Estes días tocou falar de escándalos en ONG de cooperación e axuda humanitaria. Este artigo parece dos que tratan de calmar os ánimos para poder pensar con claridade e, neste contexto de ataques furibundos por todos os lados (amplificados e protexidos polas redes sociais), agradécese ese tono. Neste caso, estou moderadamente dacordo de que probablemente neste caso o colonialismo non ten tanto que ver. Aínda que si ten que ver o colonialismo na estructura da cooperación, que tamén xenera estas situacións de abuso e de verse cunha certa superioridade en plan «xa que estou aquí lonxe da casa axudando á xente, necesito o meu esparcemento». Sen embargo, probablemente estes señores de OXFAM que fixeron isto o farían igual se estiveran negociando as obras dunha autovía en España, e aí paso ao segunte razonamento. Creo que o machismo ten moitísimo que ver en todo o que ten que ver con prostitución (tanto na parte do lado da demanda como da certa «permisividade social» que se veu dando dende sempre neste tema). Pero, efectivamente, esa desigualdade económica é clave na parte da «oferta», de quen ten que ofrecerse como mercadoría sexual. Por iso, é doblemente perverso aproveitarse dunha situación desesperada como a de Haití, pero triplemente perverso que quen se aproveita sexa precisamente a xente que vai apoiar o proceso de mellora da calidade de vida e dignidade das persoas (e a quen se lle esixe, como non pode ser doutro xeito, unha integridade moral moito maior). Por outra banda penso que, postas a xeneralizar, as ONG renden contas das súas actividades e os impactos das mesmas moitíiiiiiiiiiiiiiiisimo máis que calquer outro axente social, e a selección de persoas paréceme non peor, nin moito menos, que a selección para outros postos sociais onde se presupón unha categoría moral grande, como pode ser persoas en política ou policías. Non nego que se poidan dar malas prácticas laborais no sector das ONGD, pero son sobre todo precariedade e moitas horas extra, precisamente sacadas da, tamén en xeral, gran motivación das persoas que están nestas organizacións, que mezclan o seu activismo coa necesidade de ter algúns ingresos (e ao final traballan moitas horas e cobran unhas poucas, e iso cando hai cartos, que cada vez son máis escasos grazas á Marca España que se está a cargar a cooperación e tamén a que quizáis non se está sabendo transmitir a importancia de que existan organizacións como as ONG, cunha visión de cidadanía mundial baseada en que os grandes problemas son de todas as persoas sen importar onde estén, e de que os dereitos humanos hai o deber moral de defendelos en todo o mundo, cando tan de moda están os himnos e as fronteiras).
De verdade pensades que non é machismo?
23 febrero, 2018 by sergio
Category Cooperación para el Desarrollo (más que un trabajo) | Tags: , cooperación, galego, noticias
No hay comentarios »
No comments yet.