>O traballo en rede na cooperación ás veces creo que é como a liberdade na Illa das Flores, que todo o mundo fala dela, pero ninguén sabe o que é… (e moito menos como se fai).
Posts Tagged ‘galego’
-
TRABALLO EN REDE
junio 20, 2009 by sergio
Category Cooperación para el Desarrollo (más que un trabajo), El sofá de la sala (pensamientos y tertulias...) | Tags: galego | No Comments
-
O HEAVY EN ROCK NA ASCENSIÓN
mayo 27, 2009 by sergio
>Foi un bo concerto o do 23, aínda que non son particularmente aficionado a estes maratóns de 8 horas… Eu prefiro paladear aos grupos, e máis se veñen os que posiblemente sexan os meus 3 preferidos da escena heavy española. De feito xa non me quedei a Def Con Dos, e non cheguei a tempo para The Codename, pero co que vin xa tiven bastante (a idade non me perdoa…).
Aphonnic, que eu non coñecía, gustáronme. É como se xuntaras Ramstein e Héroes del Silencio… (ahí vai un vídeo de cada tipo). Ademais tiñan letras das cañeiras, para que logo digan que hoxe só se fai música vacía (ten que haber de todo, para iso xa temos eurovisión).
Despois tocaron representantes das tres xeneracións de grupos españois de heavy metal: Baron Rojo (posiblemente o máis representativo dos grupos heavys españois, en activo desde os 80, en breve cumprirán 30 anos, e poderían seguir outros 30), Mago de Oz (cumprindo 20 anos, comenzaron a ser coñecidos nos 90 cun Rock and Roll moi fresco xa con certos toque folk e heavy, e logo derivaron cara ao metal, e sen dúbida o grupo máis comercial dos tres), e Warcry (xa cumpriron 10 anos, aínde que non foi até o 2002 cando nace realmente como banda consolidada).
Baron Rojo tocou algunha canción máis vella que a maioría d0 público, con eles nin me lembrei de facer vídeos, nin case fotos. Armando de Castro é o Kai Hansen español, sen dúbida.
Mago de Oz tiveron algún problema de sonido inicialmente, pero teñen tablas de sobra. Foron cancións dos seus dous primeiros discos (e faltoume Ancha es Castilla en versión heavy, pero é que literalmente os botaron fora do escenario, parece ser que ía todo moi retrasado, pero non puideron case nin despedirse…)De Warcry ahí poño o estribillo dunha canción bastante coñecida…, pero lémbrome máis do remate friki-Marcha Imperial dunha das cancións que tocaron (creo que foi de Hoy Gano Yo)Category El rincón musical | Tags: galego,heavy | No Comments
-
>OS MEUS "TOP 2O" DE HOXE
abril 8, 2009 by sergio
>Fanme gracia esas coleccións tipo «as 100 cancións máis deprimentes do universo mundial» ou «as 50 mellores cancións para ir de botellón», ou as «1200 cancións que ninguén cantaría na ducha» (esta última podería ser un bo invento, igual a rexistro na SGAE). Elixir un top 20 para min é unha labor imposible, así que o intentei, e isto foi o primeiro que me saiu (tras 4 meses de engadir cancións, e seguro que mañá xa cambiarei de idea, de feito agora que o penso gústame máis o concepto de «top dinámicos»). Ahí vai:
Mike Oldfield-Moonlight Shadow
Real Mkcoy-In the Night
Nightwish-Wanderlust
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao-Lela
Europe-The Final Countdown
Barón Rojo-Cuerdas de acero
Non Blondes- Whats Up
Dire Straits – Walk Of Live
Miguel Bosé- Bandido
Modern Talkin – Brother Louie
Nena-99Luftballoon
Opus – Live Is Life
Shakira – Suerte
Gloria Estefan -Hoy
Gloria Gainor – I Will Survive
Vivaldi-El Otoño
Mago de Oz-El poema de la lluvia triste
Helloween-Eagle Fly Free
Bonnie Tyler- Total Eclipse of the Heart
Mecano- Hijo de la lunaCategory El rincón musical | Tags: galego | 5 Comments
-
>PLAN ANUAL 2009 DA COOPERACIÓN GALEGA
marzo 10, 2009 by sergio
>Ahí van algúns comentarios sobre o borrador do Plan Anual de Cooperación Galega 2009, que quixeron compartir coas distintas ONGs para obter certa retroalimentación.
Na parte de universidades sería interesante fomentar as redes e colaboracións entre departamentos universitarios e ONGs en investigació para o desenvolvemento (IpD). Ademais cómpre ter criterios claros para separar o que é IpD de investigación normal. Por exemplo, non é IpD por exemplo unha investigación sobre determinados aspectos dunha especie animal X nun país tropical, a non ser que se pretendan ademais extraer conclusións que melloren o desenvolvemento das comunidades da zona baseadas nesa investigación.
Ademais habería que tratar de ser máis ambiciosos no tocante ao recoñecemento da importancia das accións de desenvolvemento desde a universidade promovidas institucionalmente polas propias universidades, como potenciar que exista unha oficina de cooperación en cada unha das tres universidades galegas con actividades e tarefas concretas a desenvolver, e que se introduza no curriculo a Educación para o Desenvolvemento tanto a nivel transversal como de asignaturas recoñecidas específicas, aproveitando a oportunidade de espazos que da Boloña (por máis que ata o de agora so servira para non facer nada «por medo» a este novo marco, xa podían aprender da Carlos III).
Hay un apartado de mellora técnica e operativa do sector, e sería conveniente avaliar a necesidade de máis recursos na propia Dirección Xeral de Cooperación, diminuindo as contratacións temporais, e minimizando ás subcontratacións de servizos externos (por exemplo, as auditorías son un gasto moi grande nos proxectos, e non deberían deixarse a entidades privadas un seguemento económico que deberían facer os funcionarios públicos que son pagados polo estado para precisamente facer este seguemento de forma transparente, se ben actualmente coa escaseza dos mesmos na dirección xeral veríanse desbordados).
Na parte administrativa e de solicitude das subvencións, menciónase no borrador a mellora das guías do formulario, pero bótase de menos a versión dos formularios en formato non privativo, xa que os formatos que se proporcionan ata o de agora obligan a unha dependencia de programas privativos e de pago que na miña opinión no debería darse cando hai ferramentas igual de boas que son non privativas e gratuitas (falando claro, como os formularios están en .doc e son formularios con cadros, se o tratas de abrir con outro programa distinto de Word desmóntase todo, co que é moi pouco operativo). ¿Queren que as ONGs gasten o diñeiro en comprar o paquete de microsoft-office, ou prefiren que o pirateen?
Menciónase noutro lugar a normalización de criterios, pero non se viu moi reflictida, xa que se cambiaron a denominación das partidas orzamentarias nos proxectos deste mesmo ano, en vez de facelas homoxéneas con outros financiadores estatais (¿e a declaración de París de harmonización e aliñamento?).
Para a mellora da coordinación nas accións de desenvolvemento que xa levan a cabo distintas Consellerías, debería promoverse algún tipo de comisión transversal, ademais de activar e darlle moito máis peso ao Consello Galego de Cooperación.
Xa veremos se o novo goberno, que nunca tivo unha política de cooperación definida e planificada na súa etapa anterior na Xunta, opta por continuar o bo que se fixo nestes 4 años (que o houbo, e moito), ou se prefire borrarlo dun plumazo e volver ás «cavernas» (temo que o aforro e austeridade no gasto público que promoven toque, coma sempre, á cooperación internacional, e posiblemente moita xente estará dacordo, ¿como imos amañar o de fora se aquí estamos tan mal…? ¿será egoismo social?). Tamén pode ser que en realidade teñan o seu propio programa en cooperación moi ben desenvolvido (e que ninguén neste ámbito nos enteraramos…). Só espero que polo menos continúen o contacto coas ONGs e outros axentes de cooperación, e mesmo o potencien.
Category Cooperación para el Desarrollo (más que un trabajo) | Tags: galego | No Comments
-
>¿SABES EN QUE INVISTE O TEU DIÑEIRO O BANCO?
marzo 6, 2009 by sergio
>Hoxe ó pasar diante de certo banco pasóuseme pola cabeza unha de tantas ideas: unha campaña «de rúa» (en contraposición ás de pasilleo, cabildeo ou «advocacy», que no ámbito empresarial chámase «lobby») de pegatinas nas portas dos bancos que poña algo así como …
Category Cooperación para el Desarrollo (más que un trabajo), Desarrollo Sostenible y Decrecimiento (un modo de vivir), Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: economía,galego | No Comments
-
>O FORO SOCIAL GALEGO, PREDICAR CO EXEMPLO?
diciembre 19, 2008 by sergio
>
A principios de decembro tivo lugar en Santiago o Foro Social Galego, enmarcado dentro do Foro Social Mundial, onde déronse cita persoas que o que realmente tiñan en común é que queren cambiar o mundo, porque consideran que algo non funciona ben…
Realmente reunironse aquí moitas persoas de distintas asociacións e movementos (aínda que penso que nestes foros importan moito as persoas, que logo serán as que transmitan dentro dos movementos ós que pertencen as reflexións que se fixeron e se compartiron). Entre os medios de comunicación pasou lixeiramente inadvertido (sí houbo referencias como na Voz de Galicia, o Correo Galego, El País, o Xornal de Galicia, indirectas vencelladas a personaxes públicos como en La Región, e sobre todo fíxose eco Altermundo, suplemento de Galicia Hoxe). Noutros blogs e medios na web, uns simplemente fixéronse eco, outros diríxennos cara aos máis versados, outros chamaron pola Alianza Galega por unha Europa social, que se promoveu na asamblea de movementos sociais do último día, tamén houbo reflexións máis xerais, outras máis específicas dos distintos movementos e asociacións tranmitindo as mensaxes, como VSF, Amarante, comentarios ou fotos da súa participación como A Cova da Terra, ou Enxeñería Sen Fronteiras, pero tampouco demasiado. Igual fáltanos darlle a importancia que ten á difusión na web, e as actividades do día a día non permiten empaparse ós movementos desta cultura do transmitir máis aló…
Aquí podedes ver as crónicas das ponencias. Eu estaba interesado sobre todo nas que teñen que ver co consumo responsable e a soberanía alimentaria, e modelos de desenvolvemento sostibles (fálase moito do decrecemento dende hai un tempo) como parte da solución ou da tendencia que eu vexo máis esperanzadora para que realmente isto cambie (nun dos blogs vencellados á Voz de Galicia falaron precisamente destas ponencias, que na propia páxina do Foro non seguiron moito). Porque, ante tanta calamidade, cambio climático, crises variadas, demandáronse solucións reais.
Ponencia «Soberanía alimentaria, unha alternativa á crise provocada polas políticas agrarias e alimentarias» , onde criticouse con dureza as trabas administrativas para promover a producción local, que ás veces son deseñadas polas propias multinacionais.
Con qué me quedei eu? Con pinceladas, porque foi moita información (e iso que non puiden ir a todo o que me gustaría).
¿Qué podo facer eu no meu entorno para cambiar este tinglado? Hai que combinar iniciativas de transformación co cambio de políticas a través da presión (actuar de abaixo arriba presionando para que tamén se promova o cambio de arriba abaixo, e como un proceso iterativo ou de xogar o tenis…). Isto pódese dar a nivel persoal, pero como realmente se alcanza potencia e mediante – @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>a acumulación de forzas, con espacios para la dialéctica e para a acción, e iso faise a través de movementos e de redes (co que a internete é unha gran ferramenta, a pesar da brecha dixital e as loitas dos defensores do software libre, que tamén se mencionou de pasada).
Como bo foro, o intercambio de ideas e opinións discrepantes tamén se deu, e eu detectei sobre todo dúas «grandes discrepancias» entre a xente que en xeral se autodenominaba de «esquerda alternativa» (sexa o que sexa iso…):
– Unha era a que se daba entre os que veñen da rama da política e descubren os movementos sociais para o cambio (mesmo case pasando dunha «dictadura do proletariado» á «dictadura dos movementos sociais»), fronte ós «ecoloxistas sociais», que teñen unha visión integral do sistema biosfera e tratan de encadrar nel o ser humano mantendo a súa condición humana (condición que nin moito menos está todavía pechada o 100 por 100) respetando ó resto dos elementos do sistema (máis que nada porque, falando mal, se non imos todos a tomar polo saco…). Nótase que a min me mola máis esta segunda tendencia, eh?
– A outra era entre os que defendían a acción dos movimentos sociais como un fin, buscando o cambio por si mesmos, ignorando ou no mellor dos casos incorporando como un movemento máis aos partidos políticos vixentes, que consideran unha «ferramenta xa desgastada» (tendencia claramente anarquista), fronte ós que falaban de loita de clases e necesidade de reflectir os avances e exemplos dos movementos sociais en novos partidos reformistas capaces de asimilar este desexo de cambio (esquerda política máis tradicional, comunistas varios e similares máis ou menos reformistas).
