RSS Feed

>ESTRENAMOS VIDEOTECA: BATMAN, O CABALEIRO OSCURO

21 septiembre, 2008 by sergio

>Vaia modernidade a da Cova, que até videoteca ten, jejeje. Pero polo rollo do pirateo e de que queren empezalo a perseguir en serio nas redes P2P, hai que ter coidadiño co que se vé, onde, e sobre todo de ónde o sacaches. Eu, como simple okupa da Cova, limítome a ver o «material» que ela deixa por aquí cando eu non me entero, nin idea de onde o vai sacando…

Desta nova entrega de Batman (disque a mellor das que se levan feitas), eu quédome co Jocker. Por fin déronlle a dimensión real a súa personalidade, a realmente inquietante que eu botei de menos noutras entregas (parecía máis un Graciosillo que un auténtico Bufón, que ten unhas connotacións moito máis profundas). E tamén quédome co ritmo da película, trepidante, as veces mesmo abafante (o do ambiente oscuro e siniestro tamén está moi ben logrado, pero isto xa vai intrínseco co Batman normal, se exceptuamos ó daquela serie que imitaba a comic, pero a comic de carallada…)

Cargada en el flirck de Lord Henry


4 Comments »

  1. /amaneiro dice:

    >Sergio, compartir (pelis, música, libros, …) nas redes P2P NON é delito igual que non o é deixarlle un libro a un amigo.Ésta é a última sentencia que o reafirma, pero non é máis que outra máis: http://www.filmica.com/david_bravo/archivos/008333.htmlA lei española é clara neste sentido: compartir a través de P2P non é delito. Top-manta sí é delito.Por moitas campañas FUD* que se fagan financiadas dende os grupos pro-SGAE.*FUD = Medo, incertidume, dúbida = «difama que algo queda»

  2. /amaneiro dice:

    >Por certo, o joker xenial!! xD

  3. Sergio dice:

    >É boa noticia, pero estas cousas poden cambiar a través de leis fruto do lobby das institucións que se personaban como acusación particular no caso que comenta Andrés, e dalgunhas outras. Noutros países xa se está dando a persecución de usuarios de redes deste estilo mediante o método de avisos ós usuarios rastreados polo IP ós que, o parecer, lles chegan a cortar a conexión (claro, para isto ten que haber convenios coas operadoras, co que aínda non teño claro se isto realmente é un bulo ou é certo que está pasando en países como Francia). Máis aló do legal, outro día tratarei de dar a miña opinión sobre se este tráfico de «obras» poden rematar co «arte», e os problemas de conciencia que me ocasionan…

  4. /amaneiro dice:

    >Claro que pode cambiar. E hai que estar atento para que non cambie, facendo presión social. Mais o importante é sinalar que a día de hoxe NON é delito. Non é delito a pesar das campañas de difamación e de «educación» que tratan de facer os sectores pro-SGAE: léase anuncios anti-piratetría dos cines ou videoclubes (que en realidade son anti-compartir e comentar o que nos gusta: un dereito básico ó que non debemos renunciar).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *