RSS Feed

El espejismo humanitario, 1

10 abril, 2011 by sergio

Un bo libro de Jordi Raich moi aconsellable tanto para os que estamos no mundillo como os que queren saber máis dun tema pouco e mal tratado polos grandes medios de comunicación.

Ten un estilo moi áxil e as súas historias enganchan, se ben as veces na miña opinión pásase de sensacionalismo e non é demasiado propositivo… Por outro lado, aínda que eu de acción humanitaria non teño nin idea, si hai cousas do libro que me deron que pensar, e moitas outras coas que me sentí identificado. O mellor, moitos dos temas que saca, que dan para o debate:

– Na páxina 80 menciona como as veces a “poboación beneficiaria” (non me consigo afacer a esa denominación) poden sentirse explotados cando son obligados a traballar mal pagados ou gratis “para unha etérea comunidade” xa que deben aportar algo no proxecto. Neste caso non estou nada de acordo coa crítica, polo menos nos proxectos de desenvolvemento. Se trata de facilitar ou apoiar, pero lograr aportes dos protagonistas do proxecto é clave para que o sintan seu e para a súa sostenibilidade. Pero as “reglas do xogo” deben estar claras e disiparse esa sensación “etérea” ou se caerá no problema de sempre, cousas do común cousas de ningún.

– A sensación que comenta na páxina 84 de “en dúas décadas de tratar con incontables personas de rexións deprimidas apenas teño logrado facer un puñado de verdadeiros amigos que se interesen por min, non polo meu diñeiro“. Nun primeiro momento se pode pensar iso, pero na vida profesional, dependendo do posto e estatus social, tamén en España ocorre iso. Cantos amigos de verdade se fan na vida? No caso dos cooperantes pasa o mesmo, e un dos camiños nas que a persoa cooperante crea máis fortes amizades é o compañerismo, respeto e traballo conxunto con xente dos socios locais. En Nicaragua deixei amigos, non moitos, pero serán para toda a vida (exactamente igual que en España).

– No segundo parágrafo da mesma páxina propón a dialéctica do “filántropo beneficiario” vs. o “receptor da misericordia” que ten moitos malentendidos e egoísmos por ambas partes que pode por deshumanizar esta cooperación, convertíndoa “nunha transacción comercial entre usuario e proveedor”, sendo un simple proveedor de servizos. Na acción humanitaria é posible que isto se de de xeito moi habitual (e pode ser que non haxa outro remedio se se quere cubrir as necesidades mínimas da poboación nunha catástrofe humanitaria). Pero se se está no outro extremo do continuum humanitario, ou mellor aínda, na parte máis centrada en “desenvolvemento” e non tanto en “emerxencia” do contiguum humanitario, é necesario deseñar estratexias de traballo para que non se produza esa sensación de sustitución das súas propias estruturas e institucións no subministro de servizos básicos. Aquí tamén se pon de manifesto a visión da cooperación para o desenvolvemento como “cooperación internacional para o desenvolvemento”, e desgraciadamente así entende o estatuto do cooperante e a lei de cooperación internacional (esta última mesmo non inclúe como cooperante ao voluntariado internacional para o desenvolvemento, o cal xa é totalmente sangrante), pero estes temas quedan para outro día.

– A sensación que transmite o libro de que cooperación para o desenvolvemento (máis aló de que falemos de acción humanitaria, emerxencias ou desenvolvemento) é só a que se fai noutros países chega ao seu cumio na páxina 86, onde se distinguen 3 grupos de persoas segundo a súa reacción á inevitable crise existencial sobre se o que fan paga a pena:

  1. Os que superan as dúbidas reexaminando as motivacións e propósitos
  2. Os que seguen no traballo pero maltratándose e “errando polo planisferio”
  3. Os que deixan o mundillo das ONG.

Fáltavos algún? A min polo menos un, e falo de experiencia propia. Son os que deciden que se pode facer cooperación dende o lugar onde un vive, porque hai moito que transformar aquí e cada un o que mellor pode transformar é a súa casa, non a de outros…

– Os valores de tolerancia e respecto aos dereitos humanos que, como menciona na páxina 88, non se poñen de manifesto moitas veces no noso entorno cos veciños negros do noso edificio ou os musulmanes que queren ter unha mezquita no noso barrio (mesmo polos “filántropos” que axudan en cambio a “famélicos perdidos nun remoto deserto africano”) deben por iso traballarse tamén nun “contiguum” polas propias organizacións que traballan en cooperación para o desenvolvemento (iso é a sensibilización e sobre todo a “Educación para o Desenvolvemento” que cada vez estase a converter, afortunadamente, nun dos piares máis sólidos das chamadas ONGD). Se traballamos polo desenvolvemento, a etiqueta de “internacional” que queden con ela os políticos (de feito non hai tanto que a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento era só “Axencia Española de Cooperación Internacional”, a etiqueta de “internacional” élles útil para dividir competencias para o Ministerio de Asuntos Exteriores ou para a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores da Xunta o do goberno autonómico que sexa, aínda que tamén promoven accións de Educación para o Desenvolvemento en España ou Galicia, a ver se conseguemos que polo menos a AECID chegue a chamarse “Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento” e empezamos a ser coherentes…, pero de momento non que aínda cambiaron os logos hai pouco, e en Galicia ademais nin sequera temos todavía Axencia Galega de Cooperación).

O libro da para moito máis, pero será outro día.

———————————————-

Outros enlaces relacionados

El espejismo humanitario, 2

El espejismo humanitario, 3


2 Comments »

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *