RSS Feed

Votarei coma roda do muíño

17 diciembre, 2015 by sergio

Un pouco mareado si quedei de tanto palabro e ambigüidade nos programas electorais que fun lendo. Cada vez estou máis convencido de que, se son «programas», deberían levar especificados indicadores e orzamento para levalos a cabo e que se vexa ben o seu cumprimento (así facilitamos a «auditoría cidadá»).

En fin, que retomando e ampliando o que xa fixera en 2012 para as eleccións autonómicas de Galicia, aquí deixo un cadriño coas valoracións dos programas que xa mirei nos temas que eu máis priorizo (quería engadir tamén polo menos Ciudadanos e PP, xa veremos se teño tempo, senón tampouco creo que me perda moito, non?).

Chámame a atención como, a pesares de ser en moitas ocasións ambiguos, vese a tendencia dos tres partidos que tiven tempo de analizar: o PSOE cunha volta á socialdemocracia «light» á que veuse tendendo en Europa coa crise (pode ser que menos «light» que hai un par de anos, pero «ligh» ao fin e ao cabo), EN MAREA máis á esquerda pero cun puntiño anarko que me mola (que llelo da a alianza con PODEMOS de partidos esquerdistas tradicionais como ANOVA e IU, se ben o xeito de conformar EN MAREA puido ser moitísimo mellor) e NÓS máis de esquerda tradicional pero cun punto moi marcado de nacionalismo.

Velaquí o cadriño!

TEMA PSOE En Marea NÓS
Educación en Dereitos Humanos e Cidadanía Global 🙂 🙂 ?
Universidade para o coñecemento e acceso universal (non lóxica mercantilista) 😐 🙂 😐
TIC (open data, software libre, acceso universal, neutralidade da rede) 😐 🙂 🙂
I+D+I non mercantilizada e curtopracista 🙂 😐 🙂
Organización estatal (duplicación de funcións, reforma do senado—non eliminación) 😐 🙂 ?
Lei Mordaza (derogación da lei; transparencia radical e liberdade de expresión) 🙂 🙂 🙂
Renta básica universal (máis aló da renta mínima para casos especiais) 😐 😐 😐
Compra pública ética 😐 😐 ?
Funcionariado (reorganizar, avaliación e control, promover adaptación..) 🙂 ? ?
Participación (favorecer participación popular na política, repolitización da sociedade como “cidadanía”) 🙂 🙂 🙂
Xustiza (recursos, reordenación, independencia dos tres poderes) 😐 😐 ?
Política penitenciaria (preventiva e reinsertativa, non punitiva) 😐 ? 😐
Déficit público (medidas claras, política de endebedamento para reducila realmente, non como os últimos anos) 😐 ? ?
Empresa (promoción do tecido empresarial local, desenvolvemento endóxeno, apoio a PYMES e autónomos, simplificación de trámites, tecido empresarial “necesario” e menos prioridade na “moda de internacionalizar”, que quizais só se pode dar en temas moi,moi concretos 🙁 🙂 😐
Promoción de redución de xornada laboral (que fiscalmente sexa máis vantaxoso para as empresas ter dúas persoas a 20h cada unha que unha a 40) 🙁 😐 😐
Inspeccións. Tanto en traballo como en fiscalidade e seguridade laboral. Moita máis inspección sobre todo a quen máis pode defraudar 😐 ? 🙂
Modelo enerxético (descentralizado, soberanía enerxética, aposta por renovables, decrecemento con tramos que prioricen menor consumo) 😐 🙂 🙂
Bosques e proteccion ambiental (ordenación territorial, política forestal acorde ás rexións promovendo bosques multiutilidade;a clave da xestión sustentable do territorio non serán os espazos protexidos, serán os espazos “non protexidos” ) 😐 ? 😐
Auga (enfoque de dereito humano e xestión integral do ciclo, priorizando accións/infraestruturas pequenas con peches de ciclo de cercanía, moito máis baratos e sustentables) 😐 🙂 🙁
Resíduos (penalizar a obsolescencia con controis a produtos, favorecer reutilización e redución, aposta por modelos de non incineración) 😐 🙂 😐
Modelos de desenvolvemento rural (desenvolvento endóxeno non baseado en gran agroindustria e si en explotacións máis pequenas que poden ser e soen ser en realidade moito máis eficientes enerxéticamente e máis sustentables ambiental e socialmente) 😐 🙂 🙂
Economía social (promoción de empresas onde o ánimo de lucro non sexa a fin, senon que a estabilidade económica sexa só unha das patas e a tendencia sexa máis a de xenerar utilidades endóxenas para as persoas que reciben bens e servizos da empresa e tamén para as traballadoras) 😐 🙂 🙂
Conciliación familiar (recoñecemento de paternidade con máis tempo, tamén moito máis para maternidade a nivel países nórdicos, coa problemática de envellemento ben paga a pena, aínda que se vai ser para que logo a descendencia teña que emigrar aínda que non queira…) 😐 😐 ?
Educación infantil (en liña á finlandesa: modelos máis creativos e menos “de fábrica”; valores cívicos non consumistas, culturais e diversión e menos números e lectura a idades tempranas; recoñecemento, formación e valoración moito maior ao profesorado) 😐 🙂 😐
Vivienda (máis eficientes, materiais máis sustentables, outro modelo de cidade pensada “para a xente”…) 😐 🙂 😐
Cooperación para o desenvolvemento como política pública, cun sentido da xustiza global, de protección de dereitos humanos en todo o mundo e desprovista de todo utilitarismo “empresarial” 😐 🙂 😐
Inmigración (integración, políticas migratorias de apertura e de traballo na orixe, respecto escrupuloso dos dereitos humanos das persoas migrantes) 😐 😐 😐
Inmunidade parlamentaria e aforados (eliminar) 🙂 🙂 🙂
Auditoría da débeda española (moita dela son gastos “para amigotes”, mesmo con cheiro a corruptela, que debería ser ben destripada e definir criterios para decidir a non asumible pola sociedade) 🙁 🙂 🙂
Fiscalidade (moi progresiva; máis impostos ambientais a combustibles e outras prácticas contaminadoras; loita contra paraísos fiscais e quen se aproveita deles) 😐 🙂 🙂
Modelo de transporte (menos grandes infraestruturas que promoven as metrópoles; aposta por modelos de cidades e vilas medianas e máis ocupación do territorio de cara a desenvolvemento endóxeno; aposta decidida por transporte público e empresas públicas de transportes que cheguen a todo o territorio sen abandonar zonas rurais por non se rentables—>modelo alta velocidade vs. rexionais; desincentivación dos vehículos particulares especialmente a partir de certa cilindrada; menos transporte por estrada; loita contra as emisións e promoción de tecnoloxías menos contaminantes) ? 🙂 🙂
Dependencia (pago por persoas dependentes e apoio de servizos públicos; recoñecemento e visibilización “dos coidados”) 🙂 🙂 🙂
Recoñecemento dos feitos nacionais das rexións españolas no que ten que ver con autoxestión (no caso das históricas) e protección da cultura (en todos os casos), sen perder o sentido de país, UE e global. 🙂 🙂 😐

 


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *