RSS Feed

Posts Tagged ‘galego’

  1. CRÓNICAS DE BREIZH, 4.

    enero 2, 2010 by sergio

    >El cuarto día vimos la costa de granito rosa, desde Perros-Guirec a Trebeurden para luego al atardecer ir por autovía a Brest.

    En Plounarch hay una vista de la playa y un castillo en una de las islas que merece mucho la pena. También está por esa zona la Isla Grande, zona vacacional. Lannion tiene también cierto interés, pero ya nos dirigimos a Brest, ya en el Departamenteo de Finistère, para establecer las base para dos noches más (y con gran acierto, porque se puso a llover a cántaros). Llegamos a la tarde y dimos un paseo, pero no nos llamó demasiado la atención, ya que fue una ciudad muy castigada por la guerra mundial, y lo que llama la atención es su base naval y el castillo. Tampoco tiene camping municipal, pero en la carretera saliendo de la ciudad hacia el sur, en Le Relecq-Kerhuon, había uno muy cuco donde nos quedamos esa noche y otra más. Aun hubo tiempo de acercarse a Daoulas a ver su mercado de tarde de “produits du terroir” (deliciosa sidra de la zona, hortalizas, fresas, crépès y licores varios…, incluso cerveza de la zona), y a Plougastel, a ver su calvario (es como los cruceiros gallegos, pero más elaborados, se dice que se hacían cuando una gran peste o problema se cernía sobre una zona para atraer la bondad del cielo, en este caso el mal debía ser muy muy grande, ya que es de los más sobrecargados y elaborados de Francia).

    Acantilados de granito rosa

    Plounarch
    Lannion, con sus escaleras hacia la iglesias de Brelevenez y cruceiro en primer plano

    Calvario de Plouegastel

    Enlaces relacionados:

    Crónicas de Breizh, 1.
    Crónicas de Breizh, 2.
    Crónicas de Breizh, 3.
    Crónicas de Breizh, 4.
    Crónicas de Breizh, 5.
    Crónicas de Breizh, 6.
    Crónicas de Breizh, 7.


  2. EN DEFENSA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS EN INTERNET

    diciembre 16, 2009 by sergio

    >Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía Sostible (manda carallo para o nome, o que hai que oir…) de modificacións lexislativas que afectan ó libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os periodistas, bloggers, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ó proxecto, e declaramos que…

    1.- Os dereitos de autor non poden situarse por encima dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

    2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un cerre sen sentencia. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial – un organismo dependiente do ministerio de Cultura -, a potestade de impedir ós cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

    3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenrolo e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e freando a súa proxección internacional.

    4.- A nova lexislación proposta ameaza ós novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionales, senón de multitude de fontes diferentes.

    5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas as súas creaciones. Intentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo entorno non é nin xusto nin realista. Si o seu modelo de negocio se basea no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentales, deberían buscar outro modelo.

    6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles e asequibles e que se adecuen ós novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.

    7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre.

    8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenrolo dunha economía sostible e realista de cara o futuro.

    9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ó seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

    10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e despois de consultado con todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.


