Xa somos 8.000 millóns de seres humanos na Terra. E en 2080 según as Nacións Unidas uns 11.400 millóns.
No caso de que os ecosistemas nos aguanten ate 2080 (que está por ver), van vir si ou si tempos complicados. Neses tempos as solucións tenden a polarizarse, e eu só vexo dúas opcións:
- Un decrecemento controlado e SOLIDARIO, onde algunhas teremos que renunciar a cousas (moitas delas totalmente superfluas, outras tal vez non tanto…)
- O ecofascismo, onde o decrecemento sexa imposto por unhas élites (que non precisarán decrecer tanto, polo menos ao principio), nun proceso máis ou menos explícito de exterminio social
Para quen cremos que as oportunidades non deberían vir marcadas polo lugar onde naciches ou a cor da pel, ou o sexo, xénero, etnia ou mobilidade, a primeira é a opción xusta e natural. Esa é a que nos sae de dentro en realidade. A outra vén marcada polo medo irracional que nos fai tomar decisións erradas de supervivencia. A primeira é unha utopía? Tal vez, pero entón tamén o é que non acabemos vivindo en The Handmaid’s Tale ou Snowpiercer. Para avanzar nesa primeira solución creo que axudaría moito nunca deixar de festexar de xeito inxenuo e honesto (como sae neste artigo tan chulo). Tamén na peli Chocolat que toca tamén os pequenos praceres e os festexos como algo que une ás persoas, unha semente de revolución.