Nova visita a un órgano representativo da provincia de Ourense cos amigos de Un rato no tubo, na súa web se poden ver máis datos da visita, onde vencellaron a música, a estrelas e as matemáticas como xa fixera Kepler hai moitos anos. Tivemos concerto «planetario», relación de música e matemática e explicación astronómica da música das esferas (se poden escoitar, ver ou escoitar e ver) con prácticas incluidas gracias a membros dunha asociación de astrónomos de Ourense. Xa estamos esperando a próxima nova experiencia, non vos perdades a súa web para ver cando será…
Eu quedeime coa magnífica igrexa de Xunqueira de Ambía e o seu entorno, outro lugar recóndito da provincia de Ourense, non lonxe de Allariz.
- O claustro
- Xunqueira de Ambía Igrexa e Cruceiro de noite
- Rosetón
- O Órgano de Xunqueira de Ambía
- Para subir ao órgano…
- As tripas do órgano, tubos metálicos e de barro…
- A música das esferas…
- Outra do órgano
- O cruceiro e a torre da igrexa coas nubes
- Aquí tamén saen as nubes, sobre a porta da igrexa
- A fachada principal de igrexa