Na ponencia «Consumo responsable, construíndo alternativas desde Galicia», os poñentes de Veterinarios Sen Fronteiras, Grupo promotor da banca ética en Galicia, Amarante, Verdegaia e a Rede de Consumo Consciente, trataron de poñer sobre a mesa solucións desde o local
Neste intercambio de opinións chegouse a falar mesmo do concepto gramsciano de hexemonía respecto ás ideas: un ten hexemonía se as ideas que propón van calando na sociedade e pasan a formar parte do paradigma intelectual colectivo. Estou dacordo de que o instrumento para conseguir este tipo de hexemonía é o que chaman «a seducción co exemplo» ou «acción exemplarizante». Isto xa se ven comentando dende hai tempo, recentemente aínda o lera nun artigo referido o proceso de renovación de IU e as loitas polo poder que a debilitan. Ademais de ser un máis que fai actuacións de cambio, créase un efecto entre o entorno de ver que o cambio é posible.
Eu a isto simplemente lle chamo coherencia nos propios actos, e creo que debe comezarse o cambio por un mesmo, ser coherente cos propios valores e algo que nesta sociedade non está moi valorado, é mellor ser un «camaleón social» («cambia de colores según la ocasión«, decía a canción). Igualiño que a outra gran máxima que se repetiu ata a saciedade neste foro (con estas ou outras palabras) de pensar globalmente, pero actuar localmente.
Non chega con estar sensibilizado, con tomar a pastilla vermella de Matrix, tamén hay que actuar, e comezar xa!!!!
Category Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego | No Comments
-
>BUSCANDO LONXE O QUE HAI NA CASA
octubre 4, 2008 by sergio
>Non sei se será a mellor praia do mundo, pero sí a mellor das que eu vin (por riba mesmo de Zanzíbar ou o Caribe nicaragüense, e iso que aínda me faltan As Cíes…, é como comparar un precioso gato de Angora cun precioso e salvaxe leopardo…): a praia das Catedrais, no frío e misterioso Mar Cantábrico, no lucense concello de Ribadeo (todavía galego, pero tamén raiano).
Alí cerquiña hai outros lugares con encanto, como a praia de Os Castros,onde un se pode bañar a calquer hora do día sen ter que fuxir da marea (aínda que eu non as tiña todas comigo, na marea alta quedan só uns currunxiños de praia entre rochas que che fan dubidar…)
Category El sofá de la sala (pensamientos y tertulias...), Saliendo de A Cova (viajes) | Tags: galego,Galicia | 1 Comment
-
>ESTRENAMOS VIDEOTECA: BATMAN, O CABALEIRO OSCURO
septiembre 21, 2008 by sergio
>Vaia modernidade a da Cova, que até videoteca ten, jejeje. Pero polo rollo do pirateo e de que queren empezalo a perseguir en serio nas redes P2P, hai que ter coidadiño co que se vé, onde, e sobre todo de ónde o sacaches. Eu, como simple okupa da Cova, limítome a ver o «material» que ela deixa por aquí cando eu non me entero, nin idea de onde o vai sacando…
Desta nova entrega de Batman (disque a mellor das que se levan feitas), eu quédome co Jocker. Por fin déronlle a dimensión real a súa personalidade, a realmente inquietante que eu botei de menos noutras entregas (parecía máis un Graciosillo que un auténtico Bufón, que ten unhas connotacións moito máis profundas). E tamén quédome co ritmo da película, trepidante, as veces mesmo abafante (o do ambiente oscuro e siniestro tamén está moi ben logrado, pero isto xa vai intrínseco co Batman normal, se exceptuamos ó daquela serie que imitaba a comic, pero a comic de carallada…)Cargada en el flirck de Lord Henry
Category Videoteca | Tags: galego | 4 Comments
-
COOPERANTES NO SEU DÍA…
septiembre 9, 2008 by sergio
>¿Que qué é un cooperante? Pois onte alguén fíxome esa pregunta porque o 8 de septembro é o «día do cooperante» (en fin, a manía de poñerlle días a todo), e mirade o que saiu…
Category Cooperación para el Desarrollo (más que un trabajo) | Tags: galego | No Comments
-
A MAN DOS PAÍÑOS
agosto 5, 2008 by sergio
>Manuel Rivas fala en A Man dos Paíños de cousas que en Galicia coñécense ben, como son a emigración e os sentimentos que produce o mar. A min deixoume algo melancólico, pero gustoume a relación especial que o protagonista tiña coa súa man «prestada» (que leva tatuados dous paíños, uns paxariños que viven na costa), e cómo o impulsaba a facer cousas case «en homenaxe» ó seu antigo dono, un solitario e silencioso amigo del. E un libriño moi breve, que ademais inclúe un relato fotográfico.
Category Biblioteca | Tags: galego | No Comments