RSS Feed

Moito máis que un traballo

28 diciembre, 2012 by sergio

As compañeiras do grupo de comunicación de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia estiveron a currarse unha memoria super-chula de actividades da asociación 2011-2012 e ás persoas contratadas tivemos que contestar a unhas preguntiñas que, buf, daban que pensar… Aquí vos deixo algunha das miñas respostas!!

Por que traballas en cooperación para o desenvolvemento?
Porque, tras ser voluntario uns anos, decidín que pagaba a pena adicar todo o tempo posible a facilitar procesos transformadores que teñen que ver coa cidadanía global, solidariedade fronte a competitividade, pensamento crítico fronte a consumo de masas e responsabilidade cidadá, todo iso sen perder de vista a miña formación técnica. Un xeito de adicar moito tempo a isto é que che paguen por iso, porque é tempo a maiores do tempo libre…

Por que traballas en ESF?
ESF foi o meu primeiro contacto coa cooperación para o desenvolvemento, onde comecei como voluntario e onde sempre desenvolvín o meu labor tamén como liberado, tanto en proxectos internacionais como actualmente como técnico de proxectos en Galicia. Síntome moi a gusto na asociación tanto polo fin que se persegue como polo xeito de buscalo, xa que eu valoro moito a coherencia nas institucións. Ademais o feito de “ser da casa” fai que dende o principio me sentira moi involucrado no desenvolvemento e traxectoria da organización.

Cal debería ser e cal é o papel do persoal contratado en ESF?
O papel que na miña opinión debería desempeñar unha persoa contratada en calqueira asociación de desenvolvemento baseada no voluntariado transformador o tratei de reflexar no seu día en 10 puntos, dos cais quédomoe especialmente co de facilitador de procesos como apoio dos grupos de voluntariado, así como para o aseguramento dunha calidade mínima na interlocución e rendición de contas (especialmente a financiadores externos á asociación).

Valoración xeral do traballo

ESF é moito máis que un traballo, que ademais me permite canalizar o meu interese pola innovación e a economía social


1 comentario »

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *