RSS Feed

Dupla personalidade tecnolóxica

10 noviembre, 2019 by sergio

Hai tempo que veño pensando na bipolar relación que temos coa tecnoloxía. Por unha banda, cada vez se da máis dependencia dela, e delegamos moitos aspectos da nosa vida baseándonos nunha sorte de «confianza na máquina«, sen cuestionar que detrás tamén hai persoas con desexos e intereses que non teñen por que coincidir cos nosos. Por outra banda, simultáneamente, estamos nunha sociedade máis e máis individualista, onde prima buscar o que pensamos que nos convén máis (cunha visión a curto prazo, que é a máis fácil).

É unha contradicción que me chama moito a atención, e penso que estamos collendo o peor destes dous polos na relación coa tecnoloxía. Poderiamos enfocar o individualismo e a desconfianza en recuperar algo o control da tecnoloxía, un pouco máis de «soberanía tecnolóxica». Tamén poderiamos enfocar esa confianza cega, en vez de na tecnoloxía, en traballar máis co e polo resto das persoas, pensando en que o que é bo para o resto tamén é bo para nós.

Quizáis o concepto de tecnoloxía como intermediaria curtopracista nos tranquiliza, porque pensamos (aínda que sexa inconscientemente) que así nos libramos de lidiar coa complexidade das relacións humanas. Non creo que sexa bo camiño… Tí que opinas?


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *