RSS Feed

Posts Tagged ‘rock’

  1. Malos tiempos para buena gente

    enero 17, 2012 by sergio

    Son malos tempos para todo o que signifique altruismo, reflexión e tratar de facer as cousas pensadas e con calidade. En cambio, é bo tempo para a explotación e malas prácticas de todo tipo e en calquer tipo de ámbito (coa excusa da crise) para que algunhas persoas se aproveiten (a río revolto…). «Malos tiempos para buena gente» din Los Suaves, e iso pódese aplicar actualmente tanto a persoas como a entidades de todos os ámbitos. Empresas que trataban de facer da calidade e das condicións laborais xustas a súa bandeira, que xa «nos bos tempos» non eran moi comúns en España e menos en Galicia, agora se queren tirar para adiante non lles queda outra que entrar na espiral de «chambonismo» e de ter todo para onte tarde mal e ao rastro se queren ter clientes, tanto públicos como privados. Tamén en entidades sociais e mesmo no eido de voluntariado.

    Pero podemos indignarnos (de momento) e tamén facer cousas. As accións colectivas son unha boa saída para a transmisión de ideas e a creación de tecido social para cambiar as cousas (da igual que sexa nunha ONG, ou no clube de ping-pong do teu barrio, nos cafés tertulia dos xoves, na asociación veciñal da túa zona ou simplemente falando cos teus veciños de edificio ou de aldea). E, por suposto, a acción exemplarizante e coherencia persoal. Falar pode falar todo o mundo, pero son as decisións no día a día das persoas as que van cambiando a sociedade.