Un Sony Vaio VGN-N21Z/W ao que habería que poñerlle un monumento (comprado en 2006, que sigue tirando con UBUNTU 14.04 e Windows XP), empezaba xa a acusar os achaques da idade. Por traballo, facía falta que tirara o skype, así que probamos a instalarlle Lubuntu 18.04 (para 32 bits, claro). O malo é que skype para Linux xa non da soporte á versión de 32 bits, haberá que probar a versión web. Polo demais, vai moi ben! E de paso temén llelo instalamos a un Acer Aspire ONE D250-0Br
Primeiro fixemos unha memoria USB de arranque que, a pesar de configurar a BIOS para que arrancara dende ela (había que cambiar o axuste de permitir arranque dende elementos externos, e logo poñerlle a orde de arranque), non fomos quen de que funcionara. Empregamos a opción 2 desta entrada instalando o programa UNetBootin e empregándoo para pasar a ISO de Lubuntu ao pendrive. Tamén probamos a crear pendrive de instalación con Etcher, como indicaba aquí. Con Etcher funcionou mellor, pero finalmente fixemos un DVD de arranque e instalación coa ISO descargada. Con este método, todo foi ben.