>Non é o mesmo. Non é o mesmo se alguén atopa ao asasino dun ser querido e trata de matalo. É un arranque case natural, e posiblemente esta persoa durmira máis que ben o resto da súa vida.
Pero non pode ser unha convención social. A pena de morte, non. A Sociedade non debería poñerse dacordo en matar a unha persoa, sexa o que sexa o que fixera. Porque a meta debería ser sempre a reinserción, sendo conscientes da dificultade que isto conleva, o cal non debería ser óbice para destinar cartos e recursos innovadoras a lograla, e non limitarse a manter recluídos a estes «peligros da sociedade» que en demasiados casos Ela mesma creou. O equilibrio é sempre precario, cando é o límite e cando se da un caso por perdido? Pero, a pena de morte, non.
Un exemplo é esta noticia sobre a execución en Utah dun preso que quixo morrer fusilado. Unha historia vital desgarradora (10 anos e xa drogadicto? abusos sexuais na adolescencia?), pero é mellor quitalo do medio e todos contentos. O camiño máis fácil non sempre é o axeitado, e menos cando se trata de eludir responsabilidades. Iso si, se eu fora o pai do camareiro que matou, igual este «show» xa non era necesario, pero iso é outro tema…