Neste día das letras galegas, aquí deixo algo que un día quixo sairme, humilde homenaxe á miña poetisa preferida, Rosalía (sede benévolos nas críticas ;-D)
Óeme ti, límpido ar
que cando te anoxas es ruxinte vento
Anóxate pois! e vén levar
ben lonxe meu penar e meu lamento
Vellos carballos que sabedes escoitar
se o ar o meu laio vos confía
deixade pronto de entre as verdes follas escapar
a miña grande tristura e agonía
Mar burlón tamén a ti che pido,
mentres teus dentes na miña pel remexen,
custodia a miña rabia e desvarío
como a botella á mensaxe nas correntes
Paxaro que do ar e as follas es veciño
alegre no solpor cantas teu son
non gardes o meu sufrimento no teu niño
non paga a pena telo ao teu carón
Nube, a imaxinación deixarei que che acompañe
pero hoxe un favor eu necesito
é sinxelo, só que as túas bágoas limpen e calmen
a negrura e a dor do meu destino
Non llo digas, Lúa branca! Non llo comentes
ao Sol no amencer aínda sendo o confidente,
todo o que dende o ceo tí albiscaches
da miña probe ialma inválida e doente
Ela marchou deixándome baleiro e vacilante
no meu espírito pronto xurdiu esa amargura
que só ti, tempo, ti que todo o curas!
poderás consolar, se es miña amante