RSS Feed

Posts Tagged ‘galego’

  1. Adiviña, adiviñanza

    agosto 23, 2011 by sergio

    1. Onde se fixo esta foto?

    2. Quen é amigo dalgún peixe gordo nesa paisaxe que resume bastante ben gran parte das desgrazas na xestión do territorio en Galicia?

    a) As persoas que promoveron esa casa ahí

    b) Os que promoveron o parque eólico na cresta do monte (que para calquera que teña o máis mínimo sentido da paisaxe cultural debería estar protexido)

    c) Os que queimaron o monte hai uns aniños

    d) O que fixo esta foto

    e) Todos os anteriores

    f) Ningún dos anteriores

    h) Ningunha das anteriores é correcta, ou si, ou eu que carallo sei!!

     


  2. Xunqueira de Ambía e a música das esferas

    agosto 17, 2011 by sergio

    Nova visita a un órgano representativo da provincia de Ourense cos amigos de Un rato no tubo, na súa web se poden ver máis datos da visita, onde vencellaron a música, a estrelas e as matemáticas como xa fixera Kepler hai moitos anos. Tivemos concerto «planetario», relación de música e matemática e explicación astronómica da música das esferas (se poden escoitar, ver ou escoitar e ver) con prácticas incluidas gracias a membros dunha asociación de astrónomos de Ourense. Xa estamos esperando a próxima nova experiencia, non vos perdades a súa web para ver cando será…

    Eu quedeime coa magnífica igrexa de Xunqueira de Ambía e o seu entorno, outro lugar recóndito da provincia de Ourense, non lonxe de Allariz.



  3. A cidadanía está na rúa!

    mayo 21, 2011 by sergio

    >De alí vimos, na praza do Obradoiro, e gustoume o que vin. A xente falaba de cousas que non é moi normal oir falar pola rúa, democracia participativa, transparencia, non á corrupción e moitas outras cousas que se ben poden sonar a idealismo, en realidade é o que queremos todos, así que por que non soñar?

    Todos os días ás 12 e ás 20 h, asemblea. As distintas comisións contan as novidades (a de loxística, a de lexislación, a de coordinación, a de comunicación, infraestruturas, etc.). Despois pode falar quen queira. Venres ás 20 votouse non abandonar a praza nin sábado nin domingo.

     Había novos, non tan novos…
    … e novíiiiiiisimos

     Con actividades culturais, música, poesía… O Coro da Rá estivo entre os que amenizaron a xornada
    E pola noite…

    …uns durmen, e outros andan de troula. A xunta electoral declarou ilegal a concentración, pero especificouse que non haberá desaloxo, así que había unha sensación de tranquilidade (se ben os concentrados non están libres de que os podan multar…)

  4. Cousas que non pasan de moda…desgraciadamente

    mayo 15, 2011 by sergio

    Ano 1993. Qué pena! O único que está desactualizado desta canción son os 3 millóns de parados, que agora son case 5 (e o de «es delito la insumisión», aínda que segue a ser delito a «insumisión fiscal» ou «obxeción fiscal«, desgraciadamente…). Pero na Cova non hai sillóns!!!!

     


  5. >As Brañas/Vergoñas do Sar

    marzo 31, 2011 by sergio

    >A zona das Brañas do Sar en Santiago de Compostela é un campo de batalla entre o Concello e algunhas asociacións veciñais e ecoloxistas xa dende hai anos. Estas últimas non creen que o plan parcial (ou Plan Especial de intervención e recuperación, como lle chaman para soar millor) proposto vaia servir para a protección integral dun ecosistema tan fráxil como son as brañas, que teñen unha función moi importante na regulación da auga (por exemplo, evitando que cando chove moito vaia todo de golpe para o río e poida haber problemas de inundacións, xa que as brañas reteñen o auga e vana soltando máis lentamente, co cal se reparte no tempo a chegada do que chova aos cauces).
    Pero claro, resulta que as Brañas do Sar están nun lugar privilexiado, moi preto do centro da cidade, e a medio camiño entre o casco histórico e a Cidade da Cultura (da que xa falei outro día). No afán por buscar a conexión entre ambas zonas sen danar as brañas fálase dende o xa famoso teleférico ao máis recente proxecto de ponte lixeira de vidro e aceiro. A polémica segue servida.
    Mentres, quen máis dano está facendo e contribuindo a que esta zona de enorme potencial como corredor verde da cidade esté feito un asco, son as propias obras municipais de  infraestruturas de saneamento (que non é que se den moita presa en rematalas, o mesmo que todas as obras que non sei a que mente pre-clara se lle ocorriron comezar ao mesmo tempo precisamente no ano Xacobeo).

    A recollida das augas pluviais, como unha Cova… Ao fondo, a Cidade da Cultura

    O río Sar, cando aprenderemos a non tirar merda aos ríos? Isto sae ao lado da ponte do Sar

    A luz estaba de bo humor

    Un dos carteis que se poden atopar en Santiago indicando as rutas urbanas (Compostela é unha das cidades galegas con máis zonas verdes, e dos máis fermosos parques que se poden atopar en Galicia están aquí…

    …pero sen dúbida as Brañas do Sar aínda non é un deles).

    Un «sistema de seguridade» pouco seguro, por aquí baixan as augas de choiva canalizadas da cidade cara o río Sar, pero cando choveu moito e a canalización non da abasto ten «válvulas» como esta…

    …que o enchen todo de merda.

    Que vos gusta máis, a construcción moderna…

    ou a antiga? Isto está dun lado e doutro do río ao lado da rotonda do Paxonal. Esas casa amarelas son como unha enorme muralla que estropea a vista de todo o val. Gustaríame saber a quen se lle ocorreu meter eses horribles edificios ahí…

    Do outro lado do río a luz seguía de bo humor

  6. >PARA OS MESIÁNICOS E PERSONALISTAS

    marzo 20, 2011 by sergio

    >O bonito non é ter sempre agarrado, é soltar e que non caia porque outros tamén o teñen agarrado, aínda que sexa ao seu xeito. E, se me apuras, igual ata é bo que caia e estén suxeitando abaixo, ou mesmo que escache e entre todos se repare ou se refaga…


  7. >Día da muller musical

    marzo 8, 2011 by sergio

    >

    Janis Joplin

    Celia Cruz

    Usun

    Alicia Keys

    Holy Moses

    Velcra

    Guano Apes

    Doro

    Garaje Jack

    Luz Casal

    Luar na Lubre

    Tahúres Zurdos

    Crisis

    Astarte

    Crucified Barbara

    Nightwish

    Therion

    Amaral

    Chambao y Bebe

    Leilía

    Susana Seivane

  8. >Unha de árbores… (tree power)

    marzo 5, 2011 by sergio

    >

    Na Bretaña saben como adornar as casas

    Courel

    Árbores de vida perdidos no León profundo

    Tree power!!

    Amigos da auga..

    …amigos do sol…

    …e da luz

    Ancares sen neve…

    …e tamén con neve

    O místico (canóns do Sil)

    O avó (Manzaneda)

    O tataravó (perto do Serengeti tanzano)

    O «friki» (Amsterdam, xunto ao mercado de rúa)

    Coidado comigo!

    Ven aquí…

    O horizonte… (Donillas-León)

    …e o cercano (Trellerma-Ourense)

    O impoñente (ceiba en Tikal, Guatemala)

    O bosque animado?


  9. >Amigos do órgano e un rato no tubo

    febrero 27, 2011 by sergio

    >Asociarse é apoiar ás asociacións é algo clave para contar cunha sociedade de «cidadáns». Por iso é unha boa noticia cando se monta unha nova iniativa como a de Un Rato no Tubo, asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense. E encima para promover un dos meus instrumentos favoritos, o órgano de tubos. Vaia inventiva para lograr tantos sonidos sen usar un sintetizador!!! Son auténticas obras de arte en si mesmos, pero eses instrumentos gardan moitos máis segredos no seu interior e na súa música, que a xente desta asociación irá achegándonos de xeito moi didáctico e divertido, e se espera que sirva ademais para que a provincia de Ourense protexa e promova o seu riquísimo patrimonio musical tradicional (o cal os nosos veciños portugueses fan moito mellor que nós). Non empeza moi ben a colaboración coas institucións públicas, cando a pesar de estaren invitados, nin representantes do Concello nin da Diputación Provincial asistiron á presentación da asociación (será que non creen na cultura se ven da autoxestión e da libre asociación? será que prefieren o «despotismo ilustrado cultural»?
    Non importa, se a xente quere, ao final os seus representantes quererán! Así que, eu xa son amigo do órgano.


  10. O meu lector de libros electrónicos Pocket book 902

    febrero 13, 2011 by sergio

    Dadas as miñas necesidades (de lecer e traballo) de ler moito, e xa que me molesta ler na pantalle do ordenador, levaba xa tempo con ganas dun lector de libros electrónicos (ebook reader na fala anglosaxona que nos domina). Ademais, tiña claro que o quería de pantalla grande, de máis de 9 pulgadas. Estiven entre:
    -Avant xl (dunha empresa española e sobre linux, pantalla táctil e uns 379 euros).
    -Pocket book 902 (empresa rusa, sobre linux, sen pantalla táctil, 340 euros).
    Pocket book 903 (410 euros con pantalla táctil, como o anterior).
    -Kindle 2 dx (graphite), de amazon. Nada de linux, pero prestacións inmellorables e moi boa relación calidade-prezo. Sen pantalla táctil, pero con teclado físico na parte de abaixo. O mandan desde USA, uns 360 euros.
    Por qué me decidín polo pocketbook 902? Pois por dúas razóns básicas:
    1) Non necesitaba pantalla táctil (que ademais encarecía un produto que xa de por si me parece absurdamente caro)
    2) Vén sobre Linux (con todo o que para a «soberanía dixital» significa iso)

    Ao final o comprei en PocketGoods porque o vin recomendado en varios foros, un portal alemán super-serio que en todo momento comunicábanme vía correo-e o estado da compra. Saiume con gastos de envío por 338 euros, fronte aos 342 que costaba en Pixmanía (portal francés aínda que esté en español) e 348 en Tienda libro electronico (portal holandés aínda que estén en español).Chegoume vía seur en 5 días hábiles (o comprei o domingo e o venres estaba en casa).

    Así viña, ben empaquetadiño:

     O contido: o lector, unha funda ben ríxida, un cable mini-usb (para a recarga do chisme) a garantía e unhas instruccións de inicio rápido (tamén en español), xa que o manual completo vén no propio lector (aínda que non en español).

    Xa irei contando a miña experiencia e que tal me saiu a compra…

    ——————————————————————

    Actualización Decembro 2011. Tras probar o cacharriño resulta que se apagaba ao cabo de 2 minutos sen ter que ver co tema de aforro de enerxía, co que tiven que meterme nun pequeno inferno de correos-e coa xente da empresa alemana, que xusto neses días parece ser que foi absorbida por outra e non me facían moito caso, de feito grazas a un amigo alemán conseguín desbloquear o tema… Iso sí, cando me dixeron onde mandar o aparato en menos de 10 días devolvéronmo en perfecto estado de uso, e dende aquela (hai máis de 6 meses) xa me olvidei (case) do berrinche que me fixeron pasar… Iso si, o uso para leer, absolutamente nada máis (nin notas, nin escoitar música nin nada, simplemente cargarlle pdf de informes que eu creo de documentos de texto, ou se non libros ou artigos, e a leer!!!). Oxalá estes trastos electrónicos tiveran servizo técnico polo menos en España…