>Onte na praza do Obradoiro. Este pioneiro da música electrónica, fillo de Maurice Jarre, quedara namorado do entorno hai xa tempo, e onte cumpliu o seu sono (e o de moitos outros que viñeron de moi lonxe a velo) de montar o seu espectáculo neste marco incomparable. 8500 persoas dentro da praza era o cálculo da policía para que aquelo non se desmadrara. E foron eficaces.
Na televisión de Galicia o retransmitiron en directo, pero é un dos espectáculos que paga a pena ver en directo, aínda que teñas que esperar un anaco para entrar dando tempo a que salga da praza algunha xente… 2 horas de espectáculo que fixeron aínda máis espectacular o que posiblemente sexa a catedral cun entorno máis fermoso de todo o mundo.
E un par de mostras da música.
>boas!!bueno, o concerto, si, unha marabilla, un marco incomparable…pero deuse un fallo, que no programa das festas os fogos de peche do Apóstol puxeran as 23:00 na escalinata do campus sur…cando non foi así…comezaron ás 00:50h, con tanta xente apelotonada como o día propio no Obradoiro, a xente cansada de esperar e desesperar, con abucheos e silbidos, e ainda por riba, cando comezan, parte dos fogos estoupan sen sair e os que saen caen encima da xente ardendo…testigo do que digo! a xente ó querer apartar tropezaba unha na outra e caia, pareceume un pouco desmadre…logo que a xente foi marchando vias no lugar onde estaban que quedaban os restos dos artefactos que momentos antes, tras estoupar, caian nas cabezas da xente…algo raro pasou…fóra diso, moi bo.saúdos
>Qué forte o dos fogos caendo enriba da xente!! Eu os vin dende a mesma praza do Obradoiro, pero vaia movida! Na radio e mencionou o do retraso até que rematara o concerto, pero non sei con canta antelación o avisaron…
>Eu tamén estiven! Foi un dos eventos máis impresionante da miña vida, á altura do Circo do sol!