  3. OS PIARES DA TERRA EN SANTIAGO

    noviembre 25, 2009 by sergio

    >Nada máis se pode dicir dun dos libros máis leidos e comentados dos últimos tempos (a pesar do seu tamaño). Sempre chamoume a atención a magnificiencia das grandes construccións como as catedrais, pero custábame saber como se sentirían as persoas que traballaban na súa construcción, ou que vivían no entorno da mesma, sabendo que era moi posible que nunca viran rematado no transcurso da súa vida algo tan enorme e costoso. Pola miña formación, sí estou familiarizado con esa sensación no caso dos bosques de especies de lento crecemento (carballeiras, teixedais), pero non con «creacións humanas». Pode que en Barcelona teñan unha sensación similar coa Sagrada Familia (aínda que xa está bastante avanzada). Pero creo que hoxe en día, esa sensación pódese ter en Santiago coa «cidade da cultura» do monte Gaias, que vexo tódolos días xa que vivo ao pe del. Polo menos creo que é unha sensación que se aproximaría, aínda que aqueles habitantes do Santiago medieval tiñan claro o obxectivo desa magnífica construcción que era a catedral e que quizá nunca viran rematada, como expresión da súa fe e custodio dunhas reliquias santas (e pode ser que a moitos lles parecera unha tolería e un despilfarro de diñeiro facer iso con ese obxectivo). Pero ninguén soubo nunca para qué servirá esta cidade da cultura, nin sequera os de Discovery Channel e o seu más que recomendable documental adicado a cidade da cultura na súa serie «Megaconstruccións», aos que non hai moito emulamos (salvando as distancias) cunha visita ao monte Gaiás e algunhas fotos para que vexades como vai a cousa (a pesar de que parece ser que non está permitido subir, hai un caminiño polo que se pode subir sen ningún impedimento nin barreira ata que o garda de seguridade te avise unha vez que levas 15 minutos dando voltas por alí…).

     Chegando
     
     

     
     
     
     
     

     
     
     
    O camiño que leva á montaña…
     
     A entrada ao camiño (semella tapada, pero non o está…)
    Dende abaixo…

  4. O VAL DO SILENCIO

    noviembre 2, 2009 by sergio

    >Un lugar perdido no Bierzo, esa zona que é irmá de Galicia, pero que ten algo distinto… Neste val, elexido por monxes hai séculos para purificar o espírito e buscar a Deus, é certo que hai algo especial que nas fotos apenas se logran captar (a pesar da espléndida luz que había ese día).

    O Val…
    Vista desde a ruta de a Cova de San Genadio cara Peñalba de Santiago

    Cova de San Genadio, retiro espiritual

    Dan ganas de quedarse meditando aquí durante un par de anos…, aínda que se cadra no inverno se nos quitarían as gañas.

    A rúas de Peñalba


  5. TI NON PODES CUESTIONAR O QUE CREES. EU DEBO.

    octubre 21, 2009 by sergio

    >Ía ser unha película de astronomía, segundo palabras do propio Amenábar. Ao final foi unha mostra do que o fanatismo e a ignorancia poden lograr, tocando tamén a desigualdade de xénero (un guiño bastante comercial a un asunto de moita actualidade). Lalo tamén a comenta no seu blog, como moitísimas outras entradas que hai pola rede adiante.

    Quédome con dúas frases:
    «Ti non te cuestionas o que crees, non podes. Eu debo» (de Hipatia a un dos seus ex-alumnos, obispo cristiano).
    «Filosofía! Xusto o que necesitamos agora...» (irónicamente un notable de Alejandría ante os argumentos de Hipatia).

    Agora, como moitas outras obras xeniais, falan de cousas aparentemente lonxanas de xeito que «calquer diferencia coa realidade é pura coincidencia». E quen quera entender que entenda.


  6. >GALICIA SOLIDARIA. O SISTEMA GALEGO DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

    septiembre 8, 2009 by sergio

    >Hoxe, día do cooperante, paréceme un bo momento para mencionar un libro que fai todo un esforzo de achegar ao público, a través de diversos autores especializados no seu campo, a evolución dos distintos actores da cooperación ao desenvolvemento en Galicia ata a situación en 2007, e os seus retos de futuro.
    Se ben o libro, editado por Xulio Ríos e Carlos Teijo, ten datos e comentarios que xa están desfasados (pola diferencia de 2 anos entre que se rematou e se puido publicar), ao falar de evolución e datos históricos, sempre é moi recomendable para quen está interesado neste tema (onde Galicia aínda está á cola de España). Ademais, a problemática e retos para a cooperación galega que identifican son plenamente vixente hoxe en día (se cabe aínda máis vixentes, co cambio de goberno, que pode atopar neste libro interesantes pinceladas para non perder o rumbo na estratexia da cooperación galega). Por outra banda, é benvido calquer estudio neste tema no ámbito galego, que fai boa falta…

    Os contidos (difíciles de atopar na web, e mesmo no propio libro, onde o índice ven ao final bastante escondido):

    Parte I. O contexto da acción galega en materia de cooperación

    O sistema internacional de cooperación ao desenvolvemento: o entorno global. Carlos Teijo (profesor de Dereito Internacional Público e Dereito da UE na USC, e membro do Consello Galego de Cooperación como experto independente).
    A cooperación ao desenvolvemento das comunidades autónomas. Susana Ruiz Seisdedos (profesora da Universidade de Xaén, e coordinadora do master de Xestión da Cooperación Internacional e das ONGs da universidade de Granada).
    Un achegamento á cooperación descentralizada en España: o entorno próximo. Juan Carmelo García (Presidente de IEPALA)

    Parte II. Das orixes á madurez: cara ao artellamento dun modelo moderno de cooperación.

    Panorama actual da cooperación galega: os números básicos da nosa AOD. Carlos Teijo.
    O marco normativo e institucional. Carlos Teijo.
    Os actores do proceso de cooperación.
    1. A Xunta de Galicia como actor da cooperación. Margarita Pérez e Xulio Ríos (a primeira é vicepresidenta de Solidariedade Internacional de Galicia, e deputada por Lugo do grupo socialista no congreso; o segundo é director do IGADI, docente nos masters de cooperación da USC e no postgrado da UDC, e membro do Consello Galego de Cooperación).
    2. Orixes e actualidade da cooperación ao desenvolvemento en Galicia: as ONGDs galegas. Rosa Muñiz e Xavier Sánchez (a primeira e a coordinadora da elaboración do Informe Cero das ONGDs en Galicia e fundadora da cooperativa CIDADANIA de investigación social; o segundo colabora en CIDADANIA e tamén na elaboración do Informe Cero).
    3. As administracións locais: o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Xulio Ríos.
    4. As universidades: a investigación para o desenvolvemento. Enrique Peña (profesor da UDC, coordinador ata este ano da Oficina de Cooperación e Voluntariado desta universidade, e coordinador académico do curso de especialización sobre cooperación internacional na mesma).
    5. Outros actores do sistema. Virxinia Romero (consultora en cooperación ao desenvolvemento con experiencia en distintos ámbitos da mesma).

    Parte III. As dinámicas de cooperación.

    O labor da educación para o desenvolvemento. Manuel Dios (presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz).
    O comercio xusto en Galicia. Xan Hermida (activista destacado e fundador de Amarante).
    A cooperación galega nos medios de comunicación. David Reinero (xornalista, colaborador do IGADI).

    Parte IV. A axuda humanitaria en Galicia.
    A axuda humanitaria en Galicia. Fidel Martín (Coordinador de Cooperación Internacional de Cruz Vermella en Galicia).

    Parte V. Desafíos de futuro para o sistema galego de cooperación.
    Desafíos de futuro para o sistema galego de cooperación. Carlos Teijo e Xulio Ríos.

    Anexos
    Declaración sobre o dereito ao desenvolvemento.
    Declaración do Milenio.
    Lei de cooperación galega.

    Un par de notiñas personais:

    – botei en falta unha referencia máis clara a necesidade de non vencellar a AOD (que debe ter un obxectivo de Desenvolvemento con igualdade de oportunidade para os pobos) con intereses xeoestratéxicos. A AOD non é unha ferramenta de presión política.

    – o voluntariado para o desenvolvemento requeriría dunha revisión máis pormenorizada como xeito de transformación da sociedade para acadar os obxectivos finais que mencionaba, fronte ao profesionalismo galopante que parece que se quere transmitir nos derradeiros anos en cooperación (e nalgunhas partes deste libro, tamén). É como a lei do péndulo, parece que se quere pasar de accións exclusivas de voluntariado á profesionalización sen protagonismo das persoas que forman a sociedade. ¿Cómo surxen mellor os axentes transformadores da sociedade, mediante expertos que transmiten a sociedade mensaxes xurdidos de experiencias no sur ou investigación para o desenvolvemento, ou sendo as persoas individuais que forman a sociedade vehículo eles mesmos da transformación social, mediante a acción exemplarizante, e participando en tódolos ámbitos da cooperación, incluidas as súas decisións estratéxicas? Eu móllome neste debate: na miña opinión, os profesionais na cooperación internacional deben ser apoio (ou dos axentes locais nos países cos que se coopera, ou do voluntariado e a sociedade no norte), non protagonistas, e penso que é necesario buscar perfiles de «facilitador» máis aló dos puramente técnicos.


  7. OS FOGOS ARTIFICIAIS NO APÓSTOLO

    julio 24, 2009 by sergio

    >








  8. >TOP 20 DAS BANDAS…

    julio 2, 2009 by sergio

    >Buf, decidir estas aínda me levou máis tempo que as cancións (que por certo xa cambiaron desde aquelas, jejeje).

    – Barón Rojo
    – Mecano
    – Gabinete Caligari
    – Mago de Oz
    – Johan Sebastian Bach

    – Iron Mayden
    – Helloween
    – La Frontera
    – Los Suaves
    – Luar na Lubre

    – Mike Oldfield
    – Celtas Cortos
    – Queen
    – Héroes del Silencio
    – Carlos Mejía Godoy

    – Milladoiro
    – Shakira
    – Alaska
    – Platero y Tu
    – Gamma Ray


  9. TRABALLO EN REDE

    junio 20, 2009 by sergio

    >O traballo en rede na cooperación ás veces creo que é como a liberdade na Illa das Flores, que todo o mundo fala dela, pero ninguén sabe o que é… (e moito menos como se fai).


    Foto extraída del Flirk de Oberazzi

  10. O HEAVY EN ROCK NA ASCENSIÓN

    mayo 27, 2009 by sergio

    >Foi un bo concerto o do 23, aínda que non son particularmente aficionado a estes maratóns de 8 horas… Eu prefiro paladear aos grupos, e máis se veñen os que posiblemente sexan os meus 3 preferidos da escena heavy española. De feito xa non me quedei a Def Con Dos, e non cheguei a tempo para The Codename, pero co que vin xa tiven bastante (a idade non me perdoa…).

    Aphonnic, que eu non coñecía, gustáronme. É como se xuntaras Ramstein e Héroes del Silencio… (ahí vai un vídeo de cada tipo). Ademais tiñan letras das cañeiras, para que logo digan que hoxe só se fai música vacía (ten que haber de todo, para iso xa temos eurovisión).

    Despois tocaron representantes das tres xeneracións de grupos españois de heavy metal: Baron Rojo (posiblemente o máis representativo dos grupos heavys españois, en activo desde os 80, en breve cumprirán 30 anos, e poderían seguir outros 30), Mago de Oz (cumprindo 20 anos, comenzaron a ser coñecidos nos 90 cun Rock and Roll moi fresco xa con certos toque folk e heavy, e logo derivaron cara ao metal, e sen dúbida o grupo máis comercial dos tres), e Warcry (xa cumpriron 10 anos, aínde que non foi até o 2002 cando nace realmente como banda consolidada).

    Baron Rojo tocou algunha canción máis vella que a maioría d0 público, con eles nin me lembrei de facer vídeos, nin case fotos. Armando de Castro é o Kai Hansen español, sen dúbida.

    Mago de Oz tiveron algún problema de sonido inicialmente, pero teñen tablas de sobra. Foron cancións dos seus dous primeiros discos (e faltoume Ancha es Castilla en versión heavy, pero é que literalmente os botaron fora do escenario, parece ser que ía todo moi retrasado, pero non puideron case nin despedirse…)

    De Warcry ahí poño o estribillo dunha canción bastante coñecida…, pero lémbrome máis do remate friki-Marcha Imperial dunha das cancións que tocaron (creo que foi de Hoy Gano Yo)