RSS Feed

Posts Tagged ‘voluntariado’

  1. ME GUSTA EL MUEVE MUEVE

    septiembre 22, 2019 by sergio

    O umbral de activismo (UA) para que unha persoa se mobilice participando colectivamentepara loitar por calquera causa vén dado por tres variables. Se o queremos poñer en plan fórmula matemática poderiamos dicir que

    UA= (GST x CPF x (1- CAS)) x 100

    • UA: Umbral de activismo (probabilidade, en %, de que a persoa en cuestión se mobilice para solucionar o problema sentido)
    • GST: Grao de Sensibilización co Tema, ou sexa, canto lle indigna ou conmove (xa sexa porque lle afecte moi directamente, ou simplemente porque lle tocou a fibra). Número entre 0 e 1, onde 0 e indiferencia absoluta e 1 é implicación absoluta co tema.
    • CPF: coeficiente de “pónmo fácil”, ao que outros autores chaman GUS ( Grao de Utilidade Sentida, que reflicte as oportunidades de mobilización ás que pode acceder á persoa, como organizacións da contorna, persoas expertas no tema, clickactivismo, grupos de traballo na veciñanza, horarios adaptados ou espazos de traballo nos que se sinte útil porque se adaptan aos seus coñecementos ou lles ofrecen formación axeitada, etc.). Número entre 0 e 1, onde 0 é unha facilidade percibida para actuar nula, e 1 é a máxima.
    • CAS: coeficiente de adherencia ao sillón ou coeficiente de imposibilidade vital (CIV), que é propio de cada persoa, e representa a posibilidade de mobilización en activismo colectivo polas súas circunstancias de personalidade, emocionais, físicas, loxísticas ou de momento vital. Número entre 0 e 1, onde 0 é total dispoñibilidade, e 1 é total imposibilidade de activismo colectivo.

    Por exemplo, Vic ten 20 anos, ten un CST no tema de loita contra o cambio climático de 0’8, dada a súa sensibilización co tema, o moito que leu e tamén por unha profesora de bachillerato que, coa axenda 21 local, foi quen de transmir a gran parte do seu alunado o estado de emerxencia ambiental mundial. Actualmente está estudando xornalismo, e hai un movemento de persoas de diversas facultades montando un grupo de Fridays4Future na súa cidade (e varixs amigxs seus tamén interesadxs no tema), ademais dun apoio da propia Universidade. O CPF pódese considerar, polo tanto, alto, no entorno do 0’9. Vic ten que traballar a media xornada para poder complementar os cartos que lle poden pasar os seus pais e seguir estudando, e ademais moitos fins de semana ten que ir a casa da súa avoa, que está enferma, para axudar a coidala. Trátase dunha persoa bastante tímida, sen experiencia no activismo, e na súa casa sempre lle dixeron iso de “non te metas en política”. O seu coeficiente de adherencia ao sillón é relativamente alto, de 0’75.

    Polo tanto, ao final,

    UA=0’8 x 0’9 x (1-0’75)=0,18

    É un valor baixo, a pesar dos altos valores de GST e CPF. Posiblemente sexa unha persoa convencida, que no seu día a día trata de ser coherente cos seus valores, pero non pode participar colectivamente en movementos de activismo polo seu alto CAS.


    Cando se pretende unha mobilización para actuar sobre un problema, algo habitual dende as asociacións pro dereitos humanos, as ONGD de desenvolvemento que buscan loitar contra causas profundas da desigualdade (polo feito de nacer nun país determinado, ademais doutros elementos definitorios do estatus como pode ser raza, sexo, clase social ou orientación sexual), ou as organizacións ambientalistas, pode ser útil ter en conta esta formuliña.

    Para chegar a ese umbral de activismo é importante aumentar todo o posible o GST, que as persoas coñezan o problema, se emocionen e sintan que é inxusto e intolerable que se poida dar esa situación. Por iso é clave traballar moito e en distintos niveis e contextos en visibilizar a problemática, aínda que hai que ter moito coidado ao facelo de que non se produzan efectos contraproducentes á hora de elexir a estratexia de comunicación do problema. Victimizar países ou grupos, presentalos como axentes pasivos, que non son capaces de pelexar por si mesmos, ou simplemente “facer que den pena”, son estratexias cada vez máis en desuso, porque pode aumentar o GST pero, como veremos logo, pode ter efectos indesexables. Non é moi desexable tampouco “botalle a culpa” ás persoas ás que se quere sensibilizar, porque producirase unha sensación de rexeitamento que reducirá o GST. Si é importante amosar solucións que se poden impulsar dende xa, e animar á acción propoñendo espazos e alternativas concretas que se poidan empezar mañá mesmo (ou hoxe), para aumentar o CPF. Tamén axuda afondar nas causas do problema, nas raíces, dun xeito crítico, para que as persoas sexan capaces de establecer co-relacións con outras causas, e ofrecer e impulsar a formación colectiva aos grupos e persoas activistas, para que aumente a sensación de utilidade e de estar “servindo para algo” na loita.

    As estratexias non axeitadas de comunicación do problema ás que facía referencia antes, que poden aumentar o GST, poden ter un efecto contraproducente moi común no activismo: impulsar un activismo de moi curta duración. Ou sexa, que se supere o UA pero rápidamente volva a reducirse. Isto pode darse por abusar moito da emoción pura, sen chegar a cambiar discursos ou valores persoais máis profundos que dean lugar a activismo alongado no tempo (que crea na loita e interiorice as razóns polas que se quere cambiar algo ou buscar unha alternativa, sen que sexa un “activismo do enamoramento”). Tamén pódese dar por unha reducción drástica do CPF por algunha coxuntura en organizacións coas que se está a colaborar, co cal as activistas desanímanse e, se non atopan outro xeito de colaborar ou outros espazos, pódese voltar ao estado de desafección inicial (e mesmo pode ocorrer que o UA vólvase máis alto incluso, polo e “eu xa o intentei e non foi ben”). Estamos falando de facer que o activismo “tenda a infinito”, por seguir coa notación matemática.

    O feito de que a xente teña “pereza” en mobilizarse, que é un dos factores que aumenta o CAS (ademais dos loxísticos, de medos ou de coxuntura vital actual), pode ter que ver con dúas grandes sensacións:

    – o feito de que os problemas se vexan como inabarcables dende a acción persoal (o cal pode vir dado pola falta de experiencia ou cultura do activismo, pero tamén pola narrativa que nos rodea e nos presenta os problemas “da pobreza” ou “o cambio climático” como algo abstracto e lonxano)

    – pola sensación de non ter tempo para adicar ás loitas polo ben común, por vivir axfisiadas polo tempo de traballo, as obligacións familiares e a necesidade de tempo de ocio (que pode vir dado por unha vida enfocada á inmediatez, o consumo e cunha tendencia individualista moi grande para promover ese consumo).

    Para reducir co CAS, é importante entón un con alegría, deixando de lado a competitividade mal entendida e comunicando a importancia da loita que se quere impulsar. Tamén centrarse moito nos coidados das persoas activistas e nas condicións de vida de cada unha, que son únicas e irrepetibles. O que vén sendo poñer ás persoas no centro.

    E que a revolución nos pille bailando!!


  2. Blog action day 2012: o Poder de Nós!

    octubre 15, 2012 by sergio

    Este ano o Blog Action Day ten o tema «The Power of We«. Un tema que suxire a comunidade, o traballo colaborativo, a cooperación e que en Galicia o deberíamos ter aínda máis claro porque tivemos un grupo ou xeneración que se chamou así e chegaron á interesante conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio.

    Todos os mencionados son, na miña opinión, valores positivos en si mesmos (polo que de desenvolvemento de outros valores como a escoita activa, asertividade, traballo en equipa e empatía teñen incluidos), pero que se por riba aplícanse co obxectivo é acadar un mundo máis xusto, equitativo e solidario, convértense nunha auténtica «máquina do cambio». Por iso eu síntome tan a gusto en Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, a piques xa de celebrar o meu 15 aniversario dende que «son ESF», nalgún momento entre outubro de 2012 e febreiro de 2013, tras decidirme a asistir á miña primeira reunión na sede de Lugo. 2 anos levaba buscando o momento (coleccionando a revista O EStarivel e seguindo as actividades que ían organizando) até que, nun ano extrano onde estaba a facer o proxecto fin de carreira de Enxeñería Forestal, decidinme. Dende aquela, cun paréntesis de 2 anos coincidindo co baixón da sede de Lugo e até finais de 2007, cando fun contratado pola asociación, ESF ten sido, sen dúbida, a miña escola máis importante (só despois da miña casa), onde puiden canalizar o afán de traballar con outra xente para mellorar as cousas sendo protagonistas e responsables das accións a realizar e, xa contratado, liberar as miñas ansias persoais de traballar cun enfoque de  «emprendemento social«.

