RSS Feed

>LOVELOCK EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

7 octubre, 2009 by sergio

>Con motivo da entrega do II Premio Fonseca a James Lovelock, pai entre outras moitas cousas da hipótese de Gaia (que deu lugar tamén a moito movemento cultural polo gran contido filosófico e literario que ten, ahí van un par de exemplos musicais, un nacional que é Mago de Oz con dous discos temáticos e unha canción, e outro estranxeiro con Stratovarius, que xa soe tratar estes temas, pero que lle dedicou unha canción) tivemos a grande oportunidade de ver unha das súas disertacións (actualización: podeis verla aquí doblada al castellano)

Primeiro o Reitor de Universidade de Santiago e tamén o alcalde da cidade fixeron as inevitables intervencións de caracter político e de louvanza (merecida) ao xenial científico e inventor. Non faltaron frases rimbombantes como a do Reitor de «só a ciencia e o desenvolvemento tecnolóxico poden salvarnos» (coa que non estou dacordo para nada, iso son sólo ferramentas, pero as ferramentas deben ser usadas consciente e axeitadamente para que sirvan aos propósitos para as que foron creadas), ou as referencias políticas coma a do alcalde a certos líderes políticos que falaban con escepticismo do cambio climático hai non moitos meses. Tamén mencionaron ideas xerais pero importantes como o problema de sempre dos investimentos a curto prazo, sen ter en conta o medio e moito menos o longo, ou a moi mencionada comparación entre o ser humano e os virus…

Jorge Mira, director do programa ConCiencia (onde se engloba este premio), presentou a biografía do autor de xeito ameno (falando dos aportes de Lovelock no eido da crioxenización, mencionou que resulta que Walt Disney non está crioxenizado, xa se me caeu un mito!).

E despois un Lovelock plenamente lúcido (naceu en 1919) e tan políticamente incorrecto e confrontador coma sempre (botei sen embargo de menos espazo para as preguntas, cousas do protocolo destes premios…), falounos de como segundo el o proceso de quecemento global e cambio climático é xa irreversible, aínda que consigamos a reducción de emisións de CO2 e paliar o efecto invernadoiro. Para ilustrar isto, mostrou algunhas gráficas onde comparaba a previsión de aumento de nivel do mar dun grupo de investigadores aos que consideraban uns catastrofistas (o IPCC) coas reais (a realidade superou á ficción, como soe pasar sobre todo nas cousas negativas), ou a evolución da superficie de xeo no polo norte nos derradeiros 30 anos (en continuo e espectacular descenso), ou mesmo a evolución da temperatura media da terra nos derradeiros 15000 anos (cunha espectacular subida no último tramiño da curva, hai quen o asimila a ciclos naturais, pero non creo que se dera nada igual en toda a historia). Falou de novas previsións en 30-40 anos de aumentos de temperatura en Europa similares aos que en 2003 causaban mortes por golpes de calor en pleno verán, avance imparable da desertificación, aumento do nivel do mar e ademais descenso demográfico importante. Xa se está falando de refuxiados ambientais por este tipo de causas, que neste ano parece ser que xa superaron aos refuxiados de guerra.

Fiel a súa hipótese Gaia, e con varios guiños do que se podería considerar «humor negro científico», mencionou que agora que os políticos ven o problema moitos científicos xa non ven a solución, e que «somos nos os que estamos en perigo, non a Terra«.

Así que parece que xa entramos irremediablemente «na venganza de Gaia» e, segundo Lovelock, nin as enerxías renovables (que ve como un xeito de enriquecemento dos gobernos e non como solución) serven, senon que é a enerxía nuclear a que pode manter o desenvolvemento humano (do que xa o alcalde dixera que non estamos dispostos a renunciar a nivel global, o cal pode ser certo, pero peor para nos, xa decreceremos ou polas boas ou polas malas) e non hai alternativa para ela, e lle restou importancia a problemática dos resíduos (que segundo el se magnifica). Unha charla certamente pesimista, onde a única proposta clara de solución foi dedicar os fondos de loita contra o efecto invernadoiro (greenhouse effect) ou desenvolvemento de enerxías renovables, á adaptación dos territorios cara ao cambio climático irremediable.

Persoalmente, concordo con que vai ser imposible reverter a situación (e pode ser que ao non ser conscientes do que facíamos, non toda a culpa sexa nosa, aínda que xa hai tempo que están as voces de alarma), pero seguro que traballar para a reducción do efecto invernadoiro fará que se gañe tempo e o cambio sexa máis «predecible», co que os territorios terían máis tempo para adaptarse a un cambio que pode ser moito máis brusco e impredecible se seguimos coa depredación dos recursos naturais que fixemos até o de agora. Sobre as renovables non comparto en absoluto que non sexan una solución, é relativamente fácil demostrar que o poderían ser a nivel técnico cunha aposta decidida en I+D, e sobre todo planificando o territorio e o consumo de xeito máis racional e austero. Mentres tanto, si que penso que a nuclear é un mal menor se se compara cos efectos dos combustibles fósiles…

Menos mal que pase o que pase, en Galicia imos estar cun clima aínda mellor que agora… (bueno, como todo non pode ser bo, haberá unha «pouquiña» presión migratoria desde os desertos de máis ao sur).


2 Comments »

  1. Angeles dice:

    >Ey! E asta pode ser que a miña casa acabe en primeira liña de praia…Moitas gracias por esta entrada, realmente tiña curiosidade por saber como sería a charla.

  2. Sergio dice:

    >Por cierto, y sobre lo que comentó de que si no se controla la demografía la propia tierra la controlará, cierto, pero no son las zonas que más crecen las que más contribuyen al calentamiento global, como también aquí podeis ver http://www.rebelion.org/noticias/ecologia_social/2009/10/son-los-ricos-los-que-estan-quemando-el-planeta-92973

Responder a Sergio Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *