RSS Feed

Posts Tagged ‘Amenábar’

  1. TI NON PODES CUESTIONAR O QUE CREES. EU DEBO.

    octubre 21, 2009 by sergio

    >Ía ser unha película de astronomía, segundo palabras do propio Amenábar. Ao final foi unha mostra do que o fanatismo e a ignorancia poden lograr, tocando tamén a desigualdade de xénero (un guiño bastante comercial a un asunto de moita actualidade). Lalo tamén a comenta no seu blog, como moitísimas outras entradas que hai pola rede adiante.

    Quédome con dúas frases:
    «Ti non te cuestionas o que crees, non podes. Eu debo» (de Hipatia a un dos seus ex-alumnos, obispo cristiano).
    «Filosofía! Xusto o que necesitamos agora...» (irónicamente un notable de Alejandría ante os argumentos de Hipatia).

    Agora, como moitas outras obras xeniais, falan de cousas aparentemente lonxanas de xeito que «calquer diferencia coa realidade é pura coincidencia». E quen quera entender que entenda.