RSS Feed

Posts Tagged ‘tecnoloxía’

  1. Apertas pre-apocalípticas

    junio 15, 2021 by sergio

    Estase a falar moito nos últimos tempos da dixitalización en todos os ámbitos da vida. E cos fondos Next Generation moitos sectores ven unha posibilidade de acadar cartos para lanzarse a o que sexa que significa iso de «dixitalización». O sector das ONGD tamén se plantexa surfear esta onda.

    En realidade, creo que habería que facer unha reflexión fonda sobre o que significa «poñerse en mans destas tecnoloxías» tan alegremente. Pero neste sector da cooperación para o desenvolvemento e a cidadanía global, non vexo espazos para esa reflexión máis fonda. Creo que tanto as organizacións que precisan ferramentas máis complexas de xestión (ou máis enfocadas á investigación), como outras organizacións máis pequenas ou apegadas ao activismo, deberían facer esa reflexión e, sobre todo, pensar que se queremos outro mundo, un que sexa xusto, baseado nos coidados e que non deixe a ninguén atrás, non se pode empregar a tecnoloxía acriticamente pensando que é só unha ferramenta, sen ver que e quen está detrás. Usar ferramentas de software libre pode ser tan político como empregar produtos de comercio xusto ou de proximidade. Pero claro, temos que aprender novas ferramentas, ás veces nos frustramos porque non van como as outras que manexabamos, e ademais temos que participar en redes onde melloren esas ferramentas dende a comunidade (o cal nos quita tempo). Igualiño que cando queremos promover a soberanía alimentaria. Pero é que é parte do mesmo problema. Ao final é máis sinxelo comprar no súper (tamén no caso do software), pero polo menos temos que saber que hai alternativas e ir tratando de mellorar conscientemente a nosa coherencia como organizacións. O noso traballo non pode ser salvar aos negriños (ou, xa falando de prácticas máis modernas na cooperación, facer denuncias das malas prácticas das empresas españolas noutros países ou pontes entre activistas do norte e o sur global) empregando excel.

    Cando apenas estamos vendo como volver ao analóxico e ao presencial (o que vén sendo «volver á rúa»), despois desta pandemia, pero sen esquecer o bo que aprendemos nestes tempos estraños de traballar en liña, entrar na espiral da dixitalización réstanos forzas. Porque non temos forzas para estar a full en todo. Se nos enfocamos no dixital nos quedan menos para dedicar a volver a tocarnos. Por outro lado, o algorítmico, pola súa aparente inhumanidade, ten una connotación que, persoalmente, me xera marcos mentais moi desmobilizadores e que afasta as persoas, os coidados e a vida do centro. Ademais é unha tendencia que nos atrae con forza, porque o contexto global está potenciándoa. E as organizacións do sector da cooperación e a transformación social non van a ser a excepción, e menos sen esa reflexión proactiva sobre o tema. Caeremos no remuíño sen sequera poñernos a remar cara a beira.

    A avalancha tecnolóxica non vai facer máis que crecer (bitcoins, intelixencia artificial cuns sesgos raciais/de xénero brutais, tecnoloxías de control social, patentes que lle dan cada vez máis poder ás grandes empresas iniciadas moitas veces con fondos públicos etc., etc. etc.). No sector social non falamos moito disto, e menos pensamos en impulsar mellores prácticas tecnolóxicas. Como dixemos, a vida non nos da para todo, pero se non temos máis en conta o cambio tecnolóxico e o integramos nas nosas prácticas, lle imos entregar o mundo aos de sempre cun laciño de regalo.


  2. Lucha de titanes

    diciembre 28, 2020 by sergio

    Las antiguas antenas pierden la partida contra las modernas, incluso en Compostela.


  3. Infraestruturas máis humanas

    agosto 2, 2020 by sergio

    Velaquí unha historia da terra de meus antergos. Para que uns gañaran outros perderon moito… Hai que compensar ben á xente damnificada, arrincalos da súa terra é algo que trascende ao monetario. Fan falta infraestruturas máis humanas, que poñan a vida no centro, e que sexan inclusivas. Quen deseña os plan de infraestruturas non acaban de entender isto, nin antes nin na actualidade. Eran outros tempos, outros xeitos de executar, pero agora esas prácticas se seguen a dar moito noutros países e, ás veces, tamén aquí…


  4. Dupla personalidade tecnolóxica

    noviembre 10, 2019 by sergio

    Hai tempo que veño pensando na bipolar relación que temos coa tecnoloxía. Por unha banda, cada vez se da máis dependencia dela, e delegamos moitos aspectos da nosa vida baseándonos nunha sorte de «confianza na máquina«, sen cuestionar que detrás tamén hai persoas con desexos e intereses que non teñen por que coincidir cos nosos. Por outra banda, simultáneamente, estamos nunha sociedade máis e máis individualista, onde prima buscar o que pensamos que nos convén máis (cunha visión a curto prazo, que é a máis fácil).

    É unha contradicción que me chama moito a atención, e penso que estamos collendo o peor destes dous polos na relación coa tecnoloxía. Poderiamos enfocar o individualismo e a desconfianza en recuperar algo o control da tecnoloxía, un pouco máis de «soberanía tecnolóxica». Tamén poderiamos enfocar esa confianza cega, en vez de na tecnoloxía, en traballar máis co e polo resto das persoas, pensando en que o que é bo para o resto tamén é bo para nós.

    Quizáis o concepto de tecnoloxía como intermediaria curtopracista nos tranquiliza, porque pensamos (aínda que sexa inconscientemente) que así nos libramos de lidiar coa complexidade das relacións humanas. Non creo que sexa bo camiño… Tí que opinas?


  5. LUBUNTU PARA ORDENADORES VELLIÑOS

    octubre 24, 2018 by sergio

    Un Sony Vaio VGN-N21Z/W ao que habería que poñerlle un monumento (comprado en 2006, que sigue tirando con UBUNTU 14.04 e Windows XP), empezaba xa a acusar os achaques da idade. Por traballo, facía falta que tirara o skype, así que probamos a instalarlle Lubuntu 18.04 (para 32 bits, claro). O malo é que skype para Linux xa non da soporte á versión de 32 bits, haberá que probar a versión web. Polo demais, vai moi ben! E de paso temén llelo instalamos a un Acer Aspire ONE D250-0Br

    Primeiro fixemos unha memoria USB de arranque que, a pesar de configurar a BIOS para que arrancara dende ela (había que cambiar o axuste de permitir arranque dende elementos externos, e logo poñerlle a orde de arranque), non fomos quen de que funcionara. Empregamos a opción 2 desta entrada instalando o programa UNetBootin e empregándoo para pasar a ISO de Lubuntu ao pendrive. Tamén probamos a crear pendrive de instalación con Etcher, como indicaba aquí. Con Etcher funcionou mellor, pero finalmente fixemos un DVD de arranque e instalación coa ISO descargada. Con este método, todo foi ben.


  6. Poemario tech

    junio 14, 2017 by sergio

    Tecnooptimismo

    Minúsculos camiños que cifras conducen

    nada poden,

    é a cega fe

    a que prisioneiros do mundo

    nos mantén.

    Marionetas,

    convertidas en deuses,

    en zombies cansados

    e alienados

    fuxindo das persoas no medio da xente,

    do chiar sen paxaros

    para crear inxenuas revolucións.

    Mentres en vales lonxanos

    frótanse as mans

    tras estreitalas co Gran Hermano

    e tras vender as nosas vidas.

    Non é malo prestarse, só perigoso

    se non sabes como devolverte.

    A pílula vermella é amarga,

    se a tomas

    ningún lavado de estómago te salva.

    Se é gratis, tí élo produto.

    Se non o podes abrir, non e teu.

    Se non queres vivir, prefires que te vivan.

    Non hai que preocuparse,

    Bob Esponja ou Cristiano,

    eles salvarannos.

    Pero en realidade

    só magnifican a nosa ruindade

    como un espello deformante.

    Que pena!

    A liña é fina

    para pasar do malo ao peor

    e do malo ao mellor.

    Binario

    01010110 11000011 10101001 01101110 00100000 11000011 10100001 00100000 01101100 01110101 01111010 00100001

    01010011 01100001 01100101 00100000 01100100 01100001 01110011 00100000 01110100 01100101 01100010 01110010 01100001 01110011

    01100100 01101111 00100000 01110011 01101001 01101100 01101001 01100011 01101001 01101111

    Vén á luz!

    Sae das tebras

    do silicio

    Agua que no has de beber

    Agua que no has de beber

    te hará llorar

    En casa de la aguadora…

    todo son palos,

    horas y lloros.

    El agua buena es el agua huerta,

    también la del río,

    el pozo

    o la alberca.

    Como está sucia,

    en tubos la acercan.

    Quien bien te quiere

    te hará llover

    Carta a Santa Claus

    Cómprala rosa

    que es para niña

    ¡Venga peluches

    para que achuche!

    Los cochecitos,

    las muñequitas,

    las barriguitas,

    los monstruitos.

    Lego hombre araña,

    lego starwars,

    lego talego,

    lego papás.

    Una consola

    y un nuevo móvil,

    también la bici

    y más playmóbils.

    Los videojuegos

    que una vez jugaré

    y muchos libros,

    que no leeré.

    Otro portátil,

    auriculares,

    libro electrónico,

    tablet y cables.

    El Black&Decker

    para usar dos veces,

    el Smith&Wesson

    las que se tercie.

    Ya somos cuatro,

    ya no cabemos.

    ¡Un nuevo coche,

    todoterreno!

    Tengo cuarenta

    quiero la moto

    y a los cincuenta,

    yate y piloto.

    Y ya al final,

    me he dado cuenta,

    ¡Familia, amigos

    y estar de fiesta!

    Heridas en la tierra

     

    Sangre

    dorada.

    Hambre

    tapada.

    Fuego,

    que hiere.

    Tierra,

    que muere.

    Máquinas sin piedad,

    de carne y huesos,

    manejan a otras,

    de hierro y acero.

    Sangre

    negra.

    Guerra

    cierta.

    Herida,

    puñal,

    hilillos,

    metal.

    Quemar para gastar,

    gastar para gustar,

    gustar para vivir,

    vivir para matar.

    Sangre

    verde.

    Miedo y

    muerte.

    Huesos,

    sudor,

    barro,

    dolor.

    De la tierra brotan zombies malsanos,

    que pertenecen a grises mercados.

    Pétreos números sin alma ni encanto,

    que en lugar de risas solo portan llantos.

    Sangre

    azul.

    ¿Qué eres

    tú?

    Lucha,

    placer,

    vida,

    poder.

    Tú atacas, yo ataco.

    Yo sufro, tú sufres.

    Tú callas, yo callo.

    Yo muero, tú…

     


  7. Espazo ocupado en disco duro recén formateado

    agosto 14, 2016 by sergio

    Un disco externo de 1 TB.

    Un formateo recén feito da súa única partición en EXT4 (que windows non poderá ler, ooooooooh, que pena…) co programa gparted.

    Un «imposto revolucionario» de memoria de 30 GB para «non teño nin idea de que».

    Pero aquí contaban ben como solucionalo e quedar con prácticamente toda a memoria dispoñible.