RSS Feed

>GALICIA SOLIDARIA. O SISTEMA GALEGO DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

8 septiembre, 2009 by sergio

>Hoxe, día do cooperante, paréceme un bo momento para mencionar un libro que fai todo un esforzo de achegar ao público, a través de diversos autores especializados no seu campo, a evolución dos distintos actores da cooperación ao desenvolvemento en Galicia ata a situación en 2007, e os seus retos de futuro.
Se ben o libro, editado por Xulio Ríos e Carlos Teijo, ten datos e comentarios que xa están desfasados (pola diferencia de 2 anos entre que se rematou e se puido publicar), ao falar de evolución e datos históricos, sempre é moi recomendable para quen está interesado neste tema (onde Galicia aínda está á cola de España). Ademais, a problemática e retos para a cooperación galega que identifican son plenamente vixente hoxe en día (se cabe aínda máis vixentes, co cambio de goberno, que pode atopar neste libro interesantes pinceladas para non perder o rumbo na estratexia da cooperación galega). Por outra banda, é benvido calquer estudio neste tema no ámbito galego, que fai boa falta…

Os contidos (difíciles de atopar na web, e mesmo no propio libro, onde o índice ven ao final bastante escondido):

Parte I. O contexto da acción galega en materia de cooperación

O sistema internacional de cooperación ao desenvolvemento: o entorno global. Carlos Teijo (profesor de Dereito Internacional Público e Dereito da UE na USC, e membro do Consello Galego de Cooperación como experto independente).
A cooperación ao desenvolvemento das comunidades autónomas. Susana Ruiz Seisdedos (profesora da Universidade de Xaén, e coordinadora do master de Xestión da Cooperación Internacional e das ONGs da universidade de Granada).
Un achegamento á cooperación descentralizada en España: o entorno próximo. Juan Carmelo García (Presidente de IEPALA)

Parte II. Das orixes á madurez: cara ao artellamento dun modelo moderno de cooperación.

Panorama actual da cooperación galega: os números básicos da nosa AOD. Carlos Teijo.
O marco normativo e institucional. Carlos Teijo.
Os actores do proceso de cooperación.
1. A Xunta de Galicia como actor da cooperación. Margarita Pérez e Xulio Ríos (a primeira é vicepresidenta de Solidariedade Internacional de Galicia, e deputada por Lugo do grupo socialista no congreso; o segundo é director do IGADI, docente nos masters de cooperación da USC e no postgrado da UDC, e membro do Consello Galego de Cooperación).
2. Orixes e actualidade da cooperación ao desenvolvemento en Galicia: as ONGDs galegas. Rosa Muñiz e Xavier Sánchez (a primeira e a coordinadora da elaboración do Informe Cero das ONGDs en Galicia e fundadora da cooperativa CIDADANIA de investigación social; o segundo colabora en CIDADANIA e tamén na elaboración do Informe Cero).
3. As administracións locais: o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Xulio Ríos.
4. As universidades: a investigación para o desenvolvemento. Enrique Peña (profesor da UDC, coordinador ata este ano da Oficina de Cooperación e Voluntariado desta universidade, e coordinador académico do curso de especialización sobre cooperación internacional na mesma).
5. Outros actores do sistema. Virxinia Romero (consultora en cooperación ao desenvolvemento con experiencia en distintos ámbitos da mesma).

Parte III. As dinámicas de cooperación.

O labor da educación para o desenvolvemento. Manuel Dios (presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz).
O comercio xusto en Galicia. Xan Hermida (activista destacado e fundador de Amarante).
A cooperación galega nos medios de comunicación. David Reinero (xornalista, colaborador do IGADI).

Parte IV. A axuda humanitaria en Galicia.
A axuda humanitaria en Galicia. Fidel Martín (Coordinador de Cooperación Internacional de Cruz Vermella en Galicia).

Parte V. Desafíos de futuro para o sistema galego de cooperación.
Desafíos de futuro para o sistema galego de cooperación. Carlos Teijo e Xulio Ríos.

Anexos
Declaración sobre o dereito ao desenvolvemento.
Declaración do Milenio.
Lei de cooperación galega.

Un par de notiñas personais:

– botei en falta unha referencia máis clara a necesidade de non vencellar a AOD (que debe ter un obxectivo de Desenvolvemento con igualdade de oportunidade para os pobos) con intereses xeoestratéxicos. A AOD non é unha ferramenta de presión política.

– o voluntariado para o desenvolvemento requeriría dunha revisión máis pormenorizada como xeito de transformación da sociedade para acadar os obxectivos finais que mencionaba, fronte ao profesionalismo galopante que parece que se quere transmitir nos derradeiros anos en cooperación (e nalgunhas partes deste libro, tamén). É como a lei do péndulo, parece que se quere pasar de accións exclusivas de voluntariado á profesionalización sen protagonismo das persoas que forman a sociedade. ¿Cómo surxen mellor os axentes transformadores da sociedade, mediante expertos que transmiten a sociedade mensaxes xurdidos de experiencias no sur ou investigación para o desenvolvemento, ou sendo as persoas individuais que forman a sociedade vehículo eles mesmos da transformación social, mediante a acción exemplarizante, e participando en tódolos ámbitos da cooperación, incluidas as súas decisións estratéxicas? Eu móllome neste debate: na miña opinión, os profesionais na cooperación internacional deben ser apoio (ou dos axentes locais nos países cos que se coopera, ou do voluntariado e a sociedade no norte), non protagonistas, e penso que é necesario buscar perfiles de «facilitador» máis aló dos puramente técnicos.


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *