RSS Feed

Posts Tagged ‘medio ambiente’

  1. Cousiñas que me preocupan sobre a Renda Básica Universal

    enero 22, 2022 by sergio

    Quen me coñeza algo, sabe que son bastante «turras» con este tema. Onte tiven ocasión de estar na presentación do libro Renta Básica: una herramienta de futuro, de Julen Bollaín. Gustoume o enfoque que lle deu, confrontando esta ferramenta da RBU con varios dos que, para el, son grandes retos do futuro. Un deles é os límites físicos do planeta, aos que nos achegamos a unha velocidade preocupante. Aínda non lin o libro, pero pronto caerá…

    O que si me fixo pensar a presentación, debate e posterior encontro informal, foi en tres cousiñas que xa hai moito que me preocupan nisto da Renda Básica Universal (nesta entrevista o propio Julen conta de xeito moi clariño o que é a RBU, por se chegades aquí e non vos soa o concepto):

    • O tratamento que se lle vai dar a nenos e nenas, e outras persoas que precisen tutela. Vanse considerar cidadás de segunda, ou van recibir a renda na mesma contía que o resto das persoas? Eu neste caso defendo unha renda máis reducida para todo o mundo, pero que sexa para todas da mesma contía. Outros modelos que teño visto eran, por exemplo, de rendas máis altas para maiores de idade, e a metade da mesma para menores ou tuteladas. Iso si, serían as persoas titoras as que poidan xestionar a RBU das tuteladas.
    • A cuestión da universalidade real da renda básica. Se só engloba a un país (ou, no mellor dos casos, á UE como defende o Partido Verde Europeo), non se lle pode chamar universal. Xa deixei caer algo deste tema no último parágrafo deste post sobre a xustiza de que a renda fora universal de verdade. De feito, habería que defendela como dereito humano. Iso si, se custa que se poida implementar na UE (que xa ten certa estrutura e capacidade de captación de impostos), facelo a nivel mundial, cunha ONU atada de pés e mans para os problemas importantes e sempre a mercede do voluntarismo dos países sumidoiro (ricos), non semella tarefa fácil.
    • Relacionado co anterior. Cal sería o monto da renda básica universal para cada persoa na actualidade, pero sen erosionar o dereito a acceder á mesma das persoas do futuro? Ou sexa, como se pode ter en conta o feito de que para que en España se estea demandando nalgúns casos que a RBU sexa equivalente ao salario mínimo (ou pouco menos), na maioría dos países do mundo a calidade de vida é moito menor e estamos sometendo ao planeta a unha explotación insustentable? Pódense esixir dereitos sen ter en conta os límites físicos do planeta (e a desigualdade)? Esta última é unha pregunta que toca moito Jorge Riechmann no libro Ecosocialismo Descalzo. Parece que non hai estudos que estimen a canto ascendería unha renda básica universal a nivel planetario. Como primeira proposta que eu faría, podería calcularse a partir da media ponderada por número de habitantes do monto da canastra básica per capita de cada pais. Cantos cartos sería iso? 40 euros/mes? 100? Segundo ese mesmo libro de Ecosocialismo Descalzo, para chegar a unha economía global sustentable habería que contraer o gasto nos países sumidoiro nun 90% (!!!). Iso, claro está, tamén habería que aplicalo á RBU que, sen embargo, tampoco hai que esquecer que é unha ferramenta, cunha altísima potencialidade emancipadora, pero só unha ferramenta máis.


  2. Terra eliminou a…

    marzo 15, 2020 by sergio

    Estes días recibín a seguinte imaxe dunha interacción imaxinaria nun grupo de telegram

    Pero eu considérome unha persoa realista, así que tiven que cambiar o final


  3. Política de (des)protección das masas de bosque autóctono na Galicia

    marzo 4, 2020 by sergio

    • Concentracións parcelarias que arrasan sebes e masas de bosque autóctono
    • Incendios que favorecen ás especies pirófitas causados por mala ordenación do territorio e ignorar ás necesidades do rural, sen promover a cultura participativa e corresponsabilidade.
    • Incentivo do modelo industrial forestal baseado no curto prazo e monocultivo para que as explotacións sexan rendibles
    • Non se investiga o suficiente nin se apoian os modelos multiproductivos de bosque
    • Non se teñen en conta os servizos ecosistémicos na PAC nin noutras liñas de axudas para labregxs en activo
    • Protección de masas de bosque autóctono cun modelo de «ver, pero non tocar», que non contribúe a unha normalización das paisaxes culturais dun rural vivo.

  4. A natureza recuperando o que é seu

    enero 19, 2020 by sergio

    Pero nós lle estamos a quitar máis do que ela vai recuperando. Mal imos…


  5. Patriotas vs. globalistas

    septiembre 25, 2019 by sergio

    Aquí Mr Trump se destapa con una de sus frases altisonantes. ¿El futuro es de los patriotas y no de los globalistas? La gente puede y debe defender su entorno, pero si no tiene una mirada global estamos todas condenadas. Es como el cuento de Villaarriba y Villaabajo, pero a nivel planetario. Por eso los localismos cerriles y cerrados nos están llevando al abismo, aun quienes tengan dinero y poder y traten de esconderse en ese búnker, acabarán cayendo, porque el desequilibrio en la biosfera no entiende de dólares. Eso sí, a la Tierra la especie humana no le hace ninguna falta, así que seguro que nadie llorará por ella.