RSS Feed

ME GUSTA EL MUEVE MUEVE

22 septiembre, 2019 by sergio

O umbral de activismo (UA) para que unha persoa se mobilice participando colectivamentepara loitar por calquera causa vén dado por tres variables. Se o queremos poñer en plan fórmula matemática poderiamos dicir que

UA= (GST x CPF x (1- CAS)) x 100

  • UA: Umbral de activismo (probabilidade, en %, de que a persoa en cuestión se mobilice para solucionar o problema sentido)
  • GST: Grao de Sensibilización co Tema, ou sexa, canto lle indigna ou conmove (xa sexa porque lle afecte moi directamente, ou simplemente porque lle tocou a fibra). Número entre 0 e 1, onde 0 e indiferencia absoluta e 1 é implicación absoluta co tema.
  • CPF: coeficiente de “pónmo fácil”, ao que outros autores chaman GUS ( Grao de Utilidade Sentida, que reflicte as oportunidades de mobilización ás que pode acceder á persoa, como organizacións da contorna, persoas expertas no tema, clickactivismo, grupos de traballo na veciñanza, horarios adaptados ou espazos de traballo nos que se sinte útil porque se adaptan aos seus coñecementos ou lles ofrecen formación axeitada, etc.). Número entre 0 e 1, onde 0 é unha facilidade percibida para actuar nula, e 1 é a máxima.
  • CAS: coeficiente de adherencia ao sillón ou coeficiente de imposibilidade vital (CIV), que é propio de cada persoa, e representa a posibilidade de mobilización en activismo colectivo polas súas circunstancias de personalidade, emocionais, físicas, loxísticas ou de momento vital. Número entre 0 e 1, onde 0 é total dispoñibilidade, e 1 é total imposibilidade de activismo colectivo.

Por exemplo, Vic ten 20 anos, ten un CST no tema de loita contra o cambio climático de 0’8, dada a súa sensibilización co tema, o moito que leu e tamén por unha profesora de bachillerato que, coa axenda 21 local, foi quen de transmir a gran parte do seu alunado o estado de emerxencia ambiental mundial. Actualmente está estudando xornalismo, e hai un movemento de persoas de diversas facultades montando un grupo de Fridays4Future na súa cidade (e varixs amigxs seus tamén interesadxs no tema), ademais dun apoio da propia Universidade. O CPF pódese considerar, polo tanto, alto, no entorno do 0’9. Vic ten que traballar a media xornada para poder complementar os cartos que lle poden pasar os seus pais e seguir estudando, e ademais moitos fins de semana ten que ir a casa da súa avoa, que está enferma, para axudar a coidala. Trátase dunha persoa bastante tímida, sen experiencia no activismo, e na súa casa sempre lle dixeron iso de “non te metas en política”. O seu coeficiente de adherencia ao sillón é relativamente alto, de 0’75.

Polo tanto, ao final,

UA=0’8 x 0’9 x (1-0’75)=0,18

É un valor baixo, a pesar dos altos valores de GST e CPF. Posiblemente sexa unha persoa convencida, que no seu día a día trata de ser coherente cos seus valores, pero non pode participar colectivamente en movementos de activismo polo seu alto CAS.


Cando se pretende unha mobilización para actuar sobre un problema, algo habitual dende as asociacións pro dereitos humanos, as ONGD de desenvolvemento que buscan loitar contra causas profundas da desigualdade (polo feito de nacer nun país determinado, ademais doutros elementos definitorios do estatus como pode ser raza, sexo, clase social ou orientación sexual), ou as organizacións ambientalistas, pode ser útil ter en conta esta formuliña.

Para chegar a ese umbral de activismo é importante aumentar todo o posible o GST, que as persoas coñezan o problema, se emocionen e sintan que é inxusto e intolerable que se poida dar esa situación. Por iso é clave traballar moito e en distintos niveis e contextos en visibilizar a problemática, aínda que hai que ter moito coidado ao facelo de que non se produzan efectos contraproducentes á hora de elexir a estratexia de comunicación do problema. Victimizar países ou grupos, presentalos como axentes pasivos, que non son capaces de pelexar por si mesmos, ou simplemente “facer que den pena”, son estratexias cada vez máis en desuso, porque pode aumentar o GST pero, como veremos logo, pode ter efectos indesexables. Non é moi desexable tampouco “botalle a culpa” ás persoas ás que se quere sensibilizar, porque producirase unha sensación de rexeitamento que reducirá o GST. Si é importante amosar solucións que se poden impulsar dende xa, e animar á acción propoñendo espazos e alternativas concretas que se poidan empezar mañá mesmo (ou hoxe), para aumentar o CPF. Tamén axuda afondar nas causas do problema, nas raíces, dun xeito crítico, para que as persoas sexan capaces de establecer co-relacións con outras causas, e ofrecer e impulsar a formación colectiva aos grupos e persoas activistas, para que aumente a sensación de utilidade e de estar “servindo para algo” na loita.

As estratexias non axeitadas de comunicación do problema ás que facía referencia antes, que poden aumentar o GST, poden ter un efecto contraproducente moi común no activismo: impulsar un activismo de moi curta duración. Ou sexa, que se supere o UA pero rápidamente volva a reducirse. Isto pode darse por abusar moito da emoción pura, sen chegar a cambiar discursos ou valores persoais máis profundos que dean lugar a activismo alongado no tempo (que crea na loita e interiorice as razóns polas que se quere cambiar algo ou buscar unha alternativa, sen que sexa un “activismo do enamoramento”). Tamén pódese dar por unha reducción drástica do CPF por algunha coxuntura en organizacións coas que se está a colaborar, co cal as activistas desanímanse e, se non atopan outro xeito de colaborar ou outros espazos, pódese voltar ao estado de desafección inicial (e mesmo pode ocorrer que o UA vólvase máis alto incluso, polo e “eu xa o intentei e non foi ben”). Estamos falando de facer que o activismo “tenda a infinito”, por seguir coa notación matemática.

O feito de que a xente teña “pereza” en mobilizarse, que é un dos factores que aumenta o CAS (ademais dos loxísticos, de medos ou de coxuntura vital actual), pode ter que ver con dúas grandes sensacións:

– o feito de que os problemas se vexan como inabarcables dende a acción persoal (o cal pode vir dado pola falta de experiencia ou cultura do activismo, pero tamén pola narrativa que nos rodea e nos presenta os problemas “da pobreza” ou “o cambio climático” como algo abstracto e lonxano)

– pola sensación de non ter tempo para adicar ás loitas polo ben común, por vivir axfisiadas polo tempo de traballo, as obligacións familiares e a necesidade de tempo de ocio (que pode vir dado por unha vida enfocada á inmediatez, o consumo e cunha tendencia individualista moi grande para promover ese consumo).

Para reducir co CAS, é importante entón un con alegría, deixando de lado a competitividade mal entendida e comunicando a importancia da loita que se quere impulsar. Tamén centrarse moito nos coidados das persoas activistas e nas condicións de vida de cada unha, que son únicas e irrepetibles. O que vén sendo poñer ás persoas no centro.

E que a revolución nos pille bailando!!


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *