RSS Feed

>Manifestacións o día da folga xeral en Santiago

29 septiembre, 2010 by sergio

>A manifestación era en xeral contra as políticas do goberno e prácticas abusivas dalgunhas empresas (a folga non vai comigo, aínda que apoio que a faga quen teña problemas cos seus patronos para presionalos, e como tamén como solidariedade con eles se fai a manifestación, que é a voz do pobo…).

En Santiago había dúas manifestacións convocadas. Unha de UGT e CCOO dende ás 12 dende a Alameda á Praza de Praterías, e outra de CIG e CNT dende as 12:30 saíndo da Praza Roxa á Praza de Praterías (onde non coincidiron apenas, xa se coidaron moito de que unha rematara antes).

Notouse certo castigo aos sindicatos UGT e CCOO (con moita menos xente do que sería esperable nas manifestacións que eles promovían).

Deixo algunha fotiño e vídeo da manifestación dende a Praza Roxa, onde a CIG repartiu panfletos que facían gran incidencia na importancia da «autodeterminación» para mellorar o benestar dos traballadores (excesiva, para min). Gustoume máis o panfleto do CNT, máis informativo de como afecta aos traballadores ás reformas do goberno. Tamén os poño para que os vexades.

 Do CNT
 A contra-cara do da CNT
 O da CIG
Onde comezaba a manifestación
En marcha ao son dos djembés!
Quedeime nunha das poucas zonas onde non se veían bandeiras (oxalá todas foran así…, sen bandeiras sen fronteiras)

En Praterías

No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *