Nestes días nos que arden as RRSS aínda máis se cabe que no «tempo ordinario» (que din os curas), chegoume esta mensaxe
Mañana a las 7 de la tarde, todos los españoles saldremos a nuestros balcones para aplaudir a un ciudadano ejemplar Amancio Ortega, el único ciudadano Español que siempre apoya a nuestra Sanidad Española!!!!…
Yo saldré y tu. Gracias Amancio.Por Favor Pásalo..
Es fundamental que siga apoyando.Gracias!!.
Non tiña claro se a mensaxe vai en serio ou en broma, ate xa me empeza a custar nestes tempos extranos pillar as ironías polo que, por se acaso alguén se cree iso da «bondade» de Amancio, aquí deixo un par de enlaces (MODO SESUDO-MORALIZANTE ON):
- un sobre como empezou a facerse rico, que é explotando a outra xente, o xeito que teñen de facerse ricos os do grupo que «se fixeron a si mesmos desfacendo aos demais» (o outro gran grupo de ricos son os que herdan, e o terceiro, moitíiiiiiiiiisimo menor, os que tiveron un golpe de sorte coa lotería ou descubrindo algo realmente rompedor e se forraron sen explotar a ninguén)
- outro é unha reflexión sobre a dubidosa moralidade da elusión de impostos (que non evasión, polo menos de momento non está demostrada)
- de regalo, un dos moitos que hai sobre aproveitarse das condicións sociais e legais de países empobrecidos para forrarse
Con isto, espero que me entendades se non o considero para nada un exemplo de como construir o mundo que me gustaría 😜