RSS Feed

Posts Tagged ‘vellez’

  1. Outono…

    octubre 13, 2020 by sergio

    Dos outrora fortes brazos da memoria
    caen paseniño as follas das lembranzas.
    Primeiro caen as máis cercanas ao presente
    e resisten máis as de antiguas andanzas

    Pero as máis antiguas son como as raíces,
    que a terra sempre arroupa agarimosa
    Outras semellan do tronco cicatrices
    de loitas, desventuras, victorias e derrotas

    Aquelas resisten ben ancoradas na nostalxia
    de tempos lonxanos onde reinaba o sol,
    enchendo de luz o escuro sino da alma
    quencendo o espíritu e agochando a dor

    Estas traen saudades de camiños ignorados,
    de amores abortados, de imaxinarias vivencias,
    que esmorecen nas brumas do pasado
    escorregando entre os dedos da consciencia