RSS Feed

‘Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana’ Category

  1. >As Brañas/Vergoñas do Sar

    marzo 31, 2011 by sergio

    >A zona das Brañas do Sar en Santiago de Compostela é un campo de batalla entre o Concello e algunhas asociacións veciñais e ecoloxistas xa dende hai anos. Estas últimas non creen que o plan parcial (ou Plan Especial de intervención e recuperación, como lle chaman para soar millor) proposto vaia servir para a protección integral dun ecosistema tan fráxil como son as brañas, que teñen unha función moi importante na regulación da auga (por exemplo, evitando que cando chove moito vaia todo de golpe para o río e poida haber problemas de inundacións, xa que as brañas reteñen o auga e vana soltando máis lentamente, co cal se reparte no tempo a chegada do que chova aos cauces).
    Pero claro, resulta que as Brañas do Sar están nun lugar privilexiado, moi preto do centro da cidade, e a medio camiño entre o casco histórico e a Cidade da Cultura (da que xa falei outro día). No afán por buscar a conexión entre ambas zonas sen danar as brañas fálase dende o xa famoso teleférico ao máis recente proxecto de ponte lixeira de vidro e aceiro. A polémica segue servida.
    Mentres, quen máis dano está facendo e contribuindo a que esta zona de enorme potencial como corredor verde da cidade esté feito un asco, son as propias obras municipais de  infraestruturas de saneamento (que non é que se den moita presa en rematalas, o mesmo que todas as obras que non sei a que mente pre-clara se lle ocorriron comezar ao mesmo tempo precisamente no ano Xacobeo).

    A recollida das augas pluviais, como unha Cova… Ao fondo, a Cidade da Cultura

    O río Sar, cando aprenderemos a non tirar merda aos ríos? Isto sae ao lado da ponte do Sar

    A luz estaba de bo humor

    Un dos carteis que se poden atopar en Santiago indicando as rutas urbanas (Compostela é unha das cidades galegas con máis zonas verdes, e dos máis fermosos parques que se poden atopar en Galicia están aquí…

    …pero sen dúbida as Brañas do Sar aínda non é un deles).

    Un «sistema de seguridade» pouco seguro, por aquí baixan as augas de choiva canalizadas da cidade cara o río Sar, pero cando choveu moito e a canalización non da abasto ten «válvulas» como esta…

    …que o enchen todo de merda.

    Que vos gusta máis, a construcción moderna…

    ou a antiga? Isto está dun lado e doutro do río ao lado da rotonda do Paxonal. Esas casa amarelas son como unha enorme muralla que estropea a vista de todo o val. Gustaríame saber a quen se lle ocorreu meter eses horribles edificios ahí…

    Do outro lado do río a luz seguía de bo humor

  2. >La guerra de Libia…

    marzo 25, 2011 by sergio

    >siempre son temas complicados en los que cuesta tener opinión, así que nos dejamos arrastrar. Pero creo que de las pocas cosas que tengo claras es que no me quiero dejar arrastrar…, así que me gustaron este artículo y su contestación

    Y la conclusión es siempre la misma, siempre nos quedamos en lo superficial y no se atacan las causas profundas de los problemas (ni siquiera sabiendo que son problemas) cuando hay que atacarlas. Y luego todo se quiere arreglar con violencia (bueno, todo lo que interesa…).


  3. >Amigos do órgano e un rato no tubo

    febrero 27, 2011 by sergio

    >Asociarse é apoiar ás asociacións é algo clave para contar cunha sociedade de «cidadáns». Por iso é unha boa noticia cando se monta unha nova iniativa como a de Un Rato no Tubo, asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense. E encima para promover un dos meus instrumentos favoritos, o órgano de tubos. Vaia inventiva para lograr tantos sonidos sen usar un sintetizador!!! Son auténticas obras de arte en si mesmos, pero eses instrumentos gardan moitos máis segredos no seu interior e na súa música, que a xente desta asociación irá achegándonos de xeito moi didáctico e divertido, e se espera que sirva ademais para que a provincia de Ourense protexa e promova o seu riquísimo patrimonio musical tradicional (o cal os nosos veciños portugueses fan moito mellor que nós). Non empeza moi ben a colaboración coas institucións públicas, cando a pesar de estaren invitados, nin representantes do Concello nin da Diputación Provincial asistiron á presentación da asociación (será que non creen na cultura se ven da autoxestión e da libre asociación? será que prefieren o «despotismo ilustrado cultural»?
    Non importa, se a xente quere, ao final os seus representantes quererán! Así que, eu xa son amigo do órgano.


  4. ¿A quién se le ocurriría retirar Firefly?

    febrero 21, 2011 by sergio

    >¿A quién se le ocurriría retirar Firefly? Para una serie buena de ciencia ficción que estaban haciendo… Dicen que tuvieron que elegir entre Firefly y Stargate (esta última con varios años en pantalla y bastantes seguidores, a pesar de que parece ser que no es nada del otro mundo, aunque la peli no estaba mal la serie ni la he visto). En fin, es lo que hay…

    Al menos en 2005 hicieron una peli buena, Serenity, para cerrar la serie, una oda a la libertad de expresión que creo apropiado recordar estos días con todo el lío de wikileaks y las revueltas censuradas en internet y en muchos medios (no sólo en Túnez, Egipto o Libia, también sin ir más lejos en los premios Goya donde en la tele misteriosamente no se oyeron las protestas de muchos descontentos con la ley Sinde).

    ¿Por qué los gobiernos y muchos medios de (in)comunicación no dejan a los ciudadanos ejercer de tales?


  5. >A vida non é así

    enero 3, 2011 by sergio

    >Unha xenial reflexión aparecida en Rebelion.org para comezar o ano con afán de que algo cambie e non permitir que a crise que provocaron algúns a sigamos pagando todos, empezando polo que nos rodea, e sen deixar de protestar segundo as acepcións 1 e 6 da RAE, porque iso nos fai máis cidadáns!!


  6. FELIZ 2011!

    enero 1, 2011 by sergio

    >E un ano máis, a miña particular felicitación para todo o mundo: OS DÍAS QUE NON DEBERÍAN EXISTIR, 2011 (ao final vaise converter nun clásico!!).


  7. >Sensibilización empresarial y Sahara Libre

    noviembre 7, 2010 by sergio

    >El otro día me encontré un mapa incorrecto en un folleto de una agencia de viajes (iberojet). Los mapas son herramientas de comunicación poderosas…, y más cuando hablamos de conflictos político-territoriales. Así que, como en este caso más bien creo que hay que presumir desconocimiento por parte de la empresa, les mandé a contactos variados (sugerencias@iberojet.es, atencion.cliente@iberojet.es, respuestaweb@iberojet.es) lo siguiente:

    ————————————————————————
    Estimados señores,

    en la página 16 de su folleto de Otoño – Invierno 2010/11 sobre Marruecos, como potencial cliente, me encuentro con la desagradable sorpresa de un mapa que incluye el Sahara Occidental y su capital El Aaiún (Laâyoune) como parte de Marruecos.
    La publicación de ese mapa es muy grave, ya que el mapa que Uds. presentan es ilegal, con lo que incurren en el error de no respetar la legalidad internacional, desinforman a los visitantes y ofenden a muchas personas.
    Ese mapa es ilegal, porque ni Naciones Unidas ni NINGÚN Estado ha reconocido la anexión del Sahara Occidental por Marruecos. De hecho en estos momentos la ONU esta intentando llevar a cabo una ronda de negociaciones entre marroquíes y saharauis, y así terminar con el conflicto que les enfrenta desde que Marruecos ocupara ilegalmente después de que los españoles se retiraran en 1975.
    Según da a entender su mapa es que Marruecos llega hasta Mauritania, lo que es totalmente falso, esto demuestra un gran desconocimiento (lo que resulta increíble, teniendo en cuenta que se trata de un Mayorista de Viajes), a no ser que tengan interés por apoyar esta ocupación militar que dura ya 35 años.
    Les invitamos a que corrijan, lo más pronto posible, un mapa que engaña a los visitantes y ofende a un pueblo dividido, gran parte de este viviendo en unos Campamentos de Refugiados situados en las cercanías de la ciudad Argelina de Tindouf.
    Pedimos lo sustituyan por otro respetuoso con la legalidad internacional y con la realidad.

    Atentamente.
    —————————————————————–

    De momento no he recibido respuesta…


  8. BLOG ACTION DAY 2010. AUGA

    octubre 15, 2010 by sergio

    Hoxe é o blog action day! Acabo de enterarme (estes días ando algo empanao e más pendente do local, coa inminente firma do Pacto Galego contra a Pobreza, mañá en Santiago). Pero se trata dun tema que sempre me tocou moi de preto por ser un dos eixos de traballo máis importantes de Enxeñería Sen Fronteiras.

    Neste eido, aparte dos temas máis éticos e «filosóficos» de Dereito Humano (por fin recoñecido pola ONU), da parte máis sanitaria e hixiénica (vencello indisoluble o de acceso a auga e saúde), da sensibilización medioambiental (onde a auga soe ser protagonista), e tamén as solucións «técnicas» máis ou menos idóneas ou «apropiadas» (das que tamén se fala bastante), gustaríame lembrar aquí un ámbito que eu sempre valorei moito como clave para que todos os outros se articulen e coordinen para lograr por fin un acceso universal ao auga. Trátase do ámbito institucional.

    Vaia dende aquí, pois, unha chamada de atención ás institucións públicas que en tódolos países teñen as competencias legais ou mesmo éticas de proveer de acceso a auga de calidade e saneamento a toda a poboación, e tamén ás organizacións comunitarias autoxestionadas que soen ser moi eficaces na xestión e defensa dos recursos naturais (e ás veces o único que hai na zona) e paga a pena fortalecer en calquer programa de acceso a auga, como a premio nobel 2009 de Economía Elinor Ostrom se encargou de facernos ver. Ostrom lembrounos ademais que un recurso complexo debe xestionarse cunha estructura complexa que cubra os ámbitos estratéxicos, tácticos e operativos, e de xeito que as perspectivas xerais ou globais se atopen coas locais (a través de estructuras de aneis ou como fora).

    De ahí a importancia de fortalecer en temas de agua tanto a administración pública, como aos organismos de cunca hidrográfica (con participación dos distintos actores), como as Xuntas de Auga locais ou veciñais (que existen en todo o mundo con distintos nomes), sen descoidar os foros globais como os que pretendían incluir ao auga nas negociacións da OMC por moito que algúns lle quitaran ferro ao asunto…

    Que non se laven as mans!!


  9. >CAMIÑO POLO PACTO GALEGO CONTRA A POBREZA, CRÓNICA DO CAMIÑO

    octubre 14, 2010 by sergio

    >Aquí podedes ver a mini-crónica das dúas etapas que fixen (e que me serviron ademais para comprobar que son un «pie-blando»).


  10. >O MUNDO DEBE ESTAR TOLO…, 1

    octubre 11, 2010 by sergio

    >La publicidad llega a las aulas de los colegios italianos. Ahí, educándoos desde pequenos, como debe ser!

    Alcoa llama a la calma tras el desastre húngaro: «En Lugo no hay peligro». É que aquí só nos preocupan as cosas cando hai desastres (somos fieis seguidores do de «cando as barbas do teu veciño vexas cortar…», pero ten que ser veciño, se xa vive máis lonxe entón non pasa nada)


    Berlusconi: Quieren enviarme a casa, pero ¿a cuál? Tengo 20. Outra de Italia, pobriños, con quen teñen ahí…

    Aínda que nos tampouco saímos moi ben parados co que tivemos… Aznar, entre los peores ex gobernantes

    … e tampouco co que está agora, un verdadeiro exemplo de «moxigatismo» no goberno, tanto en temas nacionais como internacionais