RSS Feed

Personalismo e individualismo dende a pasividade

10 julio, 2019 by sergio

A TV como elemento pasivo que nos bombardea sen admitir retroalimentación. É o síndrome das estrelas, como persoas cun poder e rango maior (aínda que tamén expostas, como persoa pública que son). Penso que se transmiten valores pouco conciliables cos dunha cidadanía responsable e participativa, xa que máis que nada receben mensaxes, non se propoñen, e simplemente quedamos co consolo de “rajar de los famosos”. Xa ocorría antes, nos bares, perruquerías, etc. Agora tamén pasa nas redes sociais, onde se pode ademais trollear á famosa de turno.

Programas presuntamente intelectuais ou mesmo divertidos (cun humor intelixente, como podería ser La Resistencia ou Late Motiv), pero baseados no modelo de “persoas famosas que veñen falar das súas cousas”, e que inevitablemente activan marcos de “submisión”/”envidia española” (que son parte da mesma cousa). Quizáis o feito de que no programa en cuestión se amosen e compartan detalles máis mundanos da vida da famosa en cuestión faga que se “humanicen” máis, pero non creo que compense o feito de que ela está aí cunha tribuna para contar a súas pequenas cousas e eu estou aquí escoitando, rindo e aplaudindo. Non estou seguro de que sexan programas bos para a sáude da sociedade, non tanto porque as persoas non teñan cousas importantes e interesantes que contar, senon porque o debate ou a posibilidade de contrastar co público nin está nin se lle espera.

Tí que pensas?


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *