>Unha xenial reflexión aparecida en Rebelion.org para comezar o ano con afán de que algo cambie e non permitir que a crise que provocaron algúns a sigamos pagando todos, empezando polo que nos rodea, e sen deixar de protestar segundo as acepcións 1 e 6 da RAE, porque iso nos fai máis cidadáns!!
Posts Tagged ‘galego’
-
>A vida non é así
enero 3, 2011 by sergio
Category Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego | No Comments
-
>O MUNDO DEBE ESTAR TOLO…, 1
octubre 11, 2010 by sergio
>La publicidad llega a las aulas de los colegios italianos. Ahí, educándoos desde pequenos, como debe ser!
Alcoa llama a la calma tras el desastre húngaro: «En Lugo no hay peligro». É que aquí só nos preocupan as cosas cando hai desastres (somos fieis seguidores do de «cando as barbas do teu veciño vexas cortar…», pero ten que ser veciño, se xa vive máis lonxe entón non pasa nada)
Berlusconi: Quieren enviarme a casa, pero ¿a cuál? Tengo 20. Outra de Italia, pobriños, con quen teñen ahí…Aínda que nos tampouco saímos moi ben parados co que tivemos… Aznar, entre los peores ex gobernantes
… e tampouco co que está agora, un verdadeiro exemplo de «moxigatismo» no goberno, tanto en temas nacionais como internacionais
Category Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego,mundo,novas | No Comments
-
FUSION EN SANTIAGO: FOLKLORE NOR-ATLÁNTICO E MÚSICA CLÁSICA
septiembre 12, 2010 by sergio
>Impresionante. Se se une o folklore irlandés de Chieftains, o folklore galego de Carlos Núñez (estudioso e pioneiro nisto, e todo un profesional aínda que ás veces poida parecer algo pedante), e unha gran orquesta clásica (a Sinfónica de Galicia), salpimentado cun grupiño de 8-10 gaiteiros e gaiteiras (as gaiteiras de negro…) e unha parella de baile galego e outra de baile irlandés, non pode ser doutro xeito. Sobre todo no marco da Praza do Obradoiro. Se me puñan os pelos de punta (sobre todo cando tocaron a muiñeira de Chantada, non sei por que…).
O peor, a organización. Non sei por que razón impediron a entrada da xente a unha gran parte da praza, mentres había un gran espazo con sillas, parte delas reservadas para persoas con invitación (quen emitiría esas invitacións e para quen serían? a xente parecía telo claro cando berraban contra os políticos…). O caso é que ao final, tras moitos gritos de «fora, fora» e «organización, dimisión», e abucheos varios da xente que esperaba para entrar á praza, a marea humana que empezou a entrar na praza do Obradoiro ocupando o gran espazo baleiro da parte dereita da praza (houbo quen gritou que os policías estaban repartindo «paos», aínda que eu non vín nada diso, e a xente seguiu entrando como unha marea incontenible, con aplausos e mesmo frases do tipo «é a victoria do pobo«, e razón non lle faltaba…). Antes do comezo do concerto, tamén houbo un caso dun policía que apartou lonxe da zona das sillas aos que si conseguiran entrar a tempo alegando a necesidade de manter pasillos de evacuación, e ante as protestas da xente mentou o desgraciado caso que se deu este ano no Love Parade («non querredes que pase algo así…»). Vaia comparación, cando a organización está mal xa non se sabe que excusa inventar. Vaia diferencia co concerto de Jean Michel Jarre, non hai moito. Alí a organización deu a impresión de ser bastante mellor.
A xente acaba de entrar e segue increpando, mentres Carlos Nuñez trata de calmar os ánimosUnha vez dentro a xente que esperaba fora (que nin sequera encheu a praza), atopouse cun Carlos Núnez conciliador, que pensou que a quen increpaba a xente era aos políticos (que tamén) e dixo, con bo sentido, que isto non se trataba de política, senon de pasalo ben coa música. Sen dúbida, pero é que moita xente con invitación, e outra que chegou pronto, estaba disfrutándoa, e outra estaba esperando fora coa praza medio baleira e unha fila de polis impedindo o paso. E cando as increpacións acabaron foi precisamente cando lles deixaron entrar a disfrutar da música… Aquí van uns cortes…
Moitos medios se fixeron eco do concerto, como El País (resaltando o problema de organización), tamén O Faro de Vigo (estes non se enteraron ben do tema, non gritaban simplemente Dimisión, senon Organización Dimisión), ou La Voz de Galicia.
Category El rincón musical | Tags: folk,galego | No Comments
-
OPENOFFICE 3.2 EN ESPAÑOL E GALEGO
agosto 24, 2010 by sergio
>Cuando actualicé mi sistema operativo a Ubuntu 10.04 el Openoffice 3.2 venía por defecto en inglés. Así lo tuve un tiempo (porque no me paré mucho a buscar como obtener la versión en español, y tampoco es que fuera nada intuitivo). Para que aparezca en español ou galego openoffice 3.2 instalé los paquetes de openoffice en los idiomas que me interesaban directamente desde Sistema/Administración/Gestor Synaptic (en este caso el openoffice.org-l10n-es y openoffice.org-l10n-gl), que a mí, como «usuario de mierda» que me defino, me resulta más intuitivo que la consola.
Además, para obtener el diccionario en español y que pueda ir corrigiendo el vocabulario mientras se escribe hay que entran en consola (también se puede buscar en Synaptic «myspell-es») y poner
sudo apt-get install myspell-es
Para corrector de galego temos esta interesante opción.ACTUALIZACIÓN: cuando volví a iniciar el sistema me volvía a aparecer en inglés, y no me dejaba instalar los paquetes de idioma. Al final, tras haber desinstalado totalmente la versión anterior (sudo apt-get remove openoffice*) y hacer varias pruebas infructuosas, conseguí instalar la versión 3.2.1 en castellano siguiendo este tutorial. Hay que leerlo con atención para no saltarse pasos, pero está muy completo.
Category El ordenador de la meiga (linux) | Tags: galego,openoffice | No Comments
-
>PENA DE MORTE, OU DE CANDO A SOCIEDADE MIRA CARA OUTRO LADO
agosto 7, 2010 by sergio
>Non é o mesmo. Non é o mesmo se alguén atopa ao asasino dun ser querido e trata de matalo. É un arranque case natural, e posiblemente esta persoa durmira máis que ben o resto da súa vida.
Pero non pode ser unha convención social. A pena de morte, non. A Sociedade non debería poñerse dacordo en matar a unha persoa, sexa o que sexa o que fixera. Porque a meta debería ser sempre a reinserción, sendo conscientes da dificultade que isto conleva, o cal non debería ser óbice para destinar cartos e recursos innovadoras a lograla, e non limitarse a manter recluídos a estes «peligros da sociedade» que en demasiados casos Ela mesma creou. O equilibrio é sempre precario, cando é o límite e cando se da un caso por perdido? Pero, a pena de morte, non.
Un exemplo é esta noticia sobre a execución en Utah dun preso que quixo morrer fusilado. Unha historia vital desgarradora (10 anos e xa drogadicto? abusos sexuais na adolescencia?), pero é mellor quitalo do medio e todos contentos. O camiño máis fácil non sempre é o axeitado, e menos cando se trata de eludir responsabilidades. Iso si, se eu fora o pai do camareiro que matou, igual este «show» xa non era necesario, pero iso é outro tema…
Category El sofá de la sala (pensamientos y tertulias...) | Tags: galego,pena de morte | 3 Comments
-
LEMBRANZAS: CARBALLO
julio 16, 2010 by sergio
>Nunha das vilas galegas máis caóticas, foi onde fixen o meu proxecto fin de carreira, hai xa moitos anos… Estes días dende Alemaña lembro isto cun compañeiro que me axudou ao que lle gustaba a fotografía. Apertas, Galössi!!!
Category Saliendo de A Cova (viajes) | Tags: galego,Galicia | No Comments
-
PAISAXES URBANAS…
julio 11, 2010 by sergio
>
Só hai que ordenar, a ver se acertades onde é cada unha: Amsterdam, Viana do Castelo, Lugo, Amsterdam, Munich, Lugo, Bretaña, AmsterdamCategory Saliendo de A Cova (viajes) | Tags: fotos,galego,urbanismo | No Comments
-
A MONTAÑA MÁXICA
junio 19, 2010 by sergio
>
Todo este tempo imaxinaba a miña reacción ante a noria e as súas luces se nunca tivera visto algo así, se por exemplo vivira na Idade Media…
Category El sofá de la sala (pensamientos y tertulias...) | Tags: galego,Santiago | No Comments
-
A (PEN)ÚLTIMA DE ISRAEL
mayo 31, 2010 by sergio
>O conflicto en Palestina é moi complexo. Tan complexo que, por moito que teño leído sobre el, nunca logrei ter opinión clara sobre este problema, e moito menos escribir sobre dito problema.
Pero rebélome contra a actitude avasalladora de Israel, pisoteando os dereitos humanos, disparando a «perigosos» activistas pro-palestinos «armados con palos e e coitelos» tras a abordaxe dun dos 5 barcos da «Flotilla da Libertade» por parte dun comando de élite do exército israelí. E non podo por menos que tildar de increíble a actitude do goberno israelí co comunicado que emitiu, xustificando algo totalmente inxustificable, mesmo aínda que todo o que dí o comunicado fora certo (o cal é máis que discutible). Por outra parte, esos actos de represión desproporcionada veñen sendo a tónica habitual de Israel no conflicto de Palestina, pero claro, agora o barco atacado tiña bandeira turca…
Israel cruzou a liña. Pola miña parte, ademais de pedir ao meu goberno que condene sen paliativos e de xeito oficial esta acción e o bloqueo da franxa de Gaza simplemente por motivos de violación de dereitos humanos (e mesmo se é necesario chame a consultas ao embaixador español), e promova dende a presidencia española da Unión Europea a condea conxunta da UE, penso que hai que ir falando de sancións internacionais (bloqueos económicos, boikot a productos israelís, expulsión de Israel de tódalas asociacións nas que participa en europa, dende eurovisión á champions, por poñer un par de exemplos «lúdicos», onde participan simplemente porque teñen diñeiro e os seus veciños non os queren…). Eu comezarei pola parte que podo, que é o boikot.
Category Cooperación para el Desarrollo (más que un trabajo), Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego,Israel | 1 Comment
-
CONVERTER ARQUIVOS FLV EN AVI
mayo 22, 2010 by sergio
>Meu traballiño costoume, pero o atopei aquí, tras instalar o mencoder (dende consola, sudo apt-get install mencoder). Non olvidedes engadir a extensión .flv ao nome do arquivo (se son arquivos baixados de youtube en ubuntu pode non aparecer a extensión se se fai polo método fácil, que é deixar que se reproduza o arquivo completo en youtube e logo ir a /tmp e copialo desa carpeta a outra, xa que se se deixa en tmp desaparecerá ao pechar youtube).
Category El ordenador de la meiga (linux) | Tags: galego,musica | No Comments







