RSS Feed

Hoxe é o día do voluntariado, felicidades a todas as persoas voluntarias…

5 diciembre, 2011 by sergio

…que dirían no mítico programa Telegato. Tras unha temporadiña de tranquilidade na Cova, quixen neste Día do Voluntariado facer unha pequena homenaxe ás persoas que fan voluntariado de desenvolvemento (polo demais, bastante invisibilizado dentro doutros tipos de voluntariado como o social ou o ambiental). E non me refiro tanto ao máis coñecido deste descoñecido voluntariado, como poderían ser vacacións solidarias ou calquer outro tipo de estancias en países empobrecidos aínda que sexan cunha lóxica máis mediopracista e de Educación para o Desenvolvemento como o Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras. Refírome as persoas que traballan dende aquí, dende a súa vida normal, como voluntarias en ONGD.

Nunca deixo de sorprenderme cando vexo á xente que me rodea no meu traballo (polo que eu si cobro) meténdose atracóns cando toca algunha actividade, ou saíndo de currar ou de clase e meténdose en reunións para lograr colaborar unha miguiña en que se avance cara a igualdade de oportunidades de desenvolvemento e de loita polos dereitos humanos básicos e por definir o propio desenvolvemento por parte das persoas e os pobos. Ese sentimento de solidariedade universal contribúe a unha verdadeira Educación para a Cidadanía Global. Penso que xa só esta actitude é bo en si mesma. Iso si, na laboura de transformación social tamén penso que son importantes as formas e xeitos de traballo destas persoas voluntarias, con actividades que faciliten a participación dos axentes e os enfoques de fortalecemento local e dereitos humanos, así como non asistencialismo e a transmisión das mensaxes sen vulnerar a dignidade humana que prolonguen a visión de caridade mal entendida (tanto nos países empobrecidos como no noso entorno). Promoción do pensamento crítico e voluntariado responsable e finalista (tratando de que a persoa se implique no propio devenir da asociación e grupo de traballo máis aló da actividade puntual en si) son conceptos chave para este xeito de entender o voluntariado.

 


1 comentario »

  1. Chelo dice:

    Gracias Sergio!!! =) También a ti por ayudarnos a dinamizar todo esto y animarnos a ser cada vez más crític@s y participativ@s!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *