RSS Feed

Posts Tagged ‘xogos’

  1. Xogando a pensar no futuro

    junio 19, 2024 by sergio

    Onte estiven xogando a imaxinar bos futuros en distintos escenarios e como chegar a eles dende diferentes roles, enfrontando distintas ameazas (trends), grazas ao Post-growth Innovation Lab e ao seu proxecto Explicit.

    Para o xogo, empregaban a metodoloxía ABIS, desenvolto pola Joint Research Centre da Comisión Europea, adaptando algúns elementos.

    A min tocoume o rol de PolicyMaker e, tal vez porque viña xa con nesgo xa da casa, pero no desenvolvemento do xogo nos 2 escenarios que xogamos, o papel dunha sociedade civil autoorganizada, crítica e enfocada ao ben común, foi clave. O foi nun escenario de forte planificación de arriba a abaixo (top-bottom), como contrapeso e mobilización contra o control excesivo e cooptación da cidadanía organizada para realizar o que en Centroamérica chaman «veeduría social», pero tamén no escenario de descentralización como xeito de permear enfoques transformadores e preocupados polo ben común global (para non caer en fragmentación de políticas que, no tema de dereitos humanos e de sustentabilidade, non funcionan ben).

    Dende o rol que eu xogaba, o feito de impulsar políticas aliñadas coas necesidades e demandas da poboación, sobre todo da máis afectada polos desafíos que tiñamos que afrontar en forma de cambio climático-escaseza de recursos-irrupción da IA, foi importante para un bo resultado do meu rol. Penso que as políticas de inclusión, dereitos humanos e sustentabilidade deben impulsarse cada vez máis trascendendo os estados-nación para asegurar dereitos globais , pero adaptándose ás necesidades de cada territorio. As competencias entre estados-nación son nefastas para abordar conxuntamente os desafíos que temos por diante, porque os dereitos das persoas e a sustentabilidade ambiental quedan sempre en segundo plano

    Unhas administracións públicas que garantan dereitos cada vez máis globais e enfocadas á rendición de contas e transparencia, tamén serán claves. Non pode haber países de primeira división ou de segunda no aseguramento dos dereitos das persoas e os pobos

    As empresas deben integrar cada vez máis os valores sociais e ambientais na súa razón de ser para superar os desafíos que veñen, sen enfocarse unicamente na maximización monetaria a curto prazo. Non convén deixar aos grandes poderes económicos influencia nas políticas sociais e ambientais.


  2. Pingue-pongue no confinamento

    abril 17, 2020 by sergio

    Non é porque me aburra precisamente. Entre teletraballo, escola na casa e algo de maruxeo, pouco tempo queda, pero si o suficiente para xogar e facer xogos. Desta volta queriamos xogar ao ping-pong e non tiñamos raquetas, así que as fixemos!! As manualidades non son o meu, pero aquí vos conto o que fixemos.

    Materiais precisos (ver foto 1):

    • Madeira do fondo dunha caixa de fresas (ou dese tipo aglomerado non moi duro nin moi blando).
    • Tixeiras fortes
    • Celo
    • Cinta illante
    • Lápiz
    • Regla
    • Dous tubos de papel hixiénico
    Foto 1. O que precisamos

    Debuxamos o perfil desexado da raqueta na madeira. Nós a fixemos grandacha, para que lles fora máis sinxelo aos nenos darlle á pelota (na foto 1 podedes ver as dimensións que lle puxemos ao mango). Recortámola coas tixeiras (é unha madeira blanda, de aglomerado) e, IMPORTANTE, cos recortes fixemos os reforzos para o mango na zona de unión á pala, duas capas por cada lado (ver foto 2).

    Foto 2. Detalle de refozo na zona de unión de mango e paleta. Serían dúas capas por arriba e dúas por abaixo, dos recortes sobrantes da táboa

    Tras colocar os reforzos de ambos lados, se pegan envolvendo con celo, para despois colocar un dos tubos de papel hixiénico, pegándoo tamén con celo envolvente, e tamén ben pegado á paleta para que non se desprenda. A continuación faise o mesmo co segundo tuvo, envolvendo ao primeiro. Finalmente, envólvese todo o mango ben con cinta illante.

    De momento, xa pasaron varias probas de lume porque ao final en vez de ao pingue-pongue as empregan para xogar ao tenis no pasillo, co cal o risco de rotura se multiplicaba moito. Pero aí siguen!!