RSS Feed

>¿O TREN QUE SEPARA?

6 junio, 2008 by sergio

>
É un debate que estase a vivir en Galicia co avance das obras do AVE, vendido como un logro político que contribuirá ó desenvolvemento económico e bla,bla,bla. Pode ser… Pero outros o ven tamén como a oportunidade para desmantelar unha serie de pequenas estacións e apeadeiros (disque a metade dos existentes) a curto prazo, coa excusa de diminuir os tempos entre as grandes cidades e que estes non son rentables. Xa hai voces que falan da creación dunha rede paralela de trens rexionais (non é unha tolería, isto o hai en moitos países de europa, que dito sexa de paso, apostan moito máis que España polo transporte colectivo, agora que está tan de moda o do cambio climático que non entende de rentabilidade…).
Este ferrocarril é tamén o que moitas veces divide as cidades en dous e fai difícil unir ambas partes (Santiago, Ourense e moitas outras), ou a moi discutida discontinuidade nos ecosistemas que as infraestructuras de transportes causan (o tren é unha das más impactantes debido a pouca flexibilidade por non poder facerse grandes curvas ou pendentes moi pronunciadas, pero hai exemplos tamén con apertura de tramos de estradas retrasada máis de un ano por non facer unha simple pasarela para unir as dúas beiras, como en zonas do corredor Ourense-Lugo). Isto fai pensar na paradoxa de como as vías de comunicación poden ser vías de incomunicación.
Tamén chámame a atención como a influencia cultural deste medio de transporte en cidades de tradición ferroviaria déixase sentir en manifestacións como a música. O grupo ourensán de Los Suaves é un bo exemplo, con moitas e boas cancións sobre o tren que evocan moi distintos sentimentos, como Chou-chou llega el tren, Si Pudiera, Viene el Tren, ou San Francisco Express, onde pódese escoitar a que para min é a mellor aliteraciónmetáfora ferroviaria da música española…»Negro Perro de Hierro…». Pero tamén hai outras, lémbrome agora da banda Megadeth co seu Train of Consequences, e ese guitarreo do principio…


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.