Unha amiga compartiunos esta nova e pediunos opinión. Isto é o que me saiu:
——————————-
Eu o vexo como unha escusa para plantar aínda máis eucalipto en nome da economía a curto prazo (da que o eucalipto é un dos máximos expoñentes), para que vexamos canta diversificación podemos ter con esta especie «forestal» (papel, taboleiros e agora viscosa, por non falar do «reaproveitamento enerxético» ou mesmo o emprego estrutural e para mobles que están tratando de impulsar). Co eucalipto:
- A xente pode gañar algo de cartos sen esperar moitos anos e sen moitos traballiños? Si.
- Pode haber postos de traballo a curto prazo? Si, directos e indirectos.
- Sabemos o impacto de seguir impulsando plantacións monoespecíficas por Galicia adiante? Un pouco, e o pouco que sabemos é claramente negativo. Pero o mesmo que se enchesemos todo de millo, ou de algodón, ou do que vós queirades.
Falando xa especificamente do tema da ropa (bueno, en realidade aplica a todos os productos), é MOI urxente empezar a consumir MOITO menos. E meter dunha vez no precio dos productos as externalidades negativas (cargarse a biodiversidade, por exemplo, que ao final saenos caro, ou a regulación hidrolóxica de ecosistemas, ou moitísimas cousas que non se meten; é como se estiveramos papando a nosa casa pero cada vez estiveramos máis xente vivindo nela, unha tolería insustentable).
FIN DA CHAPA
————–