    Despois de todo este tempo, aínda séndome complicado explicar que é exactamente ESF, penso que se aproxima a unha comunidade educativa colectiva, aberta e autoxestionada onde, con vocación cosmopolita e un obxectivo de transformación social cara unha sociedade xusta e equitativa e unha especialización no eido da tecnoloxía para o desenvolvemento humano (que permite levar ese desexo de cambio social a ámbitos onde tradicionalmente é difícil chegar como son os relacionados coa tecnoloxía ou a enxeñería), calqueira que quera «ser ESF» (o «ser» unha asociación fronte ao «estar» nunha asociación) pode introducir temas que lle preocupen para que se «dixiran» e se integren (ou non) no imaxinario da asociación. Isto debería server para mudar paradigmas de vida tanto aquí coma nos países onde ESF traballa, pero o propio proceso de «dixestión» ten un valor transformador en si mesmo.

    Algúns exemplos de temáticas integradas son software libre, soberanía alimentaria, consumo responsable e máis recentemente o feminismo. Segue sendo unha organización de persoas e  cada unha ten os seus temas «liña vermella», pero tampouco se pode pedir que logo todo o mundo sexa coherente con todo ao 100% desde o minuto un (cada un «ten o seu libro»). Isto é unha das cousas que máis me divirte en ESF, que cada un aporta as súas partes máis coherentes ou «liña vermella» e se trata de que o resto as vaia coñecendo e asumindo pouco a pouco (ou non), ao seu ritmo (o que, que dúbida cabe, pode causar tensións porque hai persoas que non van asumir como prioritarios certos temas que para outras si o son, pero a tolerancia é parte da aprendizaxe). Todo isto, sumado á vocación educativa consciente de ESF nos tres eidos da educación (formal, non formal e informal), dame que o ano que ven, cando en ESF Galicia celebremos o 20 aniversario, celebremos tamén o ter promovido unha «xeneración Nós» no eido da tecnoloxía para o desenvolvemento humano).

    O PODER DE NÓS————-EL PODER DE NOSOTROS————THE POWER OF WE


  3. ¿El voluntariado quita empleos?

    octubre 10, 2012 by sergio

    En un debate generado hace un tiempo en el grupo voluntariado y empleo de linkedin, en base a esta noticia, se reflexionaba sobre si el voluntariado debe complementar a una persona remunerada pero no reemplazarla y si esto se cumple en las ONG.

    Yo contestaba que más bien opino que el personal contratado es el que debe aportar un valor añadido que el voluntariado no pueda dar en la organización que sea, y si no, pues no tiene mucho sentido que esté contratada… Casi cualquier cosa (incluso las más simples) que una persona voluntaria puede hacer hay personas que podrían cobrar un salario haciéndolas (desde pegar carteles, a atender una tienda de comercio justo o formular proyectos internacionales de cooperación u organizar un curso o unas jornadas).

    Es posible que el tratar este tema de voluntariado metiendo a todas las ONG en el mismo saco sea demasiado complicado, ya que quizás no tenga que ver una ONG que se más próxima a un movimiento social de base (donde las personas voluntarias deberían ser las protagonistas) a otro tipo de ONG más profesionalizadas o especializadas (en sectores de asistencia social, por ejemplo). En ese sentido, desde un punto de vista de las ONGD como movimiento transformador de la sociedad, creo que debería ser cosa de las personas voluntarias el planificar el espacio y las tareas de los trabajadores que se contraten para apoyar la misión de la ONGD en cuestión, y no al revés.


  4. Reflexións navideñas sobre ONGD

    diciembre 22, 2011 by sergio

    Hoxe deixo unhas reflexións no blogue No me pidan calma, de Xosé Cuns. ONGD: Pepito Grillo contra Sócrates. É moi motivante poder compartir opinións con tódolos lectores que ten o seu blogue e con moitas outras personas que invita a escribir nel, de xeito que da unha moi necesaria pluralidade e diversidade ao acercamento á temática de exclusión social, cooperación e en xeral solidariedade (sobre todo nos tempos que corren, onde se fai demasiada demagoxia, como se pode ver tamén nesta interesante reflexión de Alicia sobre Autocensura e erótica do aplauso)


  5. Hoxe é o día do voluntariado, felicidades a todas as persoas voluntarias…

    diciembre 5, 2011 by sergio

    …que dirían no mítico programa Telegato. Tras unha temporadiña de tranquilidade na Cova, quixen neste Día do Voluntariado facer unha pequena homenaxe ás persoas que fan voluntariado de desenvolvemento (polo demais, bastante invisibilizado dentro doutros tipos de voluntariado como o social ou o ambiental). E non me refiro tanto ao máis coñecido deste descoñecido voluntariado, como poderían ser vacacións solidarias ou calquer outro tipo de estancias en países empobrecidos aínda que sexan cunha lóxica máis mediopracista e de Educación para o Desenvolvemento como o Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras. Refírome as persoas que traballan dende aquí, dende a súa vida normal, como voluntarias en ONGD.

    Nunca deixo de sorprenderme cando vexo á xente que me rodea no meu traballo (polo que eu si cobro) meténdose atracóns cando toca algunha actividade, ou saíndo de currar ou de clase e meténdose en reunións para lograr colaborar unha miguiña en que se avance cara a igualdade de oportunidades de desenvolvemento e de loita polos dereitos humanos básicos e por definir o propio desenvolvemento por parte das persoas e os pobos. Ese sentimento de solidariedade universal contribúe a unha verdadeira Educación para a Cidadanía Global. Penso que xa só esta actitude é bo en si mesma. Iso si, na laboura de transformación social tamén penso que son importantes as formas e xeitos de traballo destas persoas voluntarias, con actividades que faciliten a participación dos axentes e os enfoques de fortalecemento local e dereitos humanos, así como non asistencialismo e a transmisión das mensaxes sen vulnerar a dignidade humana que prolonguen a visión de caridade mal entendida (tanto nos países empobrecidos como no noso entorno). Promoción do pensamento crítico e voluntariado responsable e finalista (tratando de que a persoa se implique no propio devenir da asociación e grupo de traballo máis aló da actividade puntual en si) son conceptos chave para este xeito de entender o voluntariado.

     


  6. VOLUNTARIADO E COOPERACIÓN NON PODEN IR XUNTOS?

    abril 11, 2008 by sergio

    >Máis aló de que nas institucións como concellos, universidades, etc. poidan ter agrupados estes departamentos, e que o feito de separalos faga que de ser as cenicientas se convertan en cenicientas ó cadrado, penso que hai unha base filosófica que debe vencellar o voluntariado á cooperación.

    O caso da universidade, que sempre me tocou máis de cerca, non creo que o seu papel na cooperación sexa soamente (nin sequera o máis importante) o de mandar profesores expertos na súas materias (e que poden saber ademais transmitilo moi ben a pesar da baixa formación do profesorado universitario en temas pedagóxicos, pero iso xa e outro tema) a contar o moito que saben no sur. Hai algo que se chama Educación para o Desenvolvemento, que é posiblemente a solución única a longo prazo, e que se fai dende ós estudantes novos, e promovendo a súa participación en actividades formativas alternativas e cívicas. Iso é tamén cooperación, e quen non teña claro iso só será unha «maquiniña dos proxectos de cooperación, sempre parches, bos ou non».

    Iso non quita que haxa voluntariado noutros temas que non sexan cooperación internacional, que esixe outros coñecementos, e por iso o ideal posiblemente sexa que no equipo xestor destes temas nas institucións haxa alguén especializado en cooperación internacional, pero por favor, sen separalo do voluntariado…