RSS Feed

Reflexións tras a xornada de Claros e Escuros da Cooperación

2 junio, 2013 by sergio

Aquí queda unha pequena valoración persoal sobre as Xornada Claros e Escuros da Cooperación que organizaron Arela e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia coa colaboración de Panxea (xa este traballo en rede entre entidades de ámbitos tan diversos para a organización da mesma fixo que pagara a pena…)

Eu tiña a expectativa de que a xornada fora un foro  para compartir visións de persoas de dentro e fora do sector sobre a cooperación (que non soe ser habitual), con críticas (construtivas e destrutivas), leccións aprendidas, retos de futuro (se é que o ten) e un xeito de acercar a máis persoas un mundo, o da cooperación, que non é tan coñecido como debería (e o que non se coñece non se valora…). Botei de menos algo máis de participación das persoas con menos coñecemento do sector e, nalgún caso da mesa redonda, un pouco de autocrítica.

Creo que a elección de relatores foi moi axeitada. Quizais na mesa redonda se solapara un pouco algunha tipoloxía de ONG e faltaran outras (algunha relixiosa ou algunha de apadrinamento, para que xurdira un pouco tamén o debate sobre as diferentes extratexias na cooperación ao desenvolvemento).

A xornada, personalmente aportoume novos elementos para xustificar unha maior politización das ONGD e un maior achegamento ao que debe ser a militancia dende a base social (non tanto debaixo dunhas siglas, pero si tomando as ONGD como lugares de construción colectiva do cambio social, moi compatibles e complementarias coa propia acción persoal).

Estaría ben facer encontros deste estilo cada ano ou polo menos periódicamente, tratando de implicar aínda a máis colectivos de fora da cooperación ao desenvolvemento «tradicional» (como grupos de consumo, asociacións veciñais, etc.), para coñecer a opinión deles neste tema e acercar a cooperación á sociedade, que boa falta fai…

norte_sur

 


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *