RSS Feed

A pereza das persoas pobres?

18 septiembre, 2019 by sergio

Neste artigo chámase a atención sobre o pouco axeitado parecer de quen pensa que as persoas que son pobres o son por ser perezosas, pola tan manida falta de emprendemento e de desexo de «facerse a si mesmas». En realidade ese enfoque protestante anglosaxón de «se son rico é porque Deus quixo premiarme xa en vida», é un bo xeito de xustificar o todo vale nos negocios.

Quen pensa iso, e se en realidade non é unha excusa para xustificar o seu fondo egoísmo antisocial e individualismo autodestructivo (para a especie e o planeta), igual cambiarían de opinión se tivera que traballar 15 horas ao día traballando en empregos precarios durísimos, coidando a familia e a casa, sen saber se van comer a semana seguinte (como moitas persoas, sobre todo mulleres, que coñecemos noutros países onde o estado de benestar, que está cada vez peor en España e peor estará se non reaccionamos, xa nin está nin se lle espera).

Se parece que hai evidencias de que a xente quere facer cousas creativas e productivas na súa vida, e pensamos que en realidade polo feito de nascer, non importa onde e cando, os recursos deben server para vivir unha vida o mellor posible, a Renda Básica Universal é un elemento a empezar a tomar en serio dunha vez. Este é un bo documental para adentrarse no tema.

Se, como parece, hai repetición de eleccións en España, veremos se hai partidos que a leven no programa.


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *