RSS Feed

Adeus ríos, adeus fontes…

17 mayo, 2012 by sergio

Neste día das letras galegas, aquí deixo algo que un día quixo sairme, humilde homenaxe á miña poetisa preferida, Rosalía (sede benévolos nas críticas ;-D)

 

Óeme ti, límpido ar
que cando te anoxas es ruxinte vento
Anóxate pois! e vén levar
ben lonxe meu penar e meu lamento

Vellos carballos que sabedes escoitar
se o ar o meu laio vos confía
deixade pronto de entre as verdes follas escapar
a miña grande tristura e agonía

Mar burlón tamén a ti che pido,
mentres teus dentes na miña pel remexen,
custodia a miña rabia e desvarío
como a botella á mensaxe nas correntes

Paxaro que do ar e as follas es veciño
alegre no solpor cantas teu son
non gardes o meu sufrimento no teu niño
non paga a pena telo ao teu carón

Nube, a imaxinación deixarei que che acompañe
pero hoxe un favor eu necesito
é sinxelo, só que as túas bágoas limpen e calmen
a negrura e a dor do meu destino

Non llo digas, Lúa branca! Non llo comentes
ao Sol no amencer aínda sendo o confidente,
todo o que dende o ceo tí albiscaches
da miña probe ialma inválida e doente

Ela marchou deixándome baleiro e vacilante
no meu espírito pronto xurdiu esa amargura
que só ti, tempo, ti que todo o curas!
poderás consolar, se es miña amante


1 comentario »

  1. Guillermo dice:

    parece que os últimos acontecementos fixeron aflorar a túa vea artística e poética … ¡Parabéns! … Gústame a túa poesía, e creo que a homenaxe que fixeches é máis que humilde… Apertas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *