiva, aberta e autoxestionada onde, con vocación cosmopolita e un obxectivo de transformación social cara unha sociedade xusta e equitativa e unha especialización no eido da tecnoloxía para o desenvolvemento humano (que permite levar ese desexo de cambio social a ámbitos onde tradicionalmente é difícil chegar como son os relacionados coa tecnoloxía ou a enxeñería), calqueira que quera «ser ESF» (o «ser» unha asociación fronte ao «estar» nunha asociación) pode introducir temas que lle preocupen para que se «dixiran» e se integren (ou non) no imaxinario da asociación. Isto debería server para mudar paradigmas de vida tanto aquí coma nos países onde ESF traballa, pero o propio proceso de «dixestión» ten un valor transformador en si mesmo.

    Algúns exemplos de temáticas integradas son software libre, soberanía alimentaria, consumo responsable e máis recentemente o feminismo. Segue sendo unha organización de persoas e  cada unha ten os seus temas «liña vermella», pero tampouco se pode pedir que logo todo o mundo sexa coherente con todo ao 100% desde o minuto un (cada un «ten o seu libro»). Isto é unha das cousas que máis me divirte en ESF, que cada un aporta as súas partes máis coherentes ou «liña vermella» e se trata de que o resto as vaia coñecendo e asumindo pouco a pouco (ou non), ao seu ritmo (o que, que dúbida cabe, pode causar tensións porque hai persoas que non van asumir como prioritarios certos temas que para outras si o son, pero a tolerancia é parte da aprendizaxe). Todo isto, sumado á vocación educativa consciente de ESF nos tres eidos da educación (formal, non formal e informal), dame que o ano que ven, cando en ESF Galicia celebremos o 20 aniversario, celebremos tamén o ter promovido unha «xeneración Nós» no eido da tecnoloxía para o desenvolvemento humano).

    O PODER DE NÓS————-EL PODER DE NOSOTROS————THE POWER OF WE