>Se Harpo Marx tocara a batería (e vivira en Galicia) a tocaría en Marful. Xenial o concerto de onte no Teatro Colón en A Coruña, onde presentaron o seu disco «Manual de Seducción». A pesar de ser nun teatro e sentado, eu sentín unha intimidade e implicación no concerto que fixeron que as dúas horas con un único e prolongado bis se me pasaran nun suspiro. Definicións do que é seducción escritas en tarxetiñas polo público e lidas por Ugía Pedreira (vaia voz!!! cantas cousas pode facer esta muller coa voz!! bueno, e tamén coas expresións da cara e do corpo, parece teatro musical), o vestiario luminoso (Gonzalo é un xenio), o baile do faroliño de Bahía (ou de «A Cepeda», que tamén é típico nas verbenas dalí) ou a prodixiosa cantidade de trastos e xoguetes que o percusionista (que non forma parte «oficialmente» do grupo) usaba para sacar os sonidos máis extranos e surrealistas (e por riba quedaban chulísimos!!). E a música, irónica e intelixente, tan variada en estilos como persoal coa voz inconfundible de Ugía. Viva a música en directo! E tamén o teatro!
Posts Tagged ‘Marful’
-
De cando e onde Harpo Marx tocaría a batería
septiembre 17, 2010 by sergio
Category El rincón musical | Tags: Marful,musica | 2 Comments