RSS Feed

>PENA DE MORTE, OU DE CANDO A SOCIEDADE MIRA CARA OUTRO LADO

7 agosto, 2010 by sergio

>Non é o mesmo. Non é o mesmo se alguén atopa ao asasino dun ser querido e trata de matalo. É un arranque case natural, e posiblemente esta persoa durmira máis que ben o resto da súa vida.

Pero non pode ser unha convención social. A pena de morte, non. A Sociedade non debería poñerse dacordo en matar a unha persoa, sexa o que sexa o que fixera. Porque a meta debería ser sempre a reinserción, sendo conscientes da dificultade que isto conleva, o cal non debería ser óbice para destinar cartos e recursos innovadoras a lograla, e non limitarse a manter recluídos a estes «peligros da sociedade» que en demasiados casos Ela mesma creou. O equilibrio é sempre precario, cando é o límite e cando se da un caso por perdido? Pero, a pena de morte, non.

Un exemplo é esta noticia sobre a execución en Utah dun preso que quixo morrer fusilado. Unha historia vital desgarradora (10 anos e xa drogadicto? abusos sexuais na adolescencia?), pero é mellor quitalo do medio e todos contentos. O camiño máis fácil non sempre é o axeitado, e menos cando se trata de eludir responsabilidades. Iso si, se eu fora o pai do camareiro que matou, igual este «show» xa non era necesario, pero iso é outro tema…


3 Comments »

  1. maria dice:

    >Paréceme interesante o que dis, e plantexo outra cuestión, que opinas de cando un preso se pon en folga de fame e se lle da asistencia? estou pensando exactamente en de Juana Chaos

  2. Sergio dice:

    >Iso xa vai máis aló.É a discusión sen fin sobre quen pode decidir sobre o corpo dunha persoa. Na miña opinión, a sociedade debe tratar de preservar aos seus membros, pero onde estaría o límite? habería que obligalo a comer ou a persoa é libre de facer o que queira? baixo qué condicións debería ser libre de facer o que queira? só cando "está en completo uso das súas facultades"? e iso como se sabe? Son dilemas similares aos da eutanasia ou mesmo o aborto. Os máis liberais defenden a individualidade a ultranza, que cada un faga o que queira (mesmo se se trata dunha arroutada ou dunha persoa que ten depresión), en cambio os que consideran que a persoa debe dar contas de todo a algo externo a ela (xa sexa o estado, a sociedade ou a Deus) estarán totalmente en contra deste "libre albedrío". Pero polo medio hai moitos grises…

  3. maria dice:

    >entendo…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *