>A zona das Brañas do Sar en Santiago de Compostela é un campo de batalla entre o Concello e algunhas asociacións veciñais e ecoloxistas xa dende hai anos. Estas últimas non creen que o plan parcial (ou Plan Especial de intervención e recuperación, como lle chaman para soar millor) proposto vaia servir para a protección integral dun ecosistema tan fráxil como son as brañas, que teñen unha función moi importante na regulación da auga (por exemplo, evitando que cando chove moito vaia todo de golpe para o río e poida haber problemas de inundacións, xa que as brañas reteñen o auga e vana soltando máis lentamente, co cal se reparte no tempo a chegada do que chova aos cauces).
Pero claro, resulta que as Brañas do Sar están nun lugar privilexiado, moi preto do centro da cidade, e a medio camiño entre o casco histórico e a Cidade da Cultura (da que xa falei outro día). No afán por buscar a conexión entre ambas zonas sen danar as brañas fálase dende o xa famoso teleférico ao máis recente proxecto de ponte lixeira de vidro e aceiro. A polémica segue servida.
Mentres, quen máis dano está facendo e contribuindo a que esta zona de enorme potencial como corredor verde da cidade esté feito un asco, son as propias obras municipais de infraestruturas de saneamento (que non é que se den moita presa en rematalas, o mesmo que todas as obras que non sei a que mente pre-clara se lle ocorriron comezar ao mesmo tempo precisamente no ano Xacobeo).
Posts Tagged ‘galego’
-
>As Brañas/Vergoñas do Sar
marzo 31, 2011 by sergio
A recollida das augas pluviais, como unha Cova… Ao fondo, a Cidade da CulturaO río Sar, cando aprenderemos a non tirar merda aos ríos? Isto sae ao lado da ponte do SarA luz estaba de bo humorUn dos carteis que se poden atopar en Santiago indicando as rutas urbanas (Compostela é unha das cidades galegas con máis zonas verdes, e dos máis fermosos parques que se poden atopar en Galicia están aquí……pero sen dúbida as Brañas do Sar aínda non é un deles).Un «sistema de seguridade» pouco seguro, por aquí baixan as augas de choiva canalizadas da cidade cara o río Sar, pero cando choveu moito e a canalización non da abasto ten «válvulas» como esta……que o enchen todo de merda.Que vos gusta máis, a construcción moderna…ou a antiga? Isto está dun lado e doutro do río ao lado da rotonda do Paxonal. Esas casa amarelas son como unha enorme muralla que estropea a vista de todo o val. Gustaríame saber a quen se lle ocorreu meter eses horribles edificios ahí…Do outro lado do río a luz seguía de bo humorCategory Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego,parques,Sar,urbanismo | No Comments
-
>PARA OS MESIÁNICOS E PERSONALISTAS
marzo 20, 2011 by sergio
>O bonito non é ter sempre agarrado, é soltar e que non caia porque outros tamén o teñen agarrado, aínda que sexa ao seu xeito. E, se me apuras, igual ata é bo que caia e estén suxeitando abaixo, ou mesmo que escache e entre todos se repare ou se refaga…
Category El sofá de la sala (pensamientos y tertulias...) | Tags: galego | No Comments
-
>Día da muller musical
marzo 8, 2011 by sergio
>
Janis JoplinCelia CruzUsunAlicia KeysHoly MosesVelcraGuano ApesDoroGaraje JackLuz CasalLuar na LubreTahúres ZurdosCrisisAstarteCrucified BarbaraNightwishTherionAmaralChambao y BebeLeilíaSusana SeivaneCategory El rincón musical | Tags: galego | No Comments
-
>Unha de árbores… (tree power)
marzo 5, 2011 by sergio
>
Na Bretaña saben como adornar as casasCourelÁrbores de vida perdidos no León profundoTree power!!Amigos da auga..…amigos do sol……e da luzAncares sen neve……e tamén con neveO místico (canóns do Sil)O avó (Manzaneda)O tataravó (perto do Serengeti tanzano)O «friki» (Amsterdam, xunto ao mercado de rúa)Coidado comigo!Ven aquí…O horizonte… (Donillas-León)…e o cercano (Trellerma-Ourense)Category Desarrollo Sostenible y Decrecimiento (un modo de vivir), Saliendo de A Cova (viajes) | Tags: fotos,galego | 3 Comments
-
>Amigos do órgano e un rato no tubo
febrero 27, 2011 by sergio
>Asociarse é apoiar ás asociacións é algo clave para contar cunha sociedade de «cidadáns». Por iso é unha boa noticia cando se monta unha nova iniativa como a de Un Rato no Tubo, asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense. E encima para promover un dos meus instrumentos favoritos, o órgano de tubos. Vaia inventiva para lograr tantos sonidos sen usar un sintetizador!!! Son auténticas obras de arte en si mesmos, pero eses instrumentos gardan moitos máis segredos no seu interior e na súa música, que a xente desta asociación irá achegándonos de xeito moi didáctico e divertido, e se espera que sirva ademais para que a provincia de Ourense protexa e promova o seu riquísimo patrimonio musical tradicional (o cal os nosos veciños portugueses fan moito mellor que nós). Non empeza moi ben a colaboración coas institucións públicas, cando a pesar de estaren invitados, nin representantes do Concello nin da Diputación Provincial asistiron á presentación da asociación (será que non creen na cultura se ven da autoxestión e da libre asociación? será que prefieren o «despotismo ilustrado cultural»?
Non importa, se a xente quere, ao final os seus representantes quererán! Así que, eu xa son amigo do órgano.Category Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego,órgano | 1 Comment
-
O meu lector de libros electrónicos Pocket book 902
febrero 13, 2011 by sergio
Dadas as miñas necesidades (de lecer e traballo) de ler moito, e xa que me molesta ler na pantalle do ordenador, levaba xa tempo con ganas dun lector de libros electrónicos (ebook reader na fala anglosaxona que nos domina). Ademais, tiña claro que o quería de pantalla grande, de máis de 9 pulgadas. Estiven entre:-Avant xl (dunha empresa española e sobre linux, pantalla táctil e uns 379 euros).-Pocket book 902 (empresa rusa, sobre linux, sen pantalla táctil, 340 euros).–Pocket book 903 (410 euros con pantalla táctil, como o anterior).-Kindle 2 dx (graphite), de amazon. Nada de linux, pero prestacións inmellorables e moi boa relación calidade-prezo. Sen pantalla táctil, pero con teclado físico na parte de abaixo. O mandan desde USA, uns 360 euros.Por qué me decidín polo pocketbook 902? Pois por dúas razóns básicas:1) Non necesitaba pantalla táctil (que ademais encarecía un produto que xa de por si me parece absurdamente caro)2) Vén sobre Linux (con todo o que para a «soberanía dixital» significa iso)Ao final o comprei en PocketGoods porque o vin recomendado en varios foros, un portal alemán super-serio que en todo momento comunicábanme vía correo-e o estado da compra. Saiume con gastos de envío por 338 euros, fronte aos 342 que costaba en Pixmanía (portal francés aínda que esté en español) e 348 en Tienda libro electronico (portal holandés aínda que estén en español).Chegoume vía seur en 5 días hábiles (o comprei o domingo e o venres estaba en casa).
Así viña, ben empaquetadiño:
O contido: o lector, unha funda ben ríxida, un cable mini-usb (para a recarga do chisme) a garantía e unhas instruccións de inicio rápido (tamén en español), xa que o manual completo vén no propio lector (aínda que non en español).Xa irei contando a miña experiencia e que tal me saiu a compra…
——————————————————————
Actualización Decembro 2011. Tras probar o cacharriño resulta que se apagaba ao cabo de 2 minutos sen ter que ver co tema de aforro de enerxía, co que tiven que meterme nun pequeno inferno de correos-e coa xente da empresa alemana, que xusto neses días parece ser que foi absorbida por outra e non me facían moito caso, de feito grazas a un amigo alemán conseguín desbloquear o tema… Iso sí, cando me dixeron onde mandar o aparato en menos de 10 días devolvéronmo en perfecto estado de uso, e dende aquela (hai máis de 6 meses) xa me olvidei (case) do berrinche que me fixeron pasar… Iso si, o uso para leer, absolutamente nada máis (nin notas, nin escoitar música nin nada, simplemente cargarlle pdf de informes que eu creo de documentos de texto, ou se non libros ou artigos, e a leer!!!). Oxalá estes trastos electrónicos tiveran servizo técnico polo menos en España…
Category El ordenador de la meiga (linux) | Tags: galego | No Comments
-
A lei de augas de Galicia a debate
enero 21, 2011 by sergio
>Un interesante debate está a ter lugar en ESF Galicia sobre a nova Lei de Augas. Aquí vai a miña opinión:
O choque cultural do que se falou vén neste caso por como afecta a lei aos habitantes das aldeas pequenas que se tiveron que buscar a vida cando ninguén lles daba un servizo que polo demais é un dereito humano. Estas pequenas aldeas son asentamentos típicos de Galicia que tradicionalmente viñeron facilitando a explotación de recursos no rural e na miña opinión aínda manteñen o rural galego entre os máis vivos de España a pesar da urbanización da poboación e de que se está tratando de buscar outro tipo de modelos territoriais presumiblemente «máis eficientes» (o cal eu non comparto por parecerme menos sostibles, máis desequilibrantes e pouco adaptados a nosa zona, por máis que dende un punto de vista de grandes infraestructuras tal como están plantexadas até o dagora como liñas eléctricas, sistemas de saneamento ou abastecemento sexa moito menos eficiente, pero lembrade que eses sistemas non son os únicos).
Isto fai que esté dacordo nun primeiro momento coa historia que conta Participante 1 de que estaban tirados sen servizo, tiveron que buscarse a vida, e agora fanlles pagar por algo que non se sabe moi ben que é e semella que se paga pola auga ou por un servizo de saneamento que non teñen. Erro grave de Augas de Galicia que xa Participante 4 recoñecía, a difusión. Era importante (e se se fixo está visto que non se fixo o suficientemente ben) a inclusión de moitos axentes importantes na xestión do recurso hídrico como os proveedores de servizos rurais (sí, o que nos promovemos en Honduras de Xuntas de Auga Potable, que tamén o hai en Galicia hai moito tempo, as traídas veciñais, as que os veciños pagaron apoquinando do seu bolsillo ou vendendo os piñeiros do monte veciñal sen que nin Xunta nin o concello lles deran nin un chavo) no proceso da aprobación da lei (se ademais por enriba se veía que ían ser afectados e se podía dar lugar a malas interpretacións, moitas veces interesadas por grupos políticos ou lobbies do tipo que fora). O que pasa é que non hai moita cultura de transparencia real aínda na administración pública española (a lei de transparencia estatal xa está nun caixón…). Moi boas ideas foron rexeitadas porque a xente non se sentiu partícipe ou non se difundiron o suficiente para que a xente as entendera vira que realmente eran boas ideas, xustas e que beneficiaban a todos.
Dito isto, creo que estamos dacordo que o ese novo canon non ten demasiado que ver co extinto canon de saneamento. Non comparto o que se fala de que o canon é «pagar pola auga». Entendo polo que vin na lei que se trata de recuperar costes do ciclo da auga, e se especifica algúns deses conceptos. A min me parecen ben, sobre todo o concepto de que o que Augas de Galicia recaude o invirta Augas de Galicia (tanto do canon como das posibles sancións, que dito sexa de paso me gustaría que o concepto de «quen contamina, limpa todito» tivera aínda máis presenza que o de «quen contamina, paga»). Así a posibilidade de que se «disolva» o impacto dese canon e non se empregue para o que se ten que empregar é menor.
O problema da contaminación difusa tamén se afrontará co canon? Porque eses asentamentos dispersos afectan moito a iso (por iso tampouco me parece ben de todo que porque non se esté enganchado a unha rede de saneamento e o máis común sexa, con sorte, unha fosa séptica de deseño dubidoso, xa non se teña que pagar nada, porque a contaminación polo tratamento inaxeitado desas augas ou as da limpeza dos establos ou da cisterna de purín estame a afectar a min tamén…). Aquí ven entendo eu o de ter en conta todo o ciclo da auga e minimizar o impacto das actividades humanas (cos principios de solidariedade, responsabilidade e blablabla), e se hai que pagar un pequeno canon para aportar algo a isto e ser máis conscientes dalgunhas cousas, pois a min me parece ben (pero se a cousa non se acaba na simple recaudación, e se fai pedagoxía e educación ambiental e pola sostenibilidade).
Neste caso non creo que nin os que din que se privatiza a auga coa lei teñan razón, nin tampouco de que sexa privatización o que se defende no conto que conta Participante 1 (o de «a túa auga só e túa» que se mencionaba, trátase de «a nosa auga é nosa», que non é o mesmo, e por certo hai máis xente en ESF ao que lle oín este mesmo discurso). O da privatización (o concepto de empresa privada e ánimo de lucro cun ben ou servizo básico para o desenvolvemento humano) creo que está estamos de acordo tódolos que estamos máis ou menos na onda de ESF de que non é aceptable no caso dos servizos básicos (e creo que nin no caso que defende Participante 1 nin tampouco Augas de Galicia é un caso de privatización porque non inclúe ningún destes elementos). Augas de Galicia non é unha empresa, e tampouco ten ánimo de lucro. Outro tema é que se poida facer unha concesión a empresas, pero a última palabra a ten esta entidade pública. Trátase de que o estado vele e controle (con tarifas máximas, medidas de solidariedade interterritorial, etc.). E se o estado a través das súas institucións lles fixera o xogo as empresas, porque todos sabemos que hai moitos intereses creados, ENTÓN A CIDADANÍA DEBE ESTAR AHÍ. Pero nin moito menos penso que esta lei busque a privatización.
A «confrontación cultural» aquí penso que ven máis entre o modelo «público» ou de xestión pola administración pública e o «modelo de xestión comunitaria» (algo así como cando discuten os comunistas e os anarquistas, para entendernos, jejejeje, o Estado vs a Comunidade Autoxestionaria). O malo da xestión estatal é cando é arbitraria e non solidaria, ou cando non se obteñen resultados nin se permite a participación real da poboación. O malo da xestión comunitaria é que en moitos casos (como pode ser o da auga) non teñen unha visión integral e pode haber problemas na sostenibilidade do recurso (lembro un «conto» sobre certo pobo onde chegaron uns motores para aproveitar a escasa auga do río na época seca e como o que para os habitantes dese pobo foi un avance porque podían regar, converteuse nun problema para os pobos de augas abaixo…). Pero ambos enfoques se necesitan e complementan (os que entenden disto chámanlles «aneis», está o anel da unidade familiar, o comunitario, o institucional local, o autonómico, que deben estar ben coordinados e haber transparencia, e é que hai unha cousa que dixo a premio nobel E. Ostrom que é algo así como que para xestionar recursos complexos son necesarias estructuras complexas, e o recurso hídrico con todo o seu ciclo estaredes dacordo que é complicado de xestionar.
Preocúpame un pouco o tema de acuicultura (art 60), aos que non lles promove o que teñan o sello de certificación ambiental para que paguen menos canon, a diferencia do que se fai coas instalacións deportivas (e que ademais me parece que pagan moi pouco respecto ao impacto que teñen as súas actividades, máis alá do que paguen de canon de verquido que non creo que paguen nada porque non verten a sumidoiros públicos, pero supoño que igual non se quere que marchen de novo para Portugal… ;-DDD). Isto o digo porque nas modificacións das leis do solo dende que son consciente viñeron a dar máis flexibilidade e facilidades a unha industria que é estratéxica para Galicia sobre todo nos gobernos do PP (pero que creo que non se ten suficientemente monitoreada nin controlados os parámetros de calidade de auga que botan).
Non vexo moito o tema de sensibilización en boas prácticas de uso de auga entre as funcións e competencias de Augas de Galicia, non debería tamén ter algo ou moito que dicir e campañas que propoñer nisto ou queda para Medio Ambiente? Tampouco acabo de ver moi definidos os cauces de participación social nos procesos nin nos organismos (haberá regulamento da lei que desenvolva isto, seguramente…).
Algo clave é que esteamos xa fartos de leis que din unha cousa e logo se fai outra…, pero iso xa entra noutro debate e como mínimo eu defendo o beneficio da dúbida (e por outro lado é tamén responsabilidade dos cidadás denunciar e facer incidencia cando algo non se está facendo ben, ou se se ve que a lei está mal deseñada nalgún aspecto que se pon de manifesto cando xa se está cumplindo, trátase de buscar a «mellora continua» sen dar cheques en blanco aos políticos, cara un sistema que asegure acceso mínimo de calidade ao servizos básicos e a solidariedade, e se non hai bos espazos de participación previstos, SE CONSTRÚEN).
Category Cooperación para el Desarrollo (más que un trabajo), El sofá de la sala (pensamientos y tertulias...) | Tags: galego,leis | 1 Comment
-
>A vida non é así
enero 3, 2011 by sergio
>Unha xenial reflexión aparecida en Rebelion.org para comezar o ano con afán de que algo cambie e non permitir que a crise que provocaron algúns a sigamos pagando todos, empezando polo que nos rodea, e sen deixar de protestar segundo as acepcións 1 e 6 da RAE, porque iso nos fai máis cidadáns!!
Category Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego | No Comments
-
>O MUNDO DEBE ESTAR TOLO…, 1
octubre 11, 2010 by sergio
>La publicidad llega a las aulas de los colegios italianos. Ahí, educándoos desde pequenos, como debe ser!
Alcoa llama a la calma tras el desastre húngaro: «En Lugo no hay peligro». É que aquí só nos preocupan as cosas cando hai desastres (somos fieis seguidores do de «cando as barbas do teu veciño vexas cortar…», pero ten que ser veciño, se xa vive máis lonxe entón non pasa nada)
Berlusconi: Quieren enviarme a casa, pero ¿a cuál? Tengo 20. Outra de Italia, pobriños, con quen teñen ahí…Aínda que nos tampouco saímos moi ben parados co que tivemos… Aznar, entre los peores ex gobernantes
… e tampouco co que está agora, un verdadeiro exemplo de «moxigatismo» no goberno, tanto en temas nacionais como internacionais
Category Lo que se ve (y se grita) al abrir la ventana | Tags: galego,mundo,novas | No Comments
-
FUSION EN SANTIAGO: FOLKLORE NOR-ATLÁNTICO E MÚSICA CLÁSICA
septiembre 12, 2010 by sergio
>Impresionante. Se se une o folklore irlandés de Chieftains, o folklore galego de Carlos Núñez (estudioso e pioneiro nisto, e todo un profesional aínda que ás veces poida parecer algo pedante), e unha gran orquesta clásica (a Sinfónica de Galicia), salpimentado cun grupiño de 8-10 gaiteiros e gaiteiras (as gaiteiras de negro…) e unha parella de baile galego e outra de baile irlandés, non pode ser doutro xeito. Sobre todo no marco da Praza do Obradoiro. Se me puñan os pelos de punta (sobre todo cando tocaron a muiñeira de Chantada, non sei por que…).
O peor, a organización. Non sei por que razón impediron a entrada da xente a unha gran parte da praza, mentres había un gran espazo con sillas, parte delas reservadas para persoas con invitación (quen emitiría esas invitacións e para quen serían? a xente parecía telo claro cando berraban contra os políticos…). O caso é que ao final, tras moitos gritos de «fora, fora» e «organización, dimisión», e abucheos varios da xente que esperaba para entrar á praza, a marea humana que empezou a entrar na praza do Obradoiro ocupando o gran espazo baleiro da parte dereita da praza (houbo quen gritou que os policías estaban repartindo «paos», aínda que eu non vín nada diso, e a xente seguiu entrando como unha marea incontenible, con aplausos e mesmo frases do tipo «é a victoria do pobo«, e razón non lle faltaba…). Antes do comezo do concerto, tamén houbo un caso dun policía que apartou lonxe da zona das sillas aos que si conseguiran entrar a tempo alegando a necesidade de manter pasillos de evacuación, e ante as protestas da xente mentou o desgraciado caso que se deu este ano no Love Parade («non querredes que pase algo así…»). Vaia comparación, cando a organización está mal xa non se sabe que excusa inventar. Vaia diferencia co concerto de Jean Michel Jarre, non hai moito. Alí a organización deu a impresión de ser bastante mellor.
A xente acaba de entrar e segue increpando, mentres Carlos Nuñez trata de calmar os ánimosUnha vez dentro a xente que esperaba fora (que nin sequera encheu a praza), atopouse cun Carlos Núnez conciliador, que pensou que a quen increpaba a xente era aos políticos (que tamén) e dixo, con bo sentido, que isto non se trataba de política, senon de pasalo ben coa música. Sen dúbida, pero é que moita xente con invitación, e outra que chegou pronto, estaba disfrutándoa, e outra estaba esperando fora coa praza medio baleira e unha fila de polis impedindo o paso. E cando as increpacións acabaron foi precisamente cando lles deixaron entrar a disfrutar da música… Aquí van uns cortes…
Moitos medios se fixeron eco do concerto, como El País (resaltando o problema de organización), tamén O Faro de Vigo (estes non se enteraron ben do tema, non gritaban simplemente Dimisión, senon Organización Dimisión), ou La Voz de Galicia.
Category El rincón musical | Tags: folk,galego | No Comments