RSS Feed

Posts Tagged ‘modelos de desenvolvemento’

  1. Eficacia vs eficiencia

    enero 23, 2026 by sergio

    Levamos décadas nos que a sociedade occidental baséase en mecanismos que premian a quen máis recursos acapara, en vez de a quen máis coida e máis fai polo ben común.

    A premisa de eficiencia non ten que ser a producción de bens e servizos que maximicen beneficios a curto prazo, senón que ten que ser a eficacia en coidar a vida e protexer e mellorar dereitos humanos, como núcleo do sistema que nos permite o (bo) vivir unha vida que pague a pena ser vivida.


  2. Xogando a pensar no futuro

    junio 19, 2024 by sergio

    Onte estiven xogando a imaxinar bos futuros en distintos escenarios e como chegar a eles dende diferentes roles, enfrontando distintas ameazas (trends), grazas ao Post-growth Innovation Lab e ao seu proxecto Explicit.

    Para o xogo, empregaban a metodoloxía ABIS, desenvolto pola Joint Research Centre da Comisión Europea, adaptando algúns elementos.

    A min tocoume o rol de PolicyMaker e, tal vez porque viña xa con nesgo xa da casa, pero no desenvolvemento do xogo nos 2 escenarios que xogamos, o papel dunha sociedade civil autoorganizada, crítica e enfocada ao ben común, foi clave. O foi nun escenario de forte planificación de arriba a abaixo (top-bottom), como contrapeso e mobilización contra o control excesivo e cooptación da cidadanía organizada para realizar o que en Centroamérica chaman «veeduría social», pero tamén no escenario de descentralización como xeito de permear enfoques transformadores e preocupados polo ben común global (para non caer en fragmentación de políticas que, no tema de dereitos humanos e de sustentabilidade, non funcionan ben).

    Dende o rol que eu xogaba, o feito de impulsar políticas aliñadas coas necesidades e demandas da poboación, sobre todo da máis afectada polos desafíos que tiñamos que afrontar en forma de cambio climático-escaseza de recursos-irrupción da IA, foi importante para un bo resultado do meu rol. Penso que as políticas de inclusión, dereitos humanos e sustentabilidade deben impulsarse cada vez máis trascendendo os estados-nación para asegurar dereitos globais , pero adaptándose ás necesidades de cada territorio. As competencias entre estados-nación son nefastas para abordar conxuntamente os desafíos que temos por diante, porque os dereitos das persoas e a sustentabilidade ambiental quedan sempre en segundo plano

    Unhas administracións públicas que garantan dereitos cada vez máis globais e enfocadas á rendición de contas e transparencia, tamén serán claves. Non pode haber países de primeira división ou de segunda no aseguramento dos dereitos das persoas e os pobos

    As empresas deben integrar cada vez máis os valores sociais e ambientais na súa razón de ser para superar os desafíos que veñen, sen enfocarse unicamente na maximización monetaria a curto prazo. Non convén deixar aos grandes poderes económicos influencia nas políticas sociais e ambientais.