RSS Feed

Posts Tagged ‘dereitos humanos’

  1. Sen fronteiras, sen bandeiras

    mayo 24, 2026 by sergio

    Cómpre avanzar cara un mundo sen fronteiras para os dereitos humanos, e si para o expolio de recursos. Asegurar os dereitos humanos en todo o mundo, a libre circulación de persoas e ideas, pero que os recursos e bens sexan moito máis «de cercanía». Ou sexa, todo o contrario do que está a ocorrer. Ese sería o único xeito de ter un mundo máis xusto e sustentable, con menos migracións forzosas coa dor e problemas que provocan.

    Cando che digan iso de «méteos na túa casa» hai que poder responder «a miña casa é o mundo, e tamén a súa». O nacemento non debería dar dereito a máis dereitos.


  2. Renda Básica Incondicional e países con moito saleiro

    marzo 21, 2021 by sergio

    Imaxinemos un saleiro. Cada graniño de sal é unha persoa. O saleiro é un país. A tapa cos buratiños, os servizos públicos que evitan que as persoas caian. Cantos máis buratiños e maiores, máis persoas caerán. É importantísimo que os buratos sexan cada vez menos e máis pequenos, pero é difícil conseguir iso totalmente. Un buratiño na educación, outro par deles na sanidade, outro nos coidados de dependentes, outros tres en atención social, outro en acceso a auga, luz, internete…

    Imaxinemos que poñemos, a maiores da tapa, un celofán. Así aínda que pasen graniños polos buratos, evitaremos que caian. O celofán é a Renda Básica Incondicional. Pero é clave que siga habendo tapa e siga fortalecéndose, porque só o celofán non aguantaría todos eses grans.

    Imaxinemos que cada saleiro ten que conseguir o seu propio celofán. Uns conseguirano máis groso, de maior calidade. Quen poida. Outros non terán capacidade ou medios para conseguilo. O máis xusto sería celofán para todo o mundo, aínda que non fora o da maior calidade…

    Por unha Renda Básica Incondicional e Universal. RBU como Dereito Humano!