RSS Feed

>¿A GALICIA SONADA?

30 mayo, 2008 by sergio

>

Á esquerda pódese ver unha páxina dunha revista cun anuncio sobre turismo en Galicia do ano, se non me equivoco, 2005. Xa daquela chamoume a atención como parece que vaise asumindo (ou queren facerlle a un asumir) o feito de que o verde debido ós eucaliptos ó redor desa casiña que é o lugar de ensono no medio da natureza é o normal en Galicia (isto desgraciadamente é certo), e ademais é o desexable…Sensacións vivas, dí. Non sei moi ben se isto é unha aceptación tácita dunha realidade inevitable, ou un tentar vendernos Galicia como o paraiso do «verde eucalipto». O raro é que non atopei aínda un anuncio destes cos muíños de vento no Xistral como prototipo dun novo ecosistema que ó final até semellaranos enxebre…
¿Será a Galicia sonada por ser a dos nosos sonos, ou a Galicia «sonada» porque vai dando tumbos sen chegar a atopar o seu equilibrio?

4 Comments »

  1. Peregrino dice:

    >Na mesma liña de sinsentidos dentro de Galicia, de asumir o «inevitable», déixovos esta entrada, tan acertada como triste:http://apunta.blogsome.com/2008/05/17/dispara-os-lugares-mais-galegos-do-mundo-a-peneda/

  2. Guille dice:

    >De primero, mi más sincera enhorabuena para el bloggero (y saludos a la dona da Cova, defensora de moscas…)Y de segundo, vamos a ver, no pretendo hacer apología del eucaliptal, para nada, no es un árbol que me emocione. Pero, por otro lado, y desde el otro lado del Charco (Chile), me estoy dando cuenta de que vivimos en una sociedad «sedienta» de madera para muy distintos usos (construcción, energía, mueblería, papel…) Hay que ser realistas, y al ritmo de transformación de los territorios, y a las tasas de crecimiento de ciertas especies, no hay para «dar de beber» a tantos… Y también entiendo a veces el «amor» por el eucaliptal de algunos pequeños propietarios a los que el medio ambiente no les da de comer, y si la «saca» llena y cuanto antes…Y cierto, también es engañoso vender una casa de eucaliptos como un sueño… Pero tengamos en cuenta que el público al que va dirigido ese anuncio «sólo» ve verde alrededor de la casa. No ve eliminación del sotosbosque como refugio para fauna, no ve pérdida de biodiversidad, no ve planta de pasta de celulosa y sus múltiples formas de contaminación, etc…Y bueno, ahora que está tan de moda la demanda energética en alza de las economías emergentes, quizás no iría mal que ciertos países copiaran la iniciativa de Nueva Zelanda, donde a partir de julio de este año la madera deberá ser el material de construcción para edificios públicos de hasta cuatro plantas. Esto significa menos emisión de gases en la fabricación de los elementos de construcción. Y en el caso de la climatización de esos edificos, sólo requieren menos del 10% de la energía que las construcciones al uso en España (acero y hormigón) (datos Ministerio de Agricultura de Nueva Zelanda, no me lo he inventado…)Ahora toca preguntarse… ¿Y si a todos los países les diera por tomar medidas similares? ¿Habría para todos? ¿Entonces cómo distribuir la madera para todos?…Yo no lo sé… ¿Alguién lo sabe?Saludos a tod@s

  3. miguelinux dice:

    >Je,je, xa fai que non botamos unha parrafada Sergio, hoxe píllasme con gañas.. Sobre a foto que queres que che diga, paréceme máis simple de explicar, é publicidade, deben poñer algo que quede ben, que sexa «plástico», esa foto á mesma distancia cunha masa de carballos, só verías un verde continuo, sen os «pauiños» brancos, que chamaría menos a atención a un foresteiro, pensa que o obxetivo non son os que coñecen Galicia. En cambio a rapaza puxeronlle unhas follas secas de frondosa, non de eucalipto, por que ahí non quedarían ben. Simplemente o fotografo dentro dunha temática colleu a imaxe máis impactante, a el dalle igual a especie e o ecosistema. Respecto da temática «de fondo», en Galicia temos os peores carballos e os de menos porte de toda a área de distribución da especie, ¿por que é así a vexetación climax?¿por que o ecosistema os fixo así? Non, por que os nosos antergos se adicaron a chapodalos e repolalos durante séculos facendo una selección regresiva. ¿Fixeron mal? ¿Debían haber criado uns carballos como os franceses ou os americanos? Non, tampoco. Por que entón estarían producindo madeira para grandes castelos e navios e non para quentarse no lume e cociñar. Eu prefiro que se quentaran. ¿Os paisanos que plantan eucaliptos deberían plantar carballos? Para min non. Por que estarían plantando para os que viven na cidade e gañan moitos cartos «disfrutasen» da paisaxe e eles non gañarían eses cartiños (tampouco moitos, pero o carballo non lles da nada, nada). Teño un primo Madrileño, tirando a «pijito» que dende neno veraneaba na Lanzada, un ano foi e non lle gustou que construisen algo por alí e dicen que dixo «Ya me jodieron la Lanzada»…Eu será que lle tiña certa envexa (cousas de nenos :)), pero de repente púxenme de lado do constructor. Pareceume que tiña máis dereito facer o que quixera ca Lanzada que era praia do seu pobo que meu primo que ia alí una vez o ano dende a súa gran cidade de Madrid, onde moitos máis km de outros ecosistemas e vistas tiñan «jodido». Todo iso por dar outro punto de vista e como di un coñecido.. «fomentar o debate» :). PD: Sergio xa o sabe pero para os outros lectores, no personal son bastante antieucalipteiro.

  4. Sergio dice:

    >O feito de que a madeira é necesaria, e cada vez máis, é unha boa noticia sempre que se manexe ben (e por suposto, se aumenta o seu consumo fronte ó consumo de plástico ou formigón é unha boísima noticia). Tamén é indiscutible o dereito que ten a xente que vive no rural, e ten que lidiar cos non sempre «idílicos» traballos e condicións de vida nesas zonas, de facer a xestión de xeito que lles produzan beneficios tanxibles, polo menos a curto prazo (xa que a sociedade non está sendo capaz de tanxibilizar eses outros beneficios que logo tanto esixe, como as paisaxes de fragas e prados ancareños, que non son gratis de manter).E posiblemente (digo posiblemente porque estou afeito a pensar mal) o publicista non tivo en conta que ese ecosistema verde que rodea a casa é un eucaliptal. Simplemente chama a atención o que iso conleva de «interiorización de paisaxes idílicos», e como seguro que en breve veremos os muíños de vento «facendo bonito» nalgunhas fotos de publicistas inocentes (se é que existen publicistas inocentes, jejeje).O dito, non é verde todo o de cor verde